domingo 22 de noviembre de 2009

AMPLIAMOS INFORMACIÓN

CLUB DO MAR 1 - CABANINTER 5

O sistema de "noticias directas do forno" funcionou a medias. A cobertura desde Casa Paco, lugar onde paramos a botarlle uns callos -ben bos, por certo-, non era a adecuada. Ainda así probamos fortuna dende mellor sitio e vai coma un tiro. A partir de ahora teredes cumplida información do resultados e unha breve crónica dende o remate de cada partido vía móvil. Asi, mentes non hai tempo para máis polo menos tendes información para os luns, día de máis visitas do blog segun o noso contador (133 "pinchazos" de media os luns).



VICTORIA CÓMODA. HAT TRICK DO PICHICHI.

O caso é que o partido foi unha cómoda victoria frente a un rival moi mermado. Mesmo tuvemos que esperar dez minutiños para empezar a que chegara o seu porteiro e máis algún xogador para completar os once. O Club do Mar xira en torno o seu capitán, o número 7, ollo a este home que sabe de que vai o conto. Pronto marcou Ibrahiminovic o 1-0, pero os locais empataron con un gol de cabeza do capitán, que rematou solo tras un fallo grave de marcaxe. O 2-1 poñeríao Albertotti e o 3-1 Ibrahiminovic de novo en gran xogada persoal. Despois sería Carioca quen poñería o 4-1, estreando por fin o seu casilleiro, nun "pase medido" de Toninho Cerezo en saque de banda. O 5-1 sería de novo de Ibrahiminovic antes do descanso, que supoñia o Hat-Trick do noso crack, que xa loita polo Pichichi da liga. A segunda parte foi un mero trámite, dedicamonos ambos equipos a espabilar o frío e esperar o final. O Club do Mar tuvo un pequeno arreón no que mandou un disparo o largueiro e tuvo outra ocasión moi clara, pero pouco máis.



O RESTO DA XORNADA
Nos outros partidos, o Berganchester City, que o domingo nos visita, ganou o S.Románchester por 1-2, o que nos axuda a subir o 3º posto na táboa, a 4 puntos dos Ponis que ganaron en Can Pinguel de forma cómoda por 0-3 e siguen de líderes provisionais mentras non se dispute ese Bergan-Ponteceso aplazado. Panorama complicado o da Fabada Mecánica, que dende a súa contundente victoria no Clásico non levanta cabeza e volve a flirtear co descenso.


A PROXIMA XORNADA, CRUCIAL
Partidazos para este domingo. Recibimos o Berganchester City nas Redondas e o San Román visita o intratable campo de As Fontiñas. Toca ganar si queremos dar ese saltiño definitivo para estar na pomada, esperando que os "Azuis" saquen algo positivo na casa dos Ponis.

lunes 16 de noviembre de 2009

FANTASTIKUN DECISIVO !!
Si, si, o que oides. Xa sei que está lesionado, ademais pra tempo porque o pobre encima van ter que operalo porque o "cruzado" está tocado tamén, pero o Kun non está disposto a estar inactivo e "voltou" para ser decisivo. Esta é a historia.


2-1.A CRÓNICA DA PRIMEIRA DERROTA DO S.ROMÁNCHESTER UNITED NESTA LIGA.

O Cabaninter saiu As Redondas entregado 100% o partido. Concentrados. Dominando de cabo a rabo. O 1-0 de Lilowen na primeira metade facía xustiza o xogo desplegado por ambos equipos. Na segunda parte, o único fallo defensivo -O Jato dudou na salida- e o dianteiro do S.Románchester roubou a carteira para empatar. Pero o Cabaninter seguía sendo o dono do partido e Pellitsbarski facendo de Abreu. Froito de tanto dominio chegou o 2-1, obra de Ibrahiminovic -golazo dende a frontal-.
Victoria xusta e merecida que nos mantén arriba, agora a 1 so punto dos "azuis" e a 4 dos Ponis, que non fallaron e son claros favoritos a revalidar titulo. A suspensión do Berganchester City - Fabada Mecánica manténnos a 3 puntos dos de Carballo, confiando en que cando se reanude ese partido os veciños den a campanada.


"POR UN PUÑADO DE PINCHOS".
A intrahistoria.

Todo empezou o fin de semana pasado. Este medio "cazou" a conversación que aquí transcribimos entre o Kun e o Carioca, ambos serían baixa para o trascendental choque ante os "azuis" e o Kun quería axudar, pero non sabía como......

O SOPLO
Aquelo quedou coma se fose unha intención, un "o mellor"...."secadra..."......pero o Carioca faltóulle tempo para filtrar a conversación o vestiario......e ahí escarallóuse o conto.
O Kun presenciou o partido caladiño, dubitativo, animando pero conténdose.....pero todos o sabían...e notábase no ambiente. O dominio era patente, a concentración absoluta, todos a unha....¿qué pasa aquí? -pensou o Kun-...."estes saben o conto! panda de estómajos ajradecidos!".....solo quedaba descolgar o teléfono: "Jovita, son o Kun....pinchos pra esta banda"
"Oido cocinaaaa!!!"

O Carioca, dende o seu retiro entre termómetros, kleenex e Frenadol esperaba o ansiado SMS:

"Carioca, ganamos 2-1, partidazo"

"Ok Kun. Prepara a carteira. Serán sobre 120€. Crack".

O Kun.....ese crack!....."La Leyenda". As Redondas gritará sempre no minuto 9 o seu grito de guerra: "Kun,kun,kun,kun...!!!!!"


A CARA AMARGA DO PARTIDO, MAIS PRA ENFERMERÍA.
Kostadinov, protagonista positivo a semana pasada do blog, lesionóuse seriamente no gemelo o pouco de ingresar no campo. A perna quedou coma unha tabla...non ten boa pinta. Ánimo e a volver canto antes!!.
Ibrahiminovic tamén acabou coa rodilla tocada, hoxe será revisado na clínica do Dr.Tolidón, o prestixioso trauma que trata o Kun. Esperamos que non sexa nada.

lunes 9 de noviembre de 2009

EMIL KOSTADINOV, O RESCATE DE ALLOLOTTI

Foi a última incorporación do flamante Cabaninter deste ano. Unha aposta personal do mister. O domingo o "búlgaro" respondiu a confianza do mister e converteuse no home clave do partido. Dous goles que avalan o "tanque de Cesullas" e que manteñen o Cabaninter na estela dos tres de arriba, plenamente recuperados da "Festa das Fabas".

PRIMEIRA PARTE BORDADA
Foi unha primeira parte perfecta, ben xogada, con contínuos ataques. Pelittsbarski dominou a banda o seu antoxo e o Cabaninter chegou o descanso mandando no marcador 0-2 con goles de Ibrahiminovic -xa loita polo pichichi- e Kostadinov.

.....BO ARRANQUE DA SEGUNDA.....E NOVA PÁXARA
Kostadinov marcou o 0-3 no arranque da segunda, e o partido parecía sentenciado. Peero...."capaces de lo mejor y lo peor"....o equipo volveu a rozar a cagada. O Bertotenham acortou distancias ata poñerse 2-3 no marcador e mesmo tuvo serias opcións de voltealo con varias ocasións, entre elas un disparo o traveseiro. Menos mal que apareceu Albertotti, o "dandy", que marcou un gol de saque directo de córner e sentenciou un partido que tiñamos que ganar si ou sí.

