domingo, 7 de febrero de 2010

OS BRASILEIROS TIRARON DO CARROMATO

3-2. A RITMO DE SAMBA
Foi a resposta dos brasileiros do equipe que foron cazados o Viernes na "farra do carromato". Coa afición de uñas e o mister co fouciño afilado pra cortar cabezas, o Kaká e o Carioca puxeron os goles nun partido moi completo do equipo en general frente a un rival nada fácil como foi o Baio.
O 1-0 foi obra de Kaká, de maxistral falta directa, pola mismísima escuadra defendida por Braulio. Empataría o Baio moi pronto nunha indecisión entre o Jato e Mendeztzelder. O 2-1 foi obra de Carioca, ¡si, de Carioca!, por fin. Boa maniobra na área pequena tras un centro de M.Petrov. Na segunda parte volveu empatar o Baio e tuvo que ser de novo Kaká, no tramo final do partido, o que marcase o definitivo 3-2. Foi un gran gol tras unha espectacular deixada de Ibrahiminovic o mais puro estilo Guti. O Pichichi voltou e está recuperado, a súa asociación con Cescollazo hoxe no medio campo foi clave na victoria. O Baio tuvo as súas ocasións para empatar e o Cabaninter tamén puido, o contragolpe, ampliar o resultado. Carioca, Penambucano, Ibra e Cescollazo desperdiciaron ocasións clarísimas de gol. Bo partido e gran victoria que nos pon a punto para o Clásico do domingo. En xogo a honrilla, pouco mais, pero un Clásico é un Clásico.
Aquí vos deixo un vídeo da charla do mister, que nunca da puntada sin fio. Algún día haberá que recopilar as perlas todas de Allolotti, que en cada partido deixa un puñado delas.
Un crack.




No hay comentarios: