martes, 30 de septiembre de 2008

1-1...NIN PA TÍ NIN PA MIN




O derbi acabou en empate.Adiantóuse o Nantón tras un "pequeno fallo" do Jato e empatou Ibrahiminovic -segundo consecutivo- nun saque de falta que acompañou a sorte o dar na barreira e engañar o jardamallas visitante. Isidrurizar Azpitarte anulou despois un gol o Kun por suposto fora de xogo -¿por qué Isidriño?...por qué!!!!- e non veu un penalti sobre Pelittsbarski. En fin, cousiñas do futebol.
CABANA CALIDADE
O certo é que vimos un partidazo nas Redondas con dous equipos que quixeron xogar -e xogaron- un futebol bonito de toque. Pudo ganar calquera, Lilowen fallou dúas claras, Carioca outras dúas, o Kun...., o Nantón mandou dous balóns o pau....futebol intenso e moitas ocasións.
DERBI CO MACHETE BAIXADO
No resto, derbi sin tensión, ijual veu moi pronto este ano. Nin bengalas, nin follón, nin avalanchas......pfff, moi sosete, ata acabamos xuntos no París tomando os viños..........tanta deportividá e tanto carallo...jejeje.
Bromas aparte hai que destacar o bo rollo que houbo entre os dous equipos -ijual a presencia das dúas autoridades locais nos acojonou a todos- e o gran futebol que se viu. Sejimos ahí na pomada, sin conocer a derrota e emparelladiños coa Fabada Mecánica mirando de reollo o Clásico do 19-0.
O DOMINGO, O ZAS
O domingo visitamos ó Zas, que anda en horas baixas........non vaia tolear e resucitar contra nós.

UN VIDEO..CON RETRASO.

Aqui vos deixo un fragmentiño do partido que ganamos o Buño 1-2, pra que vexades que ben nos senta o neroazzurri.


11 comentarios:

CARIOCA dijo...

Perdonade o retraso da informaÇao, pero o clube non me injresara a nómina deste mes e estaba a espetativa por se tiña que poñerme en folja.....

Anónimo dijo...

carallo, que jrande é o Ibrahiminovic ese..!!

txpngz dijo...

Noraboa polo Blog, tedes un humor de carallo. Ahí vos deixo a dirección do noso por se queredes facer un enlace. Saúdos.
http://independientecarballo.blogspot.com/

CARIOCA dijo...

ta feito. Visitarémosvos a menudo. Xa lojo imos ter que facer unha liga de blogs..

O renqueante dijo...

tamén vos mandamos un saudo desde Malpica e de paso decirvos que xa temos blog "www.malpicaveteranos.blogspot.com". está en pañales todavía pero xa intentaremos poñernos ao día.

CARIOCA dijo...

Benvidos. Sei de boa tinta que a Marajota Mecánica vai dar moito xojo no mundo cibernético. Tendes un crack do fotoshop, e eso é coma ter a ronaldinho...antes de descubrir a nuite catalana...jeje.
Xa temos o enlace activo a Marajota Mecánica.

O renqueante dijo...

gracias por todo. tí tamén eres un crack. esperamos a tua axuda para poñer ao día a imaxe do blog.

Anónimo dijo...

SEÑORES ¡¡¡

o comité reflexa os máximos goleadoes na sua paxina, como podedes observar con un gol so aparecen os do Bergantiños....

E logo os dos outros equipos non contan ou que??

Anónimo dijo...

amigo, sempre houbo todopoderosos...jeje

CARIOCA dijo...

hai que pensar que foi o orden alfabético...non?..eu que sei. A min dame ijual porque non marquei nin o primeiro, jeje. A ver cando fan a lista das ocasións falladas, que nesa vou arrasar..

Anónimo dijo...

foder con vos ¡¡¡¡
vaivos pasar como os do depor (e digo polos dous) con tal de ganarlle o madrid xa está feito...a vos parece que vos pasa igual (repito polo dous).

Pero bueno que se vexa un bo partido e sobre todo que reine a deportividade.