OS TRES DE ARRIBA NON SABEN O QUE É PERDER
Seguimos a 6 do líder e a 4 dos perseguidores. Berganchester City, Os Ponis e o S.Románchester United non fallan e non coñecen a derrota en 8 partidos. O domingo ganaron os seus partidos con solvencia e son xa favoritos na disputa do título de liga este ano.
O domingo visítanos o S.Román, que ven de vapulear 0-3 a Fabada Mecánica en Can Pinguel.
Primeiro asalto para poder ser "aspirantes" a algo este ano.

lunes 2 de noviembre de 2009

1-6 !! O CLÁSICO FOI....A FESTA DAS FABAS
Ver pa creer. Eso debiu pensar o presidente despois de ver o SET que nos endosou o eterno rival. Capaces do mellor e do peor, esta vez foi a Fabada Mecánica a que nos destrozou. De nada serviu a distancia sideral na tabla nin siquera a evidente diferencia de plantillas. O Cabaninter fallou todo cando intentou, incluido un penalti, e os visitantes enchufaban todo dentro. Daba igual de donde viñera o balón e como....pero iba pa dentro. Media ducia. Pouco se pode dicir despois dun resultado así, pero o certo é que é demasiado abultado para o visto no campo. Lilowen ben pudo poñernos por diante mais dunha vez. Pelitbarski fallou unha increíble con 0-2 que nos metía no partido. Ibrahiminovic fallou un penalti en pleno "arreón final",.........non era o día. A Fabada Mecánica tomóuse este partido moi en serio, sabendo que o descenso os ameazaba de novo, e a sorte estuvo do seu lado. Seis chicharros coma seis soliños e todos contentos cara o outro lado do río. Solo queda felicitalos, mal que pese. Souperon aproveitar a nosa "caralla".

O PRESIDENTE ESTÁ EN LLAMAS
"Xa nos metiu casi unha ducia o Nantón non fai moito e ahora veñen estes a pasearse......esto non pode ser. Parecemos a tómbola"
"Allolotti ten crédito, e vai seguir. A culpa non é del, senón dos camándulas que saliron o campo pensando que iban ganar de calle. A derrota da Fabada 4-1 co Buño despistóunos un pouco, eu tiña claro que estes viñan aquí a morte, non é a primeira vez. A ver se polo menos sirve pra espabilar."

O DANDY.
PELÉ FOI ESTA VEZ MAIS REI QUE NUNCA

Edson Arantes de Canasteves, Pelé, foi o mellor do partido. Este tipo sabe de que vai esto. Viu que non tiñamos o día e xogou de maneira intelixente entre líneas. Cada ataque pasou polas súas botas, incluidos os seus dous goles -o primeiro abriu a lata-. As Redondas acabou cantando aquelo de "Jenaro fíchalo!!.......Jenaro fíchalo!!.........Jenaaro fichaaaloooo!!"........


O CAPI DOU A CARA
"Na miña vida. Ay no me faltocarme!. Parecía que eran 25 contra 11. Qué desastre"
"Esto solo se arregla ganando como Dios manda o domingo. Non queda margen pa fallar"
"Estaba claro que eles necesitaban a victoria si ou si despois do aniño que levan. Notábase nas ganas....que nos faltaron a nós, claro."
"En defensa fallamos, pero os de diante teñen que metela dentro tamén...tamos todos no mismo barco"
"Solo puden tomar tres viños, o corpo non me quería mais....e eso que había Tigres Rabiosos de pincho...que me encantan inda que sea con pelos"

SEGUIMOS "EN CHAMPIONS"
A pesar do tropezón seguimos cuartos, pero ahora a 6 puntos da cabeza...eso sí, con ¡16! goles en contra por 21 a favor. Increíble. Aínda temos que xogar contra os catro primeiros e ahí e donde se vai ver a nosa verdadeira talla.
As curvas empezan os dous próximos partidos, Bértotenham e San Románchester United. Ganar ou ganar se queremos estar arriba, non hai outra.

viernes 30 de octubre de 2009

ESCANDALO !!!

O "CUMPLEANOS" DO CARIOCA

Canastebild destapa o escándalo en vísperas do Clásico

Era un secreto a voces en Cabana. Hoxe o diario sensacionalista Pontecesán Canastebild destapou o escándalo do "cumpleanos" do Carioca. Media plantilla está implicada, incluido o actual adestrador, Allolotti. Foi en vísperas do inicio de liga nun conocido local de moda cabanés. Mulleres, alcohol,.....desenfreno absoluto do crack brasileiro en compañia de parte dos integrantes do plantel do Cabaninter.

