lunes, 1 de noviembre de 2010

O MELLOR EQUIPE DO MUNDO.....CELEBRANDO OS GOLES

Así celebran os goles os xogadores do UMF Stjarnan, en Islandia



jueves, 21 de octubre de 2010

O JATO NA PICOTA

EXPEDIENTE PILARICA

Ojo al dato!...digo..al Jato. Co Carioca fora do equipe parecia que Allolotti tiña controlado o rebaño, pero nada mais lonxe da realidade. A estas horas intespentivas atopamos no
Facebook dun "infiltrado" esta instantánea sobre a parrandada do
cancerbeiro o pasado festivo nacional, que lonxe de apretar ante a nova competencia na porteria de Can Urixeira parece que se esta botando a perder. Como di o letreiro do palco: O Jato è un CICLÓN!!

sábado, 9 de octubre de 2010

A TODOS OS VETERANOS DA LIGA UN MENSAJE:

"SI ELA PODE....VOS TAMÉN!!"....Solo é cuestión de esforzarse

miércoles, 15 de septiembre de 2010

BOMBA INFORMATIVA A 24 HORAS DO INICIO DO 2º PROXECTO DE ALLOLOTTI

O CARIOCA E O BECKAM DO BUZACO FÓRA DO EQUIPE!!


Saltou a noticia nas Redondas. O 7 e o 10, dous míticos do Cabaninter abandonan o equipo. A negociación do futuro de ambos xogadores levóuse en estricto secreto....hasta que o Carioca armou outra das súas conocidas festas. A directiva anunciou hoxe mesmo os finiquitos dos seus particulares Guti e Raúl, que non disputarán nin un solo minuto máis coa camisola neroazzurri do Cabaninter.
O CARIOCA, "a maior equivocaÇao na historia da importaÇao de futebolistas do brasil" xa é historia. A traxectoria do Carioca no equipe dirixido por Carlo Allolotti ten mais sombras que luces. O presunto goleador en realidade era unha bomba nun vestuario propenso os festejos e parrandas. Alloloti fixo unha breve declaración: "É un contratempo grave, pero había que tomar medidas. Fai falta aire fresco no vestuario"

A INTRAHISTORIA. FESTÓN O 4S NUN LOCAL DE MODA CABANÉS
As ultimas dúas semanas foron moi tensas en Can Urixeira desde que o clube tuvo coñecemento do festón que armaron os xogadores nun local de moda cabanés na víspera do triangular amistoso do 5 de setembro.
O verdadeiro detonante da salida dos dous futebolistas está nestas fotos. En plena pretemporada, o Carioca promoviu unha nova parrandada. Alcohol, drojas e mulleres, unha nova bacanal que engrosaba a súa interminable lista de cacherías. Mais xogadores do Cabaninter estuveron presentes, pero o clube ten claro que o astro brasileiro e o capitán do equipo foron os artífices desta nova andanada. Ningún deles ademais se presentou o día seguinte nas Redondas, o que fixo saltar as alarmas do clube que dirixe Genarabramovicn. Ibrahiminovic, o Kun e Alekhan están expedientados, pero o 7 e o 10 a esta hora xa son historia do Cabaninter.
Este medio pudo obter estas imaxes que falan por sí solas.
Os xogadores non quixeron facer declaracións. O representante de ambos xogadores, Gilberto Capelotas, declarou: "Están muito tristes. É unha noticia moi triste, mais non podemos faÇer nada. O mister nao comprende que o futebolista brasileiro preÇisa divertimento para ser feliz.......tentaremos voltar o brasil, espaÇo natural do Carioca"

O PRESIDENTE DO CORINTHIANS, DE PESCA EN RIO REVOLTO

Andrés Sánchez, presidente do Corinthians brasileiro soña con xuntar os dous "gordos", e esta é a ocasión de ouro: "A porta está aberta a estes dous futebolistas. O noso obxetivo era o Carioca, mais o Beckam tamben nos faÇeria felices". Esta mesma semana pode haber desenlace acerca do fichaje dos dous xa ex-xogadores do Cabaninter.
En Brasil desatouse a locura coa noticia e mesmo Lulinha declarou "a volta do Carioca o Brasil faÇeriame moito feliz, fiquei moito emoÇionada...."

sábado, 28 de agosto de 2010

lunes, 12 de julio de 2010


¡¡¡ CAMPEÓNS DO MUNDO MUNDIAL !!!

¡¡¡ VIVA ESPAÑA !!!


¡¡¡¡¡¡¡ YO SOY ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL.......!!!!!!

martes, 15 de junio de 2010

O DOMINGO FESTA RACHADA!!!


O próximo domingo 20, celebramos a tradicional xuntanza de cada fin de temporada na praia de Balarés. Acompañados das familias disfrutaremos dunhas tiras de churrascote e dos tradicionales botellóns -Ibra xa anunciou que dona o seu "pichichi-botellón", que será ben recibido, sobre todo por dous elementos-.
Os festejos empezan a partir das 12, hora de baño e vermú.....despois xa será o que dios queira.

jueves, 27 de mayo de 2010

O CRACK VOLVE A PRIMEIRA PLANA GRACIAS O SEU ATLETI

O KUN ESTÁ DE MODA

A temporada acabóuse. E tempo de reflexión, de fichajes, de descanso. Os medios informativos están escasos de información, e mentras a Copa espera finalistas, que mesmo poden ser sorprendentes este ano, o Kun, que este ano apenas puido participar froito dunha desgraciada lesión, volve a primeira plana gracias o seu querido Atleti. Estas semanas o blog da Marajota Mecánica recolliu informacións exclusivas acerca do crack na súa procura de "axuda divina" no Vaticano, que rematou de forma desoladora.





O Atleti volveu a primeira plana informativa, ganou unha e perdiu a outra, como debe ser, como sempre foi o Atleti. Unha de cal e outra de area. Qué maneira de sufrir....xo decía Sabina.

O noso crack estuvo alí, no Campo Nuevo, sufrindo coma un mais, pero cantando 40 minutos despois do pitido final ese Atleeeeti, Atleeeeti...que aínda resona alí onde descansa o cochinillo....algo teñen estes homes, por algo son a mellor afición de España, hai que dicilo.
TODA UNHA VIDA ADICADA O ATLETI
Aquí vos deixo as instantáneas dun home que adicou a súa vida o equipo da súa alma. Desde os tempos onde facía unha dupla inolvidable co mítico Landaburu, ata a época das súas andainas por Marbella con Gil y Gil. E ollo a esta última foto: Eran tempos de espinillas e os primeiros peliños. O Kun coincidiu con Raúl, co 7, con Pata Negra, na época gloriosa da canteira colchonera. O Kun non tiña sitio diante e fixose porteiro....... ¡qué dupla se perdiu o Atleti!
O Atleti volve a estar de moda, ata renovou entrenador, e o Kun é feliz. O Cabaninter pode estar tranquilo, volverá e con forza.
O 20 de xuño, celebraremos esa Uefa na xuntanza en Balarés, algo hai que celebrar....e a nós valenos calquer disculpa.

domingo, 16 de mayo de 2010

POUCA DINAMITA PA TANTA CANTEIRA

5-1. Arrivederci. O Camariñas rematou a faena. Un Cabaninter escaso,
sin Ibra nin Cescollazo (a esta hora espera alumbramiento), sin
efectivos no banquillo....non houbo nada que facer. Os "Visente's
Boys" teñen futbol, efectivos a mazo e sobre todo ganas, moitas ganas.
Solo queda darlle a noraboa, será moi interesante esa semifinal cos
Reds de Carballo.
Na outra semifinal colouse o Castriz e tamen o Corcubion, que
sorprendiu eliminando os Azules.
Fin de temporada, "deixa ir"....oiase hoxe no vestuario.., quen mais
quen menos xa pedia a hora. Chega o mellor: Festa en Balarés!.....ahi
triunfamos, seguro!

domingo, 9 de mayo de 2010

PURA COPA

Emocionante partido, de poder a poder. Copa da Costa en estado puro. O
Cabaninter levou a iniciativa no xogo e pronto chegou o 1-0 nunha
maxistral falta de Ibrahimovic, que hoxe recolleu o prestixioso trofeo
"Pichichi Urixeira". Tuvo o detalle de donalo para a tradicional
xuntanza final en Balarés, o que se agradece.
Na segunda o Camariñas empatou nun disparo lonxano no que o Jato non
estuvo moi afortunado. De ahi o final moitas alternativas, varias
ocasions locales, un tiro o pau visitante e un penalti clamoroso a
Pelitsbarski que Gerardo non quixo ver. En general, o invento este dos
linieres foi un desastre para os dous equipos. O arbitro non mira pa
eles, o cal convirte a sua labor en nula. Encima un deles era a "bala"
con lo cual......en fin, o de seguir o xogo non vai con él, faltoulle
a hamaca.
Todo pendiente para a volta, nun dificil campo e con un gol encaixado
que da lixeira ventaja os Visente' s Boys. Ainda asi, se ganamos en
liga por goleada....por qué non?

martes, 4 de mayo de 2010

COS VELLOS ROCKEROS
Cabaninter pasa a cuartos de final sin sobresaltos. 3-1 o Agualada nun partido sin historia. Dous goles de Carioca e un de falta magistral de Mendeztzelder liquidaron un partido de trámite o que o Agualada, que xa tiña poucas opcións, se presentou en cuadro. Aínda así vimos unha segunda parte entretida no que o Agualada recortou o 2-0 da primeira parte e mesmo tirou un balón o poste que puido ser o empate.
Asi que, como mínimo, temos asegurados dous partidos mais. Será nunha durísima eliminatoria ante o Camariñas. Os Visente´s Boys son un oso duro de pelar. Afrontamos a eliminatoria apoyados nos homes da foto, os vellos Rockeros do equipo, os "cuarentaytantos", que non fallan e sosteñen o equipe ante tanta ausencia. O domingo, partido de ida as 11 nas redondas. Carlo Allolotti xa deixou caer a estratexia: "1-5-4-0.......xa o viches no Camp Nou fai pouco. Que non marquen e aló xa veremos..."


CALDEREYES, K.O.
Non é o noso ano no apartado físico. Caldereyes volvía despois de varios meses e non tardou en abandonar o campo. O menisco non aguanta e terá que pasar polo mecánico, onde xa estuveron Toninho e o Kun. Annus horribilis en canto a lesións. ¡Ánimo e a recuperarse canto antes!

jueves, 29 de abril de 2010

ESCÁNDALO EN PLENA COPA

TREMENDA JUERGA NEROAZZURRI
Como non podía ser de outra forma, a banda madridista do Cabaninter celebrou por todo o alto a victoria da escuadra de Mourinho. De entrada, cando chegou esta foto o noso poder, pensamos nunha afinidad de colores, mesmo incluso nunha campaña de Nike pra hermanar os dous Inter, o de Milán e o Cabaninter...pero non, analizando a foto aparecen as "almas blancas" da plantilla, e o escándalo non pode ser maior porque foron cazados nunha tremenda juerga, despelotados e hasta arriba de alcohol. Quén sabe o que puido pasar ahí!!


....OLLO!...O MISTER É CULÉ

Pero ollo, porque o mister, culé hasta as cachas, encabeza un grupo de blaugranas molestos coa actitude dos elementos blancos, e esto sí que pode traer consecuencias nefastas pro equipe.


Allolotti, que hoxe a mañán presentaba o novo xogo de EA Sports do que vai ser imaxe exclusiva foi rotundo: "A ver se tomamos o Agualada de coña e imos facer unha desas que facemos de vez en cando. É inadmisible semejante juerga en plena Copa. Vai haber follón"
"Mourinho non ten puta idea....pero tomo nota dese 1-9-0 pra casos extremos. Con ese sistema o Jato estará mais protegido"


Seguiremos informando, pero o vestuario é un polvorín.....

martes, 27 de abril de 2010

0-5. A CUARTOS
Victoria cómoda na Rocheira. 3 goles de Ibra, 1 de Penambucano e 1 golazo de Pelittbarski fixeron xusticia o dominio absoluto do Cabaninter nun partido demasiado plácido.O partido de volta debería ser un trámite, e xa nos espera o Werder Camariñas en Cuartos, un oso moi duro de roer. No resto das eliminatorias, poucas sorpresas. O San Románchester toma a dianteira na eliminatoria estrella o ganar a domicilio os Ponis 2-3. De momento os favoritos de cada eliminatoira van solventando a papeleta e case non hai sorpresas.




XAVI?....EN QUE PENSABA O MISTER?


Descubrimos a libreta do mister minutos antes do inicio do choque. No centro do campo aparece un tal "Xavi".....¿en qué pensaría este home?. A súa religión culé fixolle ver un centro do campo que xa nos gustaría.....estaría pensando no miércoles?....
O caso é que non xogamos mal, pero andamos ben lonxe do futebol que lidera ese home...do que non quero acordarme, por certo.
ALTAS....E UNHA NOVA BAIXA
O largo descanso veu ben e o mister puido contar de novo con 4 cambios no banquillo, e eso que non poideron comparecer dous habituales, Kostadinov e Caldereyes. Pero despois do partido voltamos cun mancado, Pombogarde, que se tuvo que retirar lesionado, esperemos que por pouco tempo.
A volta xogámola o Sábado día 1 as 11:00 nas Redondas.

sábado, 24 de abril de 2010

OUTRO ALUMBRAMENTO MAIS!!



PRESENTAMOS A VALERIA, A FILLA DO KAKÁ!!

Pois nun ano de "sequía" futebolera, quen mais quen menos xa empeza a vislumbrar cal foi o motivo de semejante baixón. Onte producíuse o segundo alumbramento nunha semana no seno do equipe. Naceu Valeria, a filla do Kaká. Nesta semana dúas novas socias para o equipe. Benvidas sean. Noraboa o Kaká e a súa dona Montse.
O Kaká, feliz, tranquiliza a torçida: "Son muito feliz co nasçemento de Valeria, xa teño a parellinha, máis que fique tranquila a torçida: mañan estarei na Rocheira e marcarei gol pra axudar a conquista da Taça da Costa no que será o meu primeiro título acá, que adicarei a Valeria."

lunes, 19 de abril de 2010

CABANINTER TEN UNHA SOCIA MAIS

PRESENTAMOS A......UXIA AMEIJENDA TEDÍN !!
Noraboa a Toninho Cerezo e a súa dona Pili. Xa temos unha nova seguidora. O noso lateral acaba de darse unha boa alegría. Polo menos o tempo de convalecencia da súa grave lesión será mais levadeiro co novo retoño. FELICIDADES!!!...o primeiro gol da Copa, se o hai, irá adicado a UXIA.

viernes, 16 de abril de 2010

SORPRENDENTE SEGUIDOR

BENVIDO DJAIR!!!
Temos un novo e exótico seguidor, chamado Djair García. O blog do Cabaninter segue rachando fronteiras e agora é éste home, Preparador Fisico de Futebol do Chirag United Sports Club de Calcutta da India, o que se fixo seguidor noso, quen sabe se buscando un choio de preparador físico do equipe....todo é negociable. A imparable repercusión internacional do noso medio informativo oficial fai que os fenómenos do futebol mundial se fixen no Cabaninter como posible destino na procura de melloras no curriculum. O presidente xa agarda impaciente a chegada do informe de Djair acerca da súa proposta para solucionar os problemas físicos do equipe, para que non se repita unha tempada tan nefasta no capítulo de lesións. Este home debe ter a solución, agardámola impacientes. Djair: por favor, o Cabaninter precísate, e a Urixeira non é Copacabana...pero eses berberechos non os atopas aló.

Este é o enlace da páxina do noso novo seguidor: http://www.freewebs.com/djairgarcia/ e este un video de youtube de algún dos seus métodos....o Jato xa está temblando....http://www.oleole.es/videos/coachgarcia/youtubecoachgarciaandgoalkeeperchiragunitedsportsclub/mvbjj.asp

martes, 30 de marzo de 2010

ULTIMA HORA

A Copa volve o formato original. E ademais o bombo foi amable co
Cabaninter. Exentos da primeira ronda, descansamos ata o 25 de abril,
tempo suficiente para recuperar efectivos e afrontar o duelo co
Agualada. O gordo caiu nese Ponteceso-Nanton que deixará a un dos
cocos na cuneta.
Volve a Copa do KO, volve a esperanza. Sorte a todos.

lunes, 29 de marzo de 2010

A PONFERRADINA SUFRIU UN INTENTO DE ESTAFA

"OPERACIÓN MOLINASECA, TODA A VERDÁ"


O escándalo é monumental. O Cabaninter voltou a presentarse en cuadro no derbi cabanés. O Beckam do Buzaco e o Carioca apareceron esta semana de novo no parte médico facilitado polo clube, pero ahora sospeitase que se "borraron" do derbi o mais puro estilo Guti. Un diario sensacionalista berciano fixo chegar a esta redacción unha foto extraña dos dous xogadores nun hotel da comarca do Bierzo, a misma hora en que se disputaba o derbi, en compañía do controvertido representante de futebolistas Giuseppe Calderetti, protagonista de sonados traspasos fraudulentos, e home clave na operación que trouxo o Carioca dende Coritiba o futebol da costa, na que se considera unha das estafas mais grandes da historia dos traspasos de futebolistas. Este home é o personaje clave nesta trama, e son conocidas as súas andanzas arredor de varios cracks do Cabaninter.
.
ZP INVOLUCRADO NO QUE IBA SER UNHA ESTAFA
Os contactos de Giuseppe Calderetti co mismísimo ZP, fixeron que a Ponferradina, líder do seu grupo de Segunda B, se interesase polos servicios deste intermediario, que non dudou en pasar uns informes dos dous xogadores cabaneses, os que recomendou coma "estrelas consagradas do futebol mundial". Cando viron en acción os dous personajes, o presidente da Ponferradina solo pudo articular un: "Arrenejado sea el demonio, que tí me traes aquí meu home!!...pra casa ooohh!!"

Temos todas as imaxes do intenso fin de semana que protagonizaron estes elementos. Aloxados no Hotel Floriana, cearon nun discreto local onde foron fotografiados co mismísimo ZP, o que xa lle foi retirado o carné de socio da Ponferradina. Para acabar coa desfeita, despois foron cachados nun "Casino del Vino", unha extraña mezcla de xogo e alcohol da que agora deberán dar explicacións o seu regreso.

ZP deféndese: "No tuve nada que ver, Giusseppe me invito a tomar unos chiquitos y no pude decir que no, el talante es el talante. En todo caso les hubiera ofrecido al Barsa que es mi equipo, pero no es el caso"

Allolotti, prudente pero preocupado. "Estes dous homes deberían estar apoyando os seus compañeiros xa que estaban lesionados.....se o estaban claro, que xa non sei. Falaremos co eles cando veñan e a ver que pasa, pero creo que vai haber bola quente".
O escándalo é mayúsculo en vísperas do inicio da Copa. Seguiremos informando.

domingo, 28 de marzo de 2010

O QUE MAL ANDA....MAL ACABA

Cabaninter fixo honor a desastrosa segunda volta protagonizada este ano e despediu o campeonato con outra nova derrota, 0-3, no derbi xogado o Sabado. Despois de fallalo todo na primeira parte, incluidos tres tiros a madeira, veu unha segunda parte desastrosa. Os visitantes sin embargo souperon aproveitar as suas ocasions e levaronse o derbi. Acaba un ano de pesadilla do que faremos amplo resumen.

A LIGA VESTIUSE DE ROJO
Felicidades o BERGANCHESTER CITY, e en especial o noso compañeiro Ferdinalex. O líder non deixou lugar a dudas e con un set 6-2 o Camariñas finiquitou unha liga mais que merecida. Felicidades tamén o Castriz e o Milagrosa que no ano do seu debut acadaron o ascenso. Noraboa a todos os premiados!!!


INVESTIGAMOS ESTA FOTO.... Sábado 18:00 horas. Molinaseca-Ponferrada.
Pode saltar un novo escandalo nas Redondas.
¿Qué facian O Beckam e o Carioca nun hotel de Molinaseca en compañia do famoso representante Giusseppe Calderetti mentes os compañeiros loitaban en precario polo derbi?.....aqui hay tomate. Informaremos

lunes, 22 de marzo de 2010

OUTRA CHOSCA....e xa van 72 goles en contra!!
.
Esto non da acabado. O paciente desangrase e non damos chegado o hospital. 6-2, outra derrota abultada nunha campaña pra olvidar. A pesar de que finalmente o mister puido contar con 13 efectivos, cando nos demos cuenta o Zas xa ganaba 5-0. Un desastre. Non hai nada especial que comentar, solo destacar que ¡solo queda 1 xornada pra acabar a liga....deixa ir!.

Noticias positivas

Quedámonos co único positivo, que foi o regreso de dous lesionados: Caldereyes e Karembeugenio. A ver se pouco a pouco se van recuperando efectivos para afrontar a Copa con mínimas garantías de non facer máis o ridículo.
A LIGA QUEDOU PARA O FINAL
Azuis e Rojos fixeron os deberes. O Bergantiños ganou nas Fontiñas con solvencia 0-2 e S.Román asaltou o fortín de Camariñas 1-2. Asi que, todo por decidir nunha última xornada de infarto. Ollo porque o lider, aínda que lle chega co empate, recibe o peligroso Camariñas do pichichi Teodorooney Lado. O S.Román ten un, a priori, fácil partido ante o Vimianzenit. Sorte os dous.

Na segunda xa quedou todo resolto cos ascensos de Castriz e At.Milagrosa. Benvidos os dous a Primeira División!!.
O domingo, derbi cabanés nas Redondas para rematar a liga. Sen nada que xogarse a ver se polo menos despedimos o ano con victoria.

sábado, 20 de marzo de 2010

CON LO PUESTO
De santuario a santuario. De Porta Santa a San Andrés e cada vez con menos efectivos. A lista que encabezou o Kun e a que se foron sumando Toniño, Beckam, Karembeugenio, Caldereyes,...ahora súmase tamén Carioca e xa van....
Con todo esto, máis os habituales "Bin Laden" do equipo, o mister terá que apañarse como poda para xuntar once no campo en Zas. O Jato da Trabe volve a perfilarse como opción para o lateral e o mister, Allolotti, para xogar de 9, é o que hai.

DECÍDESE A LIGA EN PRIMEIRA E SEGUNDA

O interés da xornada está en Camariñas e Nantón, onde Azuis e Rojos se xogan a liga. Un pinchazo do S.Román e unha victoria do Bergan finiquitaría a liga. En caso contrario todo quedaría para unha xornada final de transistores.

Na segunda, Milagrosa, Castriz e Coristanco teñen opción de subir e tamén presentan un final de liga moi emocionante. Estaremos atentos. Sorte os 5 equipos con opcións.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Proposta para vindeira temporada

ELAS TAMÉN DEBEN XOGAR
Desde o Cabaninter témolo claro, elas tamén valen para esto. Asi que, propoñemos para o ano que ven que as chavalas se incorporen os equipes, mezcladas con nós.
A directiva, ante os rumores sobre que esta proposta poida sair adiante, xa se fixo cos servicios de Elizabeth Lambert, unha auténtica estrella do futebol femenino. Un portento defensivo.......

lunes, 15 de marzo de 2010

5-0 EN PORTA SANTA

CABANINTER É UNHA TARTANA
Arrastrados. Así tuvemos que acabar o partido en Porta Santa. Suplicándolle o árbitro que pitase o final. Once xustos, contando co mister que xogou de 9 despois de varios meses inactivo. Aínda así hai que dicir que non as tuveron todas, na primeira parte controlamos perfectamente o líder e tuvemos dúas ou tres ocasións claras para poñernos por diante. Os rojos case non tiraron a porta. Na segunda, sin ningún cambio en semejante agra e co solete dando na testa o equipe xa non podía nin correr. Bastante fixemos. Os 5 goles chegaron entre o minuto 60 e o final, cando xa non podíamos mais.

O ARBITRO, MOI PILLO
O Jato da Trabe parou un penalti ó Bergantiños porque o futebol a veces é xusto. Ese penalti solo o viu o colexiado, nadie mais. Minutos despois Carioca foi derribado por detrás cando se dirixía solo cara a porteria.....tarjeta amarilla que, aplicando o reglamento, tiña que ser roja sin ningunha duda. O Bergan tiña que quedar con 10 homes e estábamos 0-0. Probablemente non nos valería de nada, pero estes detalles son os que marcan os partidos. Foi unha "pillería". Xa se comentou mais veces: errores de apreciación podeos ter calquera, pero aplicar o reglamento é sagrado....se se conoce, claro.

A LIGA PARECE ROJA
O S.Román fixo os deberes co Nantón, e o Bergantiños tamén con nós. O caso é que solo quedan dous partidos e eu apostaría por un campéon de color rojo. Hay moitas formas de ganar, pero normalmente cando se intenta xogar ben o futebol tes mais posibilidades. O Bergantiños sabe tocala e levar o balón cara adiante cerquiña da herba. Gañou mais partidos ca ningúen, marcou mais goles ca ningúen, recibiu menos goles ca ninguén....sería un xusto campeón, hai que dicilo.

sábado, 13 de marzo de 2010

¿AZULES ou ROJOS?

Esa é a cuestión. A falta de tan solo tres xornadas, a liga é cousa de dous. O empate do pasado domingo entre ambos contrincantes non clareou nada o asunto. O Berganchester City manda na tabla con 2 puntos de ventaxa e quédalle por recibir o Cabaninter e Camariñas e por visitar o difícil feudo das Fontiñas. Pola súa parte, o San Román ten que recibir os Ponis e o Vimianzenit e visitar o dificilisimo campo do Werder Camariñas, auténtica revelación do campeonato co seu Pichichi provisional Teodorooney Lado, que leva a friolera de 29 tantos anotados en 23 partidos (había que restar os que xogou pero non teño nin idea).


O LÍO DOS TRENCILLAS
E nun final tan intenso non podía faltar a polémica. Tal e como informa o blog amigo do Canceslautern, a presencia de 2 asistentes no crucial partido do pasado domingo desatou a polémica. Quén financiou a presencia dos trencillas?. Por qué o resto dos equipos e mesmo o trascendental partido da Segunda División da mesma data non poideron disfrutar dese privilexio?. As sospeitas de amaño, tráfico de influencias, financiación ilegal......a esta liga xa non lle falta de nada. No blog que lanzou a primicia informativa arrecian os comentarios anónimos en busca de chivos expiatorios, culpables, cabezas de turco......a próxima asamblea xa ten "tema estrella".


A LIGA XÓGASE NA PORTA SANTA....QUÉDANOS REZAR
A mañan do domingo será de infarto na Porta Santa. Os dous equipos de Cabana viaxan a Paiosaco para ser xuices da liga. As 10 da mañan S.ROMÁN-NANTÓN e as 12 BERGAN-CABANINTER. Dous visitantes sen nada en xogo, solo a honrilla de ganar e disfrutar do xogo, e dous locales xogándose o tipo e vixiados de cerca.....fagan apostas.
Carlo Allolotti xa non sabe que facer. A enfermería segue chea. Nunha tempada cargada de ilusións o equipo rematará no medio da táboa, nin frío nin quente. O Cabaninter solo lle queda a honrilla de poder dar a nota sendo xuiz da liga e de paso tentar a machada de axudar a Ibrahiminovic na disputa do Pichichi -se chega a vir sempre onde iría xa-.
O mister reza por ver o domingo siquera trece homes vestidos de corto, nun campo no que os cambios son imprescindibles. ¿Veremos o Cabaninter que case tumba os Azuis ou o que encaixou unha goleada de escándalo co Bertottenham?.....os AZUIS rezan pola primeira opción, os ROJOS pola segunda......

OS KAKÁS NON SON TODOS IGUALES

Por sorte o noso xa se adaptou fai tempo, o de mentira debe ser o outro....brrr, -deixemos ese tema-,.....O caso é que o Kaká das Redondas vai lanzado na procura do botellón, e leva unha impresionante racha anotadora que culminou o domingo con 4 goles o farolillo rojo da táboa. Con 14 goles sitúase a 6 de Ibra e promete guerra. "Aaaaay....quen sabe. O que sí que non me veñan con historias que eu cando podo pásolle a pelota a calquera.....pero primeiro tiro eu"
.
.

domingo, 7 de marzo de 2010

9-2 no duelo Ibra-Kaka

Non estuven hoxe nas Redondas e pouco vos podo contar hasta que mo
conten a min. Solo que os dous homes que loitan polo botellon marcaron
4 goles por barba ante un rival que esta a ser victima de escandalosas
goleadas nesta tempada. Desde que se lesionou o seu mellor xogador non
dan unha. Solo animalos a que sigan intentando disfrutar como grupo
sexan cales sexan os resultados e que recuperen pronto o seu magnifico
capitán.
Polo visto no resto de resultados, nos partidos cruciales houbo medo a
ganar....ou mais ben a perder, e todo sigue no aire.
Ampliaremos información.

martes, 2 de marzo de 2010

HAI QUE SER TOOONTOOO!!!

Esto non ten nada que ver co futebol, pero levei tal farta de rir que quería compartilo con todo quisqui. Hay que ser tooooontooo!!!!

domingo, 28 de febrero de 2010

2-1 en PORTA SANTA

Quedan 4 partidos pra que acabe este ano que se fai mais largo que
ningun. Hoxe lesionouse o Bechkam e xa van.....o preparador fisico
terá que explicarse.
OS AZULES CONTRA AS CORDAS
Hoxe o Cabaninter contaba con 4 cambios, o que fixo que fixeramos un
completo partido que non tuvo o premio merecido. Marcou primeiro o
S.Roman nun tiro lonxano. Teriamos que ter empatado pouco despois pero
o arbitro non quixo ver man clarisima nun tiro que iba directo pa
dentro co porteiro local fora de sitio. Chegou o segundo dos locais
pero non baixamos os brazos. Na segunda parte, con Ibra facendo de
Hierro, chegou o 1-2, obra de Kostadinov, e ben puido chegar o empate
nunha clara ocasion de Kaka. Non pudo ser, ben se notaba quen
precisaba os puntos hoxe, e o colexiado tampouco axudou e mesmo
perdonou duas expulsions locales moi claras, unha dela por unha
lamentable agresión.

domingo, 21 de febrero de 2010

3-9....."MIENTRAS DORMIAN"

Chosca nas Redondas. Suélenos pasar unha vez ou duas por ano na parte
final da temporada. Moitos compañeiros decidiron disfrutar da sabana
de felpa, o dia invitaba, e produciuse o esperpento. E habitual nesta
liga en varios equipos, pero no Cabaninter sobre todo: 24 fichas,
ostias por xogar nos primeiros partidos, e conforme vai avanzando a
temporada quedan "los 11 cabrones de siempre", que diria o gran Toshack.
A PUNTO DE NON XOGAR
Empezamos o partido con 8 homes. Falouse ata de non xogalo. Pa cando
chegou Alekhan xa tiñamos dous o lombo. Chegarian despois dous mais e
seriamos once, un deles O Jato xogando de lateral -mención especial
para este gran tipo que se presta a todo e non falla nunca-., pero o
resultado xa era de 2-4. Ainda tuvemos o merito de apretalos, de
disfrutar do xogo. Do posible 3-4 pasamos o 2-5 e ahi acabouse un
partido que en realidad xa nunca empezou. Acabamos arrastrados e os
visitantes pedindo mais tempo pa facerse pichichis, non querian acabar
prematuramente, normal, este ano non se viran nunha asi.
Chegará a Copa e volveran todos. O banquillo volverase a encher e
falarase de titulos......y la vida sigue igual. É a liga de
"veteranos", onde a xente sigue pretendendo ampliar os palmarés
particulares. Mal imos.

domingo, 14 de febrero de 2010

VAYA CAGADA!!
DERROTA NO PINGUEL
4-2. Os dioses non estaban do noso lado. Cabaninter puxo o futebol e a iniciativa no Pinguel e marcou 4 goles....pero 2 en propia porta. Empezou marcando O Beckam o 0-1. Era o xusto premio o xogo de ataque desplegado. Empataron os locales despois dun error fatídico do Jato da Trabe. Despois chegaría o golazo de Pelé, imparable trallazo cruzado pola escuadra. Empataría pronto Káká nunha nova xogada elaborada de ataque.

Xa na segunda parte chegou o 3-2, nunha carambola. Karembeugenio desviou sin querer un centro local e deixou vendido o Jato. O Cabaninter seguiu intentando atacar levando a iniciativa no xogo, pero Pelé marcou o cuarto, en clarísima posición ilegal. Non era o día.

sábado, 13 de febrero de 2010

O FRENTE URIXEIRA PIDE VENGANZA

NON HAI MELLOR CUÑA CA DA MISMA MADEIRA.......


Juninho Penambucano, recién chegado Carnaval de Río, onde foi recibido polo mismísimo Lula Da Silva, é o protagonista do Clásico. Volve o Pinguel, para enfrentarse o seu equipo de sempre, que este mesmo ano fixo un intento fallido por repescalo.
En Can Urixeira aínda escoce o set da ida e a afición pide venganza.
Carlos Allolotti ataca con todo: O trío de brasileiros Penambucano - Kaká - Carioca, o Pichichi Ibrahiminovic e Pellitsbarski, en pleno estado de forma, serán as bazas atacantes do Cabaninter.
EN XOGO A HONRILLA
En xogo a honrilla, pouco mais, pero esto é un Clásico e todos queren ganar.
Ambos equipos están un ano mais prematuramente fora das aspiracións o título. Marchan na zona templada da tabla. O Cabaninter aventaxa en 4 puntos a Fabada Mecánica, o que impide que os locais podan quitarlle o puesto o seu eterno rival. Volve o Clásico, no Pinguel, as 11:00.

domingo, 7 de febrero de 2010

OS BRASILEIROS TIRARON DO CARROMATO

3-2. A RITMO DE SAMBA
Foi a resposta dos brasileiros do equipe que foron cazados o Viernes na "farra do carromato". Coa afición de uñas e o mister co fouciño afilado pra cortar cabezas, o Kaká e o Carioca puxeron os goles nun partido moi completo do equipo en general frente a un rival nada fácil como foi o Baio.
O 1-0 foi obra de Kaká, de maxistral falta directa, pola mismísima escuadra defendida por Braulio. Empataría o Baio moi pronto nunha indecisión entre o Jato e Mendeztzelder. O 2-1 foi obra de Carioca, ¡si, de Carioca!, por fin. Boa maniobra na área pequena tras un centro de M.Petrov. Na segunda parte volveu empatar o Baio e tuvo que ser de novo Kaká, no tramo final do partido, o que marcase o definitivo 3-2. Foi un gran gol tras unha espectacular deixada de Ibrahiminovic o mais puro estilo Guti. O Pichichi voltou e está recuperado, a súa asociación con Cescollazo hoxe no medio campo foi clave na victoria. O Baio tuvo as súas ocasións para empatar e o Cabaninter tamén puido, o contragolpe, ampliar o resultado. Carioca, Penambucano, Ibra e Cescollazo desperdiciaron ocasións clarísimas de gol. Bo partido e gran victoria que nos pon a punto para o Clásico do domingo. En xogo a honrilla, pouco mais, pero un Clásico é un Clásico.
Aquí vos deixo un vídeo da charla do mister, que nunca da puntada sin fio. Algún día haberá que recopilar as perlas todas de Allolotti, que en cada partido deixa un puñado delas.
Un crack.




sábado, 6 de febrero de 2010

ESCANDALAZO!!
Saltou o escándalo en Can Urixeira. Hasta oito xogadores do Cabaninter foron cazados esta misma tarde en lamentable estado, a bordo dun peculiar vehículo mentres recollían a merenda nun reputado establecemento de comida rápida de Palm Beach Neaño.
A mala marcha do equipo, que un ano mais queda prematuramente sin aspiracións o título de liga, parece ajena os cracks do equipe. Pombogarde, Carioca, Zizou Moreno, Ibra, o Kun, Caldereyes, Perfectouré Yayá e o Kaká foron fotografiados por un medio sensacionalista. A foto xa está en poder do clube. O escándalo é monumental. A afición dictará sentencia mañán nas Redondas, pero os xogadores xa están na picota.
.
.

O MISTER ALUCINA
ALLO, convertido nesta ocasión el Allex Ferguson, declarou a este medio: "Estou estupefato. Esto non pode ser, o que pasa que, como dicia JB, o final teñen que xojar os 11 cabróns de sempre, son os que hai" "O caso do Kun e Ibra, lesionados é mais grave aínda, e o de Carioca, con 1 jol en todo o ano xa pasa de castaño oscuro" "Vai haber que comprar un trator de leña pra que o piquen, vaille vir a vista"

CABANINTER - BAIO.....CON "SUPER-IBRA"

Volve Ibrahiminovic. Superadas as súas dolencias no gemelo, o Pichichi do Cabaninter volve para intentar recuperar terreno na súa carreira goleadora contra Lado (25) e Litos (20), pra tratar de traer a Cabana o único título posible este ano. De momento, 16 dianas leva o artilleiro cabanés, distanciado a 9 do Pichichi do Werder Camariñas, tras permanecer uns partidos no dique seco. "Tou listo, inda temos moito que dicir este ano. O da foto non é pa tanto, solo fomos merendar aljo xuntos......é unha forma de facer piña...."

domingo, 31 de enero de 2010

PAPÁ, POR QUÉ SOMOS DO CABANA?

Chosca. 5-1. O peor Buño dos ultimos tempos pasou por encima do
Cabaninter. Nin eles o creían. O primeiro gol foi deses de youtube.
Despeje de Caldereyes que rebota nun dianteiro local e entra rechazado
na porteria. De show. A partir de ahi o xogo do Cabaninter foi un
dominio sin premio, inofensivo, impotente. Lamentable partido, moi
faltos de ganas e concentración para dacer daño. Foron chegando os
goles do Buño con unha facilidad pasmosa. Penambucano fixo o gol da
honrilla no tramo final. Partido pra olvidar. Esta derrota, xunto cos
2 puntiños do "Isidrogate" acaban un ano mais coas eternas
aspiracións do Cabaninter. Non hai mellor foto ca dun colchonero de
pro para reflexar o estado de ánimo. Solo nos queda dar algunha guerra
cos de arriba, o derbi, o clásico.....intentaremos entreternos.

sábado, 30 de enero de 2010

PREMIO TRAS PREMIO, REGALO TRAS REGALO!!!
.




O Comité da liga fíxonos entrega onte a tardiña dunha boa propina. Se non chegaba cos 3 puntos que nos birlou o "colexiado" no Novo Cubaleiro, nin coas nefastas consecuencias que a súa permisividade nos trouxo ese fatídico día no que non deberamos ternos levantado, ahora o Comité, a instancias do propio colexiado que se ratificou na súa absurda versión, e desestimando a nosa detallada e clara explicación do sucedido -non sei para que valen eses escritos se o árbitro sempre ten a razón- aplica o regulamento establecido para tales casos e impón o Cabaninter, de propina, "two" points menos e 100 eurazos de multa. Esto es lo que hay. O "colexiado" que nin siquera reflexou na acta que o partido estuvera parado por unha lesión grave dun xogador, con presencia dunha ambulancia, etc,etc..., si reflexou o "importantísimo" detalle de que non tiñamos ganas de xogar os últimos 13 minutos dun absurdo partido no que deambulábamos con 7 xogadores en condicións, catro renqueantes e 1 no hospital. Afora aparte, como dí o outro, do lamentable arbitraje en contra, reconocido por él mesmo en accións puntuales, que acabou de minar a nosa moral. Parece ser que a súa opinión acerca da xogada da lesión e que solo mereceu amarilla porque "foi fortuita"......¿?¿?¿...estupefactos!!. Conclusión: Un árbitro con unha acta e un boli bic e mais peligroso ca un mono con pistola.

AS REACCIÓNS EN CAN URIXEIRA


En fin, un pouquiño de terra por riba. O clube xa tomou medidas o respecto e onte mesmo puidose ver esta instantánea na que dous membros do clube recollían donativos polas calles de Cabana. O mesmo Toninho Cerezo saiu o paso das novidades con estas sorprendentes declaracións: "É certo, foi fortuita, de feito quero pedir públicamente disculpas por meter o pé onde non debía. Estou disposto a indemnizar a ese home se os seus tacos sufriron algún desperfecto. Polos tornillos nada, non preocuparse, lavámolos ben con Coca-cola pra quitarlle o óxido e van como Dios"
.
.
ALLOLOTTI RECLAMA UN POUCO MAIS DO "OUTRO FUTEBOL"
.
O míster fíxose dono das palabras do seu colega, o gran Camacho, e fixo estas declaracións: "Temos que ser un pouco mais pillos. Hay que xogar tamén o "outro futebol". Parecemos bobos. Mexan por nós e dicimos que chove. Temos que ser un pouquiño mais agresivos. A veces atrás parecemos señoritas."




OS XOGADORES XA ENSAYAN PARA MELLORAR
Os xogadores do Cabaninter tomaron nota das palabras do mister e no adestramento desta misma mañan xa poidemos ver a algúns homes ensayando tácticas para ser un pouquiño mais contundentes. "É verdá, qué carallo!, hai que meterlle un pouquiño mais de agresividá a este conto que no tempo que perdemos en protestar tamén damos unha zocada que ten menos castijo" -declarou un xogador que prefiere manterse no anonimato-.