Fabada Mecánica - Cabaninter. O Pinguel. D26. 11:00. ETB (Estaremos Todos na Bouza)
A baixa definitiva de Ibrahiminovic deixa a dianteira en mans da dupla Carioca-Kun, que siguen a súa loita por ser o pichichi do equipo e evitar pagar a churrascada pra todo o equipo. Os dous "pistoleros" batiránse en duelo pra intentar fusilar o gardamallas da Fabada Mecánica, aínda que os rumores últimamente apuntan que a ningún lle interesa ganar, posto que o que gane poñerá o viño da churrascada.........e xa se sabe o que pode pasar..... "Terá que ser tintorro a jranel e ben rebaixado de auja, porque a estes non hai quen os encha"-declarou Carioca acerca do asunto. "Eu díxeno así entre dentes, pero estes cabróns colleron a palabra rápidamente, foi un error jarrafal" -dixo o Kun o respecto-.
Volve o Clásico e eso é sinónimo de espectáculo. As 124 visitas que ten este blog rexistradas ata as sete da tarde de hoxe demostran que a xente xa está pendiente do partidazo.
Nada que perder e moito que ganar para o Cabaninter, toda a presión para os homes de Marco Van Basten.......como dirían na F1: si parpadean....se lo van a perder.
4 comentarios:
Tómoche a palabra para o torneo de verán, algo hai que facer. Agora tócanos concentrarnos nas nosas respectivas copa e liga e o do verán xa o falaremos.
Saudos e sorte.
nos pa copa xa tamos conentrados de carallo...jajajaja nos ahora xa tamos concentrados...pero na churrascada de "final de curso"..ieeeepaaa!!!!
Carioca, tes que vir a un tercer tempo dos nosos,para aprender o himno, estas convidado.
Desde o bergan. un saudo e sorte pra mañan nos marchamos pra Boqueixon.
Sorte no clásico. Qué gustiño daría poñerlle a zancadilla os veciños non? ummmm!! jeje
O do cerquedandee united ese ten boa pinta polo que se fala. Por certo que bautizando equipos e xogadores non hai quen vos gane carioca. Onde carallo sacarás tanto invento?. jajaja. non paredes nunca. Hoxe anduven tamén polos blogs de bergantiños, cuntis, negreira, hai verdadeiros "profesionais" do conto este. A ver cando facemos ese torneo "internacional". O futbol veterano vai para arriba!!!
Publicar un comentario