jueves, 23 de abril de 2009

Fumata blanca entre Baio e Cabaninter

ACORDO POR IBRAHIMINOVIC
O Cabaninter e o Baio alcanzaron hoxe un acordo para a cesión do crack Ibrahiminovic . Finalmente Jenarabramovich conseguiu que o CD Baio aceptase unha cesión, co cal o xogador voltará a lucir o 19 do Cabaninter na vindeira temporada.



A foto corresponde a hoxe mismo, no momento en que o Tesorero do clube recepcionaba o carjamento de billetes chejados desde Baio. Pelittbarski revisou un por un os billetes nas oficinas do clube. "Temos pasta pa fichar a Buyo, Maceda, Bustingorri, Cortabarría e Pizo Gómez se fai falta. Queda aprobada desde hoxe unha partida presupuestaria pra unha encherola que faja temblar os ministerios" -declarou o tesorero-.


A CAMBIO, CESIÓN DA HORMIJONERA DO BAIO

O equipo cabanés consigue ademais a cesión, mentras o crack non volva, da Hormijonera Oficial do equipo Baiés, que servirá pras obras de reforma dos vestiarios das Redondas, que se inician en breve.

Hoxe mismo poidemos ver a dous membros do equipo probando o aparello cedido polo Baio mentras o experto na materia, o Kun, supervisaba o funcionamento, o cal lle dou o visto bueno. "Pode valer, con esto creo que imos facer eses vestuarios cajando ostias. Ahora ben, hai que rezar pra que o Baio non quede eliminado as primeiras de cambio senón non vai dar tempo nin de botar o tellado, e manda carallo facer a masa a man despois" -declarou o Kun o remate das probas técnicas".



IBRAHIMINOVIC, FELIZ CO ACORDO

O xogador foi despedido hoxe na "sede do clube", -osea, onde matamola sede, no Paris-, polo secretario do equipo que lle desexou sorte, "Esperemos que volvas pronto..osea..ay non!, quería decir que chejes a final e despois que volvas...."

"Creo que é un bo acordo pra todos. Pro ano volvo e gracias a este traspaso faremos un equipazo e teremos uns vestuarios de categoría. Tranquilos que o Baio irá pasando rondas e dará tempo a acabar a obra antes de devolver a hormijonera". "Pouco quedaba por facer aquí este ano e así deixo o Kun e o Carioca tranquilos coa sua loita polo pichichi-churrasco. Que nadie tire a zamarra co 19, que volvo"

No hay comentarios: