Outro susto nas Redondas.....e xa non sei cantos van. Chega o colista, que nunca ganara este ano, que sólo marcara 10 goles......e pónse 0-2. Outro expediente X na herba de mentira da Urixeira.
Hai que dicir tamén que por xogo e ocasións ben poidemos ir ganando antes de todo eso, pero claro, hai que metela...
DOBLE FALLO INCREÍBLE E REMONTADA
Con 0-2, e a segunda parte empezada, dous dianteiros do Canceslautern plántanse solos diante do Jato, o primeiro remate vai o pau e o segundo, a porta vacía, vai por fora!!!, e tamén o Jato da Trabe acababa de sacar unha co pé "a boca de jarro". De partido finiquitado pasamos a remontada.,
O Kaká estrenaba unha flamantes "chirucas" blancas, e recién chegado do seu stage nas Canarias, saltou o campo das Redondas pra asociarse a Cescollazo e impartir unha clase maxistral.
Martin Petrov marcou o 1-2 e moi pronto o Kun o 2-2 despois dun pase do Kaká o máis puro estilo Guti. O 3-2 marcouno Cescollazo resolvendo na área a media volta, e redondeou a conta o Kaká culminando de cabeza unha gran xogada do equipo.
Outra vez tuvemos que acudir o xa famoso "Arréon Final das Redondas" para ganar o partido e non perder o tren de cabeza. A este paso a "cafenitrina" do botiquín vai durar pouco...
NO COCIDO, VICTORIA POR GOLEADA
Despois do partido fomos indo cara Seaia, a papar un cocidiño en Casa Arpón (altamente recomendable, pola calidade do papeo, pero sobre todo polo trato recibido: espectacular!! levamos jalletiñas pra casa e todo).
Aquí tendes todas as fotos da encherola:
De Cocido en Casa Arpón |
5 comentarios:
Estou empezando a non creerme nada disto. E veña remontada, e veña remontada, ... e dalle outra ves, ¿non serán moitas remontadas de última hora xuntas?
O que ben me creo é o das encherolas ehh.
amigo Quito, hai cousas ke sólo se poden vivir nas redondas. O Arreon Final xa é algo así coma oh Medo Escenico de Chamartin. Empeza a vibrar o Frente Urixeira ,arrichanse os pelos, tembla o rival....indescriptible meu
Empeza a vibrar,arrichanse os pelos,tembla....¿e o rival?,non....e a camarera vendovos comer......jajajajajja
caraaallo como lle dades o marisco do cortello..
Pra Arreón final o que levou ese cocido. Gran descubrimento de sitio, ten boa pinta, ten.
Publicar un comentario