lunes, 22 de marzo de 2010

OUTRA CHOSCA....e xa van 72 goles en contra!!
.
Esto non da acabado. O paciente desangrase e non damos chegado o hospital. 6-2, outra derrota abultada nunha campaña pra olvidar. A pesar de que finalmente o mister puido contar con 13 efectivos, cando nos demos cuenta o Zas xa ganaba 5-0. Un desastre. Non hai nada especial que comentar, solo destacar que ¡solo queda 1 xornada pra acabar a liga....deixa ir!.

Noticias positivas

Quedámonos co único positivo, que foi o regreso de dous lesionados: Caldereyes e Karembeugenio. A ver se pouco a pouco se van recuperando efectivos para afrontar a Copa con mínimas garantías de non facer máis o ridículo.
A LIGA QUEDOU PARA O FINAL
Azuis e Rojos fixeron os deberes. O Bergantiños ganou nas Fontiñas con solvencia 0-2 e S.Román asaltou o fortín de Camariñas 1-2. Asi que, todo por decidir nunha última xornada de infarto. Ollo porque o lider, aínda que lle chega co empate, recibe o peligroso Camariñas do pichichi Teodorooney Lado. O S.Román ten un, a priori, fácil partido ante o Vimianzenit. Sorte os dous.

Na segunda xa quedou todo resolto cos ascensos de Castriz e At.Milagrosa. Benvidos os dous a Primeira División!!.
O domingo, derbi cabanés nas Redondas para rematar a liga. Sen nada que xogarse a ver se polo menos despedimos o ano con victoria.

No hay comentarios: