4-2....A TODA MECHA
Ningún home coma Penambucano resume o que pasou este domingo no Pinguel. Xa obra no noso poder esta foto sacada por unha unidade de tráfico desprazada o Pinguel, que cazou o noso flamante extremo a 300 pola banda do recinto pontecesán.......haberá que recurrir, pero a foto é clara....e ademais é reincidente...como nos quiten puntos quedamos a deber.
O CABANINTER, MAIS ENCHUFADO
Aínda que as convocatorias siguen sendo xustiñas -fallaron inesperadamente o Kun, Pombogarde e Toninho Cerezo- o equipo saíu máis enchufado o partido que os homes de Marco, e despois do tempraneiro 1-0 de Mouzo imprimimos un ritmo trepidante a un partido no que os que parecía que se xogaban algo eran os que menos tiñan que ganar, salvo a honrilla de ganar no Clásico e volver poñer terra de por medio nas estadísticas dos enfrontamentos particulares.
TÓCALA OTRA VEZ, COLLA
Xa Carioca fallara clamorosamente -qué raro- o primeiro man a man con Gerardoni Zubizarreta despois dun pase maxitral de Kaká, que tamén pudo marcar o primeiro de cabeza. Pero foi Mouzo quen adiantou a Fabada Mecánica no marcador. Carlo Allolotti, exercendo xa de novo adestrador, mirou para o banquillo e solo viu a 1 home....pero qué home!!. Cescollazo remángouse, saltou o campo, xuntouse no medio campo co Kaká, e perfectamente escoltados polo "cilindro" do Beckam do Buzaco, puxéronse a xogar e as ocasións fóronse sucedendo unha tras outra. Pellitsbarski e Juninho Penambucano facían estragos polas bandas e Mendeztzelder volvía a exercer de "xefe" dunha defensa seria. O empate chegou de penalti por mans de "Alfaro" Suárez. Transformouno Cescollazo, que tamén puxo o centro que Tanke, desgraciadamente pra Fabada, desviou a propia meta. O 3-1, xa na segunda metade, foi obra de Carioca tras unha xogada que iniciou Alekhan dende a propia área o mais puro estilo Casillas. Pellitsbarski centrou dende a esquerda e o brasileiro non tivo mais que empuxar o balón que lle da lixeira ventaxe no "pichici-churrasco", aproveitando a ausencia do Kun -xa tamos investigando pero esta ausencia vai traer cola...e mais un pequeno expediente.....-.O caso é que o Carioca ben pudo sentenciar a apuesta, pero unha falta de puntería escandalosa impedíuno -se houbese "trofeo fallón" era meu xa fai tempo-.
REACCIÓN LOCAL
A Fabada Mecánica vía escapar boa parte das súas opcións nesta Copa e intentou o arreón final. Foron uns minutos de agobio no que chegou o 2-3, obra de Paco, e mesmo puido chegar o empate. Pero o Cabaninter amenazou varias veces a contra, e nunha delas, Juninho Penambucano pisou o acelerador e plantóuse solo diante do porteiro para sentenciar o clásico. ¡Qué partido tamén de "Forrest Gump", de qué carallo estarán feitas as fibras deste home!
Gran victoria que nos sube un pouquiño a moral e que nos anima a seguir no que queda da Copa intentando polo menos deixar unha imaxe decorosa.
5 comentarios:
ahi chavales ahi! que non se diga. O Cabaninter sempre volve. Pero xojaches tan ben, ou cadroulle? jaja. Carioca, hai que poñerse as pilas e contarnos algo os domingos que nos tes en ascuas carallo! jaja
saludos, noraboa
e noraboa tamén pola decisión no tema do derbi. había moito mal pensado por ahí. chapó
Noraboa ó Cabaninter que por fin estreou o seu casilleiro, e nada menos que nun derbi. Agora a polo outro derbi este domingo!!
Graciñas, ben o tiñamos merecido, por fin saiu todo ben.
Zurdita, non me presiones que xa para dar feito algo polo medio da semana manda carallo. O domingo xa llo dedicamos de mañan o futebol e pola tarde hai que coidar da familia.....con un ollo revirado cara a Sexta, claro...
A ver se o clube se estira coas obras dos vestuarios e nos monta unha oficiniña con wifi nas redondas, así xa informamos "online" jajaja
saludos
Noraboa. Coñecida como é por todos a rivalidad entre os dous equipos esta primeira victoria, que seguro non vai a ser a última, saberavos a gloria. Como dí o refrán nunca choviu que non escampara....agora a seguir gañando e nós todos pendientes de esa disputa polo "pichichi-churrasco" a ver a quen lle toda pagalo.....aínda que non sei que será millor se pagar o churrasco ou o viño. Sorte
noraboa polo trinfo,xa mereciades ganar algun partido amigos.
desde o bergan santiago
moita sorte para o domingo.
Publicar un comentario