jueves, 16 de abril de 2009

¡¡ ESTALA O CASO IBRAHIMINOVIC !!

JENARABRAMOVICH CARGA DURO CONTRA O BAIO


"É unha falta de respeto intolerable. Non vamos permitir que nos pise nadie. Se o queren van ter que depositar a cláusula antes das doce de mañan viernes, senón que falaran primeiro con nós.
O presidente, visiblemente cabreado cargou tamén contra o xogador e o seu representante: Se querían un retiro dorado que fose pra Qatar ou pros Galaxy co Beckam. Ese representante engañouno, a Baio non ten nada a que ir. O que lle dan alí tamén o ten aquí. Cajonocarme!! -rematou o presi-.


O presidente estalou no día de hoxe despois de conocer a noticia publicada por La Voz de Galicia acerca do fichaje do astro local polo C.D.Baio pra disputa da proxima Copa da Costa. O axente do xogador, Manolo Lailo, dixo esta tarde na radio local Ondiñas Veñen...e van que o Cabaninter conocía as negociacións do xogador co equipo baiés, aínda que esto está sin confirmar. Sen embargo nas Redondas pénsase que é unha maniobra dos baieses pra incorporar o crack os veteranos mediante un fichaje-puente no equipo profesional.

O CABANINTER REMITE O C.D. BAIO A CLÁUSULA
O certo é que, en caso de que o Cabaninter non acceda a negociar, como así parece, Ibrahiminovic non terá mais remedio que depositar a cláusula antes do remate do plazo -mañan as 00:00 horas- se quere obter o transfer. Dous barriles de tintorro de 500 litros, 74 ristras de chorizo, 1 camión de zahorra e dous pares de playeros Crube Turbo separan nestes momentos o xogador do seu soño se xogar un ano máis nun equipo profesional.

O KUN, NA PICOTA, INTERMEDIA NO CASO

O Kun, máximo valedor da fichaxe do dianteiro, e polo tanto o home forte na negociación da súa incorporación fixo esta tarde un descansiño pra teléfonear o presidente explicando a súa versión do asunto. "Eu fixen o que puden, intentaremos polo menos que sea unha cesión ou un traspaso con opción de recompra. Ibrahiminovic busca novos retos e o mundial está a volta da esquina. Eche o que hai" "Non é certo que esté afectado pola presión de quedar fora da aposta polo churrasco, ese é un tema que Carioca e mais eu xa lle aclaramos no seu día".


O XOGADOR GARDA SILENCIO

A espera de declaracións do xogador ou do seu representante, este medio pudo saber que o xogador está abatido polo discurrir dos acontecementos. A mala campaña do equipo pudo ser clave na súa decisión, aínda que tamén se rumorea que o presidente do Baio puxo sobre a mesa unha oferta irrechazable.
Mañan espérase unha rolda de prensa de Ibrahiminovic e as próximas 24 horas serán claves no discurrir dos acontecementos.....estaremos atentos.

2 comentarios:

txpngz dijo...

Boas
Calquera non o fichaba, parece ser que lle van deixar ter unha pequena ventaxa, non hai máis que mirar para a foto que sae coa noticia en La Voz de Gallcia

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/04/15/0003_7652710.htm

Se lle deixan ir co cohe non hai quen o joda, jajaja. Saúdos para tod@s.
Huntelaar.

CARIOCA dijo...

a verdá é que a noticia non a ilustraron moi acertadamente, non. jaja