Esa é a cuestión. A falta de tan solo tres xornadas, a liga é cousa de dous. O empate do pasado domingo entre ambos contrincantes non clareou nada o asunto. O Berganchester City manda na tabla con 2 puntos de ventaxa e quédalle por recibir o Cabaninter e Camariñas e por visitar o difícil feudo das Fontiñas. Pola súa parte, o San Román ten que recibir os Ponis e o Vimianzenit e visitar o dificilisimo campo do Werder Camariñas, auténtica revelación do campeonato co seu Pichichi provisional Teodorooney Lado, que leva a friolera de 29 tantos anotados en 23 partidos (había que restar os que xogou pero non teño nin idea).
O LÍO DOS TRENCILLAS
E nun final tan intenso non podía faltar a polémica. Tal e como informa o blog amigo do Canceslautern, a presencia de 2 asistentes no crucial partido do pasado domingo desatou a polémica. Quén financiou a presencia dos trencillas?. Por qué o resto dos equipos e mesmo o trascendental partido da Segunda División da mesma data non poideron disfrutar dese privilexio?. As sospeitas de amaño, tráfico de influencias, financiación ilegal......a esta liga xa non lle falta de nada. No blog que lanzou a primicia informativa arrecian os comentarios anónimos en busca de chivos expiatorios, culpables, cabezas de turco......a próxima asamblea xa ten "tema estrella".
A mañan do domingo será de infarto na Porta Santa. Os dous equipos de Cabana viaxan a Paiosaco para ser xuices da liga. As 10 da mañan S.ROMÁN-NANTÓN e as 12 BERGAN-CABANINTER. Dous visitantes sen nada en xogo, solo a honrilla de ganar e disfrutar do xogo, e dous locales xogándose o tipo e vixiados de cerca.....fagan apostas.
Carlo Allolotti xa non sabe que facer. A enfermería segue chea. Nunha tempada cargada de ilusións o equipo rematará no medio da táboa, nin frío nin quente. O Cabaninter solo lle queda a honrilla de poder dar a nota sendo xuiz da liga e de paso tentar a machada de axudar a Ibrahiminovic na disputa do Pichichi -se chega a vir sempre onde iría xa-.
O mister reza por ver o domingo siquera trece homes vestidos de corto, nun campo no que os cambios son imprescindibles. ¿Veremos o Cabaninter que case tumba os Azuis ou o que encaixou unha goleada de escándalo co Bertottenham?.....os AZUIS rezan pola primeira opción, os ROJOS pola segunda......
O mister reza por ver o domingo siquera trece homes vestidos de corto, nun campo no que os cambios son imprescindibles. ¿Veremos o Cabaninter que case tumba os Azuis ou o que encaixou unha goleada de escándalo co Bertottenham?.....os AZUIS rezan pola primeira opción, os ROJOS pola segunda......
OS KAKÁS NON SON TODOS IGUALES
Por sorte o noso xa se adaptou fai tempo, o de mentira debe ser o outro....brrr, -deixemos ese tema-,.....O caso é que o Kaká das Redondas vai lanzado na procura do botellón, e leva unha impresionante racha anotadora que culminou o domingo con 4 goles o farolillo rojo da táboa. Con 14 goles sitúase a 6 de Ibra e promete guerra. "Aaaaay....quen sabe. O que sí que non me veñan con historias que eu cando podo pásolle a pelota a calquera.....pero primeiro tiro eu"
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario