O DERBI DISPUTARÁSE O SÁBADO 9 DE MAIO AS 18:00 HORAS


Ningún home coma Penambucano resume o que pasou este domingo no Pinguel. Xa obra no noso poder esta foto sacada por unha unidade de tráfico desprazada o Pinguel, que cazou o noso flamante extremo a 300 pola banda do recinto pontecesán.......haberá que recurrir, pero a foto é clara....e ademais é reincidente...como nos quiten puntos quedamos a deber.
Xa Carioca fallara clamorosamente -qué raro- o primeiro man a man con Gerardoni Zubizarreta despois dun pase maxitral de Kaká, que tamén pudo marcar o primeiro de cabeza. Pero foi Mouzo quen adiantou a Fabada Mecánica no marcador. Carlo Allolotti, exercendo xa de novo adestrador, mirou para o banquillo e solo viu a 1 home....pero qué home!!. Cescollazo remángouse, saltou o campo, xuntouse no medio campo co Kaká, e perfectamente escoltados polo "cilindro" do Beckam do Buzaco, puxéronse a xogar e as ocasións fóronse sucedendo unha tras outra. Pellitsbarski e Juninho Penambucano facían estragos polas bandas e Mendeztzelder volvía a exercer de "xefe" dunha defensa seria. O empate chegou de penalti por mans de "Alfaro" Suárez. Transformouno Cescollazo, que tamén puxo o centro que Tanke, desgraciadamente pra Fabada, desviou a propia meta. O 3-1, xa na segunda metade, foi obra de Carioca tras unha xogada que iniciou Alekhan dende a propia área o mais puro estilo Casillas. Pellitsbarski centrou dende a esquerda e o brasileiro non tivo mais que empuxar o balón que lle da lixeira ventaxe no "pichici-churrasco", aproveitando a ausencia do Kun -xa tamos investigando pero esta ausencia vai traer cola...e mais un pequeno expediente.....-.O caso é que o Carioca ben pudo sentenciar a apuesta, pero unha falta de puntería escandalosa impedíuno -se houbese "trofeo fallón" era meu xa fai tempo-.A baixa definitiva de Ibrahiminovic deixa a dianteira en mans da dupla Carioca-Kun, que siguen a súa loita por ser o pichichi do equipo e evitar pagar a churrascada pra todo o equipo. Os dous "pistoleros" batiránse en duelo pra intentar fusilar o gardamallas da Fabada Mecánica, aínda que os rumores últimamente apuntan que a ningún lle interesa ganar, posto que o que gane poñerá o viño da churrascada.........e xa se sabe o que pode pasar..... "Terá que ser tintorro a jranel e ben rebaixado de auja, porque a estes non hai quen os encha"-declarou Carioca acerca do asunto. "Eu díxeno así entre dentes, pero estes cabróns colleron a palabra rápidamente, foi un error jarrafal" -dixo o Kun o respecto-.
Volve o Clásico e eso é sinónimo de espectáculo. As 124 visitas que ten este blog rexistradas ata as sete da tarde de hoxe demostran que a xente xa está pendiente do partidazo.
Nada que perder e moito que ganar para o Cabaninter, toda a presión para os homes de Marco Van Basten.......como dirían na F1: si parpadean....se lo van a perder.


ido hoxe na "sede do clube", -osea, onde matamola sede, no Paris-, polo secretario do equipo que lle desexou sorte, "Esperemos que volvas pronto..osea..ay non!, quería decir que chejes a final e despois que volvas...." DO 0-2 A DERROTA FINAL
Empezamos ben, desconocidos, tocando, presionando, xogando calados!!.....irreconocibles, vamos. O primeiro gol foi de falta directa de Mendeztzelder -por fin volveu o Kaiser da defensa-, e o segundo do Kun tras aproveitar un rechace dun tiro do Carioca -servíulle o empate na apuesta en bandexa-. A partir de ahí, a pintar a mona e deixar que nos remontasen. O Kun igualou o 3-2 que puxera Añon no marcador, Richard marcou o cuarto local e o Kun de novo e Carioca por dúas veces desperdiciaron a ocasión de polo menos puntuar.


ENTRENANDO NA OFICINA
Pois mentras non se desaten novas bombas informativas, aquí vos deixo un vídeo que nos facilitou a empresa colaboradora do blog Chalán Entertainment que seguro que a mais de un o vai a animar a "entrenar" un pouco na oficina mentras non volven os domingos fuboleros, que xa están a volta da esquina. O tipo é un crack, sobre todo no "control final do esférico".....
Aproveito pra saludar os compañeiros do Bergan da liga de Santiago. Xa vos teño tamén na lista de enlaces, como debe ser. Un saúdo.
n é outro que o gran Helenio Herrera. Xa sabedes o que dixo unha vez. Pois eso foi o que aplicamos no campo de Os Castillos. Partidazo con sólo dez homes, con Toninho Cerezo facendo de porteiro -moi ben por certo pra non poñerse na súa vida baixo os paos-. Allovich e Ibrahiminovic sumáronse a lista de baixas a última hora e o equipo quedou en cuadro.
SAN ROMÁN-CABANINTER. 11:00 Os CastillosZizou Moreno e Martin Petrov únense a lista de lesionados onde xa están Albertotti, Mendeztzelder e Pombogarde. Cescollazo é duda tamén por un golpe no partido de Coristanco e Pellitsbarski é baixa por sanción.
