martes, 7 de abril de 2009

XA O DIXO H.H :CON DEZ, MELLOR QUE CON ONCE

CON UN PAR.......

O homiño da foto non é outro que o gran Helenio Herrera. Xa sabedes o que dixo unha vez. Pois eso foi o que aplicamos no campo de Os Castillos. Partidazo con sólo dez homes, con Toninho Cerezo facendo de porteiro -moi ben por certo pra non poñerse na súa vida baixo os paos-. Allovich e Ibrahiminovic sumáronse a lista de baixas a última hora e o equipo quedou en cuadro.
Foi unha lección de compromiso, pundonor e futebol de contraataque, tocando o balón con orden e sen rifar unha sola pelota. Tres clarísimas ocasións nos primeiros vinte minutos xa nos poideron poñer por diante, pero foi o S.Román o que se puxo 2-0 gracias a un fallo do porteiro de circunstancias e a un gol, o segundo, en posición dudosa do dianteiro local.
O "CORRECAMINOS" JUNINHO PENAMBUCANO....QUÉ CRACK!
Reaccionamos despois de encaixar dous goles gracias a un gol de Juninho Penambucano -qué partidazo do "correcaminos"-. O San Román marcou o terceiro pero non desistimos, e seguimos acorralando os locais con contraataques mortales. Nun deles volveu Penambucano a recortar distancias. A este home ímoslle pasar a revisión dos 150 mil kms, cambiámoslle a correa, e renovámoslle de por vida. Menudo "Figo" deixaron escapar no outro lado do Anllóns.
A EXPULSIÓN MATÓUNOS
Cando todo apuntaba o empate -xa levábamos un bo cacho merecéndoo-, chegou a absurda expulsión de Perfectouré Yayá -se se expulsase a todos os xogadores por expresións coma esa non quedaba nin dios nos campos os domingos pola mañan.En fin, pelillos a la mar-.

A partir de ahí, con nove homes no campo, Penambucano retrasado o lateral, e rotos físicamente, non foi difícil para o San Román sentenciar, aínda que o Kun puxo o terceiro de cabeza pola escuadra para deixar ben claro que, sólo as baixas e a mala sorte poideron este ano con este equipo. Por certo que o Kun recorta un goliño na apuesta do churrasco.
Noraboa os dez valientes que saíron o domingo o campo. Con ese espíritu...e un bo equipo médico, pro ano arrasamos. Agora a pasar o tempo no que queda e intentar dar algún sustiño se se pode.
BOAS VACACIÓNS A TODOS.

No hay comentarios: