
O noso desexo é que a liga siga sendo un bo motivo para encontrarnos todos os domingos nos campos e nas tabernas e que este invento dos blogs sexa a mellor maneira de rirnos de todo o que pasa entre nós

DERBI CABANÉS NO EXILIO
Hoxe saimos rumbo a Baio para disputar o primeiro derbi Cabanés da historia xogado fóra de Cabana. O Nantón, lider indiscutible do campeonato, non sabe o que é perder este ano, solo pinchou en tres empates, é o máximo goleador do campeonato e o segundo equipo que menos goles encaixa.
O Cabaninter preséntase en Baio despois de patinar na casa co Buño no que foi a nosa segunda derrota este ano. 10 puntos nos separan do lider. No encontro das Redondas o partido acabou en tablas. Nadie da un peso por nós para este partido, pero como dí Raúl Madrí: "con esta camiseta non se sale a perder en ningún lado...."
A FALTA DE AUTOBÚS....BOS SERÁN OS LADRILLOS
Luisemburgo ten claro que hai que encaixar menos goles (temos 26 en contra), e coa colaboración de Construcciones Kun, imos tabiquar a portería do Platas Reinoso.
Como podedes ver neste video, o noso Staff Logístico xa está desplazando o material para o seu desembarco a través o Rio Grande.
DESPLAZAMENTO MASIVO DA AFICIÓN EN TREN
O tren de cercanías RONCADOIRO EXPRESS leva todo o día carrexando xente cara a estación da Cacharoza. Cabana vai quedar vacía este domingo...e as potas de callos de Casa Cruz tamén.
A directiva do clube reacciona os comentarios de "El Follonero", "Defensa Cativo" e outros anónimos, desaparecidos, chupópteros, abrazafarolas e correlametraserillos -que diría o gran García-.
A pista de Carballo foi o escenario elexido polo xogador pra patinar...digo, pra arrastrarse
2-4. PATINAZO!
CHEGA A "TORTURA APACHE"
| De Cocido en Casa Arpón |


contraataque no que resolveu man a man co porteiro e a partir de ahí estivemos a merced dun Camariñas que con 10 logrou marcar o 2-3 faltando dez minutos e achuchou o mais puro estilo Atlhetic de Bilbao na búsqueda do empate. Poidemos aguantar e celebramos unha victoria moi valiosa nun campo difícil.
DEMOLEDOR "INFORME J.L." 
Volta as andadas. O Baiolimpyque adiantóuse 0-1, e outra vez a remolque. Remontamos con dous goles de Lilowen antes do descanso (2-1). Pero na segunda, outra vez de relax, e os visitantes conseguiron o empate mediada a segunda parte. Faltando un cuarto de hora, un penalti claro sobre Ibrahiminovic que transformou Kaká poñendo o 3-2 definitivo.
A directiva anda preocupada pola nosa saúde. Asi que, onte comenzou a acompañarnos o Dr.José Luis, o noso "Dr. Corral" particular. | Aqueles maravillosos anos |

QUÉ VEN NOS QUEDA A FOLLIÑA!!
aciñas Oscar, celebrarémolo bebendo moito Marqués......non nos costará moito...
un, Lilowen e Kaká, e empezou un asedio constante sobre a portería dos visitantes coa magistral dirección de Kaká e Ibrahiminovic -¡qué bueno que viniste, crack!-. Dous goles do crack -un de penalti cometido sobre o Kun- e un do Carioca -man?, que man?...- sellaron a remontada. O quinto chegou na recta final e redondeaba unha festa que 20 minutos antes nin se soñaba. E mesmo poideron ser mais, xa que Undiano Ramallenco anulou dous goles, un de Ibrahiminovic e outro de Carioca.Gran partido nas Redondas, con exquisita deportividade por ambas bandos.
SINDROME ROJIBLANCO
Partido pra olvidar. O final veu o Kun, e debeu ser que nos contagiou do espíritu rojiblanco do Camp Nou, que cando nos demos conta xa empezara o partido e nós aínda tábamos no París tomando o café. A primeira parte que fixemos foi lamentable.
O DESCANSO, CON 2-0
O 1-0, obra de Gabín foi un trallazo inapelable de fora da área. Felipe encargouse do segundo gol -en clarísimo fora de xogo-
ASEDIO SIN PREMIO
O asedio da segunda metade non nos valeu de nada, e unha tras unha fomos fallando todas as ocasións que se presentaron, mentras o Zas nos mataba a contra. Felipe marcou o terceiro, o Kun recortou con un golazo desde o pico da área grande e Felipe de novo rematounos co cuarto -tras levarse o balón coa man-.
Notóuse un pouco a falta do "killer" Ibrahiminovic -o clube xa abreu unha investigación acerca da espantada-.
PILLADOS
O certo é que a nosa caraja do primeiro tempo tamén axudou que dos 4 goles do Zas, 2 fosen "obra" de Pillo. Non vale dicir eso de "non o vin", precisamente o colexiado está para velo. O único que non hai que achacarlle a Pillo é maldade ou prepotencia, ata incluso reconociu non haber visto as dúas xogadas e pediu disculpas, pero hai que pedirlle máis atención o xogo.
O DOMINGO VEN O CAMPEÓN
Borrónn e conta nova. A pensar no Bertottenham, que anda en horas baixas......a ver se non resucita nas Redondas.
ZAS - CABANINTER. San Andrés. 11:00. Arbitra Pillo
Mañan subimos a Zas en busca dos 3 puntos que nos permitan seguir na pomada. Sin Alekhan -choiando-, sin Mendeztzelder -sancionado- nin Allovich -lesionado-.
Esta semana entrenamos no Juntón pra adaptarnos a altitude e que San Andrés non se nos faja moi pesado.
NOVO SISTEMA DE ENTRENAMIENTO CON APARATOS
Estes días estrenamos o novo gimnasio. Aquí vos deixo un vídeo de mostra do novo aparato.....inda que o primeiro día cóstanos collerlle o tranquillo.....normal
las visitante. Isidrurizar Azpitarte anulou despois un gol o Kun por suposto fora de xogo -¿por qué Isidriño?...por qué!!!!- e non veu un penalti sobre Pelittsbarski. En fin, cousiñas do futebol. UN VIDEO..CON RETRASO.
Aqui vos deixo un fragmentiño do partido que ganamos o Buño 1-2, pra que vexades que ben nos senta o neroazzurri.