BAIXO RENDEMENTO
O caso é que o Carioca este ano aínda non mollou e no clube alguén pensa que sigue de vacacións. De todos é sabido o seu desquiciamento que o levou a estar dous partidos na nevera polo "IturramaGate" e a ser expulsado do banquillo no partido do pasado domingo por unha pequena discusión co mister pola súa ubicación o campo.


O MISTER SÁCALLE FERRO O ASUNTO

"O clube xa ten un informe do acontecido no cumpleanos do Carioca. A prensa sensacionalista do outro lado do río intenta desestabilizar, non foi pa tanto"
"O Carioca precisaba un pinchaziño pra que de o mellor de sí, por eso o outro día viñalle ben ducharse antes de tempo. Non pasa nada, son cousas que quedan no campo de futebol"
"O domingo toca ganar o Clásico para seguir arriba. Eles quererán endereitar o rumbo a conta nosa"
"Este ano si, imos dar jerra".


O PAI DO CARIOCA DEFÉNDEO DENDE BRASIL
Jenarinho de Coritiba, pai e representante do futebolista defende o xogador dende o seu retiro en Copacabana:
"O Carioca tem muita ilusión pra esta tempada. O equipe está sen atacantes i el vai coller esa responsabilidade. A festa cas garotinhas foi algo normal, os brasileiros somos asi, o que pasa qui a prensa da Fabada Mecánica tenta buscar polémica porque sabe que o jogador tem ganas de marcar no clásico".
Tamén aproveitou pra lanzar un aviso o Cabaninter: "Se nâo tem a contunuidade que precisa no ataque, teremos que revisar a situaçao do jogador a final de ano. Tem ofertas muito importantes"


FENÓMENOS PARANORMALES
Canastebild tamén publica estas fotos nas que se producen dous fenómenos extraños: o Carioca, reconocido madridista, deixouse ver de festa por Barcelona co mismísimo Ronaldinho, e pra rematar o Kun, colchonero de nacemento, acaba de ser fotografiado no mismísimo Bernabeu presenciando o Real Madrid en compañia do Kaká. "Eu fun ver como perdían, malpensados". O caso é que parece que no Cabaninter hai fenómenos paranormales ultimamente.

lunes 26 de octubre de 2009

XOGAMOS MIRANDO O CEO

Foi o minuto de silencio máis estremecedor que recordo. Foi un instante no que todos nos acordamos de Eugenio e da súa familia. Xuntos os 11 no medio campo e xuntos o resto no banquillo. Cando o colexiado mandou empezar o partido alguén dixo: "hai que ganalo e dedicarllo a Eugenio". Asi foi, esta victoria está dedicada o noso compañeiro e a súa familia. Nesta semana tan dura, foi gratificante comprobar como chegan os mensaxes de ánimo da xente do futbol veterano, dos compañeiros da liga. Son xestos sencillos pero que, despois de un trago tan duro, poñen o seu gran de area para axudar a sobrepoñerse.
O noso esforzo agora estará en axudar a Eugenio a volver, a seguir adiante. Farémoslle chegar todo o que aquí escribichedes no seu debido momento. En nome de Eugenio e dos seus compañeiros todos, moitas gracias. O futbol é solidario, sin duda eso é o mellor que se pode dicir deste deporte e desta liga.

lunes 19 de octubre de 2009

EUGENIO, UN ABRAZO

Non hai consuelo. A pérdida dun fillo é algo irreparable.
Nadie se imaginaba esto cando marchaches onte a correr do campo. Sentímolo moito amigo, compañeiro.
A noticia corriu entre todos os teus compañeiros esta mañan enfriando os nosos corazóns. Durísimo. Todo o demais perde sentido ante esto, todo.
Sentímolo moito, un abrazo moi grande para ti, para Ana, para todos os teus.