O DERBI DISPUTARÁSE O SÁBADO 9 DE MAIO AS 18:00 HORAS
Onte reuníronse os mánagers generales de Cabaninter e Nantón, e tras unhas duras negociacións chegaron a un acordo para o aplazamento do derbi. Os Ponis solicitaron o aprazamento por mor da súa viaxe a Mallorca, onde van celebrar o título de liga acadado este ano. O Cabaninter accediu a petición de Paquinho, botando abaixo así os rumores que falaban dun desacordo absoluto neste asunto, froito de tensións pasadas.
NANTÓN CORRE COS GASTOS
A pesar das dificultades que terá Carlo Allolotti para facer unha convocatoria decente, o Cabaninter cede e non quere ser culpable de adulterar a competición que manteñen os Ponis co San Románchester en busca da primeira plaza do grupo.
"Auja pasada pode estar choca, asi que por nós non hai problema. O Kaká e o Carioca terán jet privado dende a cidade herculina pra estar nas Fontiñas a tempo. Alekhan chegará en helicóptero dende O Bronllo se o tempo o permite. Solo pedíamos que o Nantón correse cos gastos e polo que vexo non haberá problema. Ganaremos o derbi, os Azules poden estar tranquilos. Todo arreglado". -declarou Allolotti a salida da reunión celebrada nas oficinas do Cabaninter-
DOUS PARTIDOS EN MENOS DE 24 HORAS !!
O fin de semana vai ser completo. O sábado derbi, e o domingo recibimos o Coristanco nas Redondas. Doble partido, doble ronda de viños..........a ver quen o explica na casa.....
7 comentarios:
Enton o resto do equipo vaiaxara en Autobus para tras o partido traslado a Taberna e logo o hotel de concentración pois xa que estan so gastos pagos hai que aproveitar
ti o que ques e vender o bus non? Jaja
ta esto moi parao carioca. Non hai derbi ou que?
Estes días non ta o conto pra derbis nin pra clásicos.....e ti tamén xa che valiu ca foto!!!...co que botamos de menos o conguito. jajajaja
A ver se quentamos motores aló pro final da semana.
¡Carioca! Aquí en Malpica estamos esperando polas "news", como "May water".
Pon o fotosó ó lume e dalle mecha!
carioca esta moi estresao porque ten que coller un voo especial dende a coruña hasta os barrios altos de cabana e ten medo do aterrizaxe
aterrizaxe do carallo pombo. Vou escanjallar o lombo todo no Fura. jajajajaj
Publicar un comentario