sábado, 13 de diciembre de 2008

COMENZOU O DESPLAZAMENTO A BAIO

DERBI CABANÉS NO EXILIO

Hoxe saimos rumbo a Baio para disputar o primeiro derbi Cabanés da historia xogado fóra de Cabana. O Nantón, lider indiscutible do campeonato, non sabe o que é perder este ano, solo pinchou en tres empates, é o máximo goleador do campeonato e o segundo equipo que menos goles encaixa.

O Cabaninter preséntase en Baio despois de patinar na casa co Buño no que foi a nosa segunda derrota este ano. 10 puntos nos separan do lider. No encontro das Redondas o partido acabou en tablas. Nadie da un peso por nós para este partido, pero como dí Raúl Madrí: "con esta camiseta non se sale a perder en ningún lado...."

A FALTA DE AUTOBÚS....BOS SERÁN OS LADRILLOS

Luisemburgo ten claro que hai que encaixar menos goles (temos 26 en contra), e coa colaboración de Construcciones Kun, imos tabiquar a portería do Platas Reinoso.

Como podedes ver neste video, o noso Staff Logístico xa está desplazando o material para o seu desembarco a través o Rio Grande.

DESPLAZAMENTO MASIVO DA AFICIÓN EN TREN

O tren de cercanías RONCADOIRO EXPRESS leva todo o día carrexando xente cara a estación da Cacharoza. Cabana vai quedar vacía este domingo...e as potas de callos de Casa Cruz tamén.

No hay comentarios: