domingo, 21 de febrero de 2010

3-9....."MIENTRAS DORMIAN"

Chosca nas Redondas. Suélenos pasar unha vez ou duas por ano na parte
final da temporada. Moitos compañeiros decidiron disfrutar da sabana
de felpa, o dia invitaba, e produciuse o esperpento. E habitual nesta
liga en varios equipos, pero no Cabaninter sobre todo: 24 fichas,
ostias por xogar nos primeiros partidos, e conforme vai avanzando a
temporada quedan "los 11 cabrones de siempre", que diria o gran Toshack.
A PUNTO DE NON XOGAR
Empezamos o partido con 8 homes. Falouse ata de non xogalo. Pa cando
chegou Alekhan xa tiñamos dous o lombo. Chegarian despois dous mais e
seriamos once, un deles O Jato xogando de lateral -mención especial
para este gran tipo que se presta a todo e non falla nunca-., pero o
resultado xa era de 2-4. Ainda tuvemos o merito de apretalos, de
disfrutar do xogo. Do posible 3-4 pasamos o 2-5 e ahi acabouse un
partido que en realidad xa nunca empezou. Acabamos arrastrados e os
visitantes pedindo mais tempo pa facerse pichichis, non querian acabar
prematuramente, normal, este ano non se viran nunha asi.
Chegará a Copa e volveran todos. O banquillo volverase a encher e
falarase de titulos......y la vida sigue igual. É a liga de
"veteranos", onde a xente sigue pretendendo ampliar os palmarés
particulares. Mal imos.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Deches no clavo carioca. O Bergan-Buño suspendiuse por falta de xente no buño, vos xa contaches o que pasou, o club do mar anda en cuadro...a xente non ten formalidade, solo van cando hai aspiracións. Asi non se pode porque aparte de ser unha falta de respeto os compañeiros adultérase a competición.
Saúdos e ánimo para os que quedan.

CARIOCA dijo...

Amigo manolo. Mais da no clavo aínda o compañeiro de Nantón, que fai unha reflexión cojonuda, -mais poética ca miña-, acerca dun problema que tamén lle afecta a eles polo visto.
Nos é certo que temos 4 lesionados, dous deles graves, e tamén que Peli estaba sancionado, e Pombogarde currando, co cal eran xa 6 baixas. Pero eso, como vexo eu, tería que levar os outros 15 ou 16 disponibles a arrimar o hombro mais que nunca e non arriar a cuchara. Fai ben pouco o Camariñas tiñamolo a 6 puntos, por debaixo, e agora está arriba dando guerra. Os verdes, xunto co Canceslautern, son para min exemplo do que ten que ser un EQUIPO....loitar xuntos ata o final....e APRENDER A PERDER. É autocrítica, pública, continuación da falada no propio vestiario o domingo, é un pouquiño dura...pero necesaria. Este mal aféctanos a nos coma a outros equipos, pero eu miro por nós, porque xa se sabe: mal de moitos, consuelo de tontos.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Todo é unha cuestión de rachas, a veces polas lesións, e outras unha cuestión de actitude. Eu como integrante do Xuventude, aínda que agora non xogue, agradezoche de corazón as loubanzas, pero o noso é un equipo feito para pasalas putas senón queremos descender, cousa que pasou o ano pasado e que nons salvou a campá, porque entraron outros equipos. Pero sinceramente ningún de nós soñou nunca quedar campión de nada, nin siquiera despois de estar empachados de churrasco y anestesiandos polo licor café and company. O noso é un equipo feito para xogar e disfrutar cando se gañe, comer uns churrascos porque o presuposto non da para máis e se podemos facer algún que outro coñecido ou amigo co que tomar un día unas birras en calquera sitio millor. Outra cousa é cando algún equipo ten una serie de xogadores cos que pode aspirar a "algo". Xa sei, xa sei, que a competición debería ser doutro xeito...pero eche o que hai compañeiro Carioca. E nos a veces tamén pasamos esas "crisis de ausencias ...chamemoslle non xustificadas". O importante é que se recuperen os lesionados e que aprendamos a disfrutar tanto nas derrotas coma nas victorias.

Zurditadeoro dijo...

A estas alturas o que debe primar é o compañerismo, e aínda que se diga aquelo de "non temos porque estar obrigados a ir", si debe de haber certo compromiso. Cando un se apunta a facer algo, sexa o que sexa, debe ter certa responsalibidade e compromiso, sobre todo cando é algo de grupo.
E a miña humilde opinión, en xeral para todos os equipos, que non pasa solo en cabana. ánimo para o que queda que aínda daredes algún sustiño.