Temos un novo e exótico seguidor, chamado Djair García. O blog do Cabaninter segue rachando fronteiras e agora é éste home, Preparador Fisico de Futebol do Chirag United Sports Club de Calcutta da India, o que se fixo seguidor noso, quen sabe se buscando un choio de preparador físico do equipe....todo é negociable. A imparable repercusión internacional do noso medio informativo oficial fai que os fenómenos do futebol mundial se fixen no Cabaninter como posible destino na procura de melloras no curriculum. O presidente xa agarda impaciente a chegada do informe de Djair acerca da súa proposta para solucionar os problemas físicos do equipe, para que non se repita unha tempada tan nefasta no capítulo de lesións. Este home debe ter a solución, agardámola impacientes. Djair: por favor, o Cabaninter precísate, e a Urixeira non é Copacabana...pero eses berberechos non os atopas aló.
Este é o enlace da páxina do noso novo seguidor: http://www.freewebs.com/djairgarcia/ e este un video de youtube de algún dos seus métodos....o Jato xa está temblando....http://www.oleole.es/videos/coachgarcia/youtubecoachgarciaandgoalkeeperchiragunitedsportsclub/mvbjj.asp
1 comentario:
Hola Carioca.....bueeeenoooooooo, non me había fijado nese detalle. A verdade e que esta Liga da Costa de Veteranos estase a facer internacional. So nos faltan un par de xogadores de color e un par de chinos para que definitivamente se internacionalice de todo...O dos chinos non sei, pero xogadores "de color" poden aparecer algún para o ano....tempo o tempo.....jejej. Saúdos.
Publicar un comentario