sábado, 30 de enero de 2010

PREMIO TRAS PREMIO, REGALO TRAS REGALO!!!
.




O Comité da liga fíxonos entrega onte a tardiña dunha boa propina. Se non chegaba cos 3 puntos que nos birlou o "colexiado" no Novo Cubaleiro, nin coas nefastas consecuencias que a súa permisividade nos trouxo ese fatídico día no que non deberamos ternos levantado, ahora o Comité, a instancias do propio colexiado que se ratificou na súa absurda versión, e desestimando a nosa detallada e clara explicación do sucedido -non sei para que valen eses escritos se o árbitro sempre ten a razón- aplica o regulamento establecido para tales casos e impón o Cabaninter, de propina, "two" points menos e 100 eurazos de multa. Esto es lo que hay. O "colexiado" que nin siquera reflexou na acta que o partido estuvera parado por unha lesión grave dun xogador, con presencia dunha ambulancia, etc,etc..., si reflexou o "importantísimo" detalle de que non tiñamos ganas de xogar os últimos 13 minutos dun absurdo partido no que deambulábamos con 7 xogadores en condicións, catro renqueantes e 1 no hospital. Afora aparte, como dí o outro, do lamentable arbitraje en contra, reconocido por él mesmo en accións puntuales, que acabou de minar a nosa moral. Parece ser que a súa opinión acerca da xogada da lesión e que solo mereceu amarilla porque "foi fortuita"......¿?¿?¿...estupefactos!!. Conclusión: Un árbitro con unha acta e un boli bic e mais peligroso ca un mono con pistola.

AS REACCIÓNS EN CAN URIXEIRA


En fin, un pouquiño de terra por riba. O clube xa tomou medidas o respecto e onte mesmo puidose ver esta instantánea na que dous membros do clube recollían donativos polas calles de Cabana. O mesmo Toninho Cerezo saiu o paso das novidades con estas sorprendentes declaracións: "É certo, foi fortuita, de feito quero pedir públicamente disculpas por meter o pé onde non debía. Estou disposto a indemnizar a ese home se os seus tacos sufriron algún desperfecto. Polos tornillos nada, non preocuparse, lavámolos ben con Coca-cola pra quitarlle o óxido e van como Dios"
.
.
ALLOLOTTI RECLAMA UN POUCO MAIS DO "OUTRO FUTEBOL"
.
O míster fíxose dono das palabras do seu colega, o gran Camacho, e fixo estas declaracións: "Temos que ser un pouco mais pillos. Hay que xogar tamén o "outro futebol". Parecemos bobos. Mexan por nós e dicimos que chove. Temos que ser un pouquiño mais agresivos. A veces atrás parecemos señoritas."




OS XOGADORES XA ENSAYAN PARA MELLORAR
Os xogadores do Cabaninter tomaron nota das palabras do mister e no adestramento desta misma mañan xa poidemos ver a algúns homes ensayando tácticas para ser un pouquiño mais contundentes. "É verdá, qué carallo!, hai que meterlle un pouquiño mais de agresividá a este conto que no tempo que perdemos en protestar tamén damos unha zocada que ten menos castijo" -declarou un xogador que prefiere manterse no anonimato-.

No hay comentarios: