jueves, 13 de agosto de 2009

ADIÓS, MÍSTER

Outra entrada triste para este blog. Quixéramos non escribir nunca deste xeito, pero parece que últimamente é o que toca.

Hoxe finou Chicho, tras unha dura enfermidade. Para nós era e será "Del Bosque". Foi o primeiro entrenador dos veteranos do Cabaninter, un home que compartíu con nós moitos e moi agradables momentos de lecer e un dos culpables de que esto se puxese en marcha.

Váise un home de futbol, do futbol da Costa. Xogou no Ponteceso, cando aínda o Cabana se andaba cocendo. Entrenou o Ponteceso, o Cabana e a aquel histórico Soneira. O seu último contacto co banquillo foi con nós, nos veteranos. Vivía o banquillo coma nadie, seguía pensando que había que ganar, sempre ganar. Con él celebramos o noso único título, naquela primeira edición da Copa.

Escollín esta foto, de moitas que temos -él foi un dos personaxes principais daquel primeiro Marcabana- porque foi un día do que gardamos gran recordo. Foi na I Festa dos Veteranos do Cabana. Pasámolo en grande. Disfrutaba coma un neno das nosas caralladas.

Alá onde vaia terá que haber un dominó, unha baraxa de cartas.....e o Marca, que non falte o Marca.

Faremos algo para que a súa memoria perdure na familia fubolera de Cabana, a que tanto tempo lle adicou.

Adiós Mister, D.E.P.

4 comentarios:

O renqueante dijo...

Descanse en paz o amigo Chicho. As nosas condolencias a sua familia e a familia cabanesa.

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

AS NOSAS CONDOLENCIAS A TODA FAMILIA CABANESA E EN ESPECIAL A FAMILIA.

D.E.P.

edu dijo...

DE PARTE DOS VETERANOS DE NANTON O NOSO MAIS SENTIDO PESAME PARA A FAMILIA E PARA OS COMPAÑEIROS E AMIGOS DO CABANA...

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Como non podia ser doutro xeito, toda a familia do Xuventude de Cances mostra o máis sincero pésame a familia de Chicho e compañeiros do Cabana. Por razóns que non veñen ao caso acabo de enterarme, pero iso no é óbice para que todos nós mostremos a nosa solidaridade coa familia e compañeiros. D.E.P, Chicho. Ojalá non teñamos que volver a escribir en moito tempo sobre estas noticias tan luctuosas que nos están a asolar. Ánimo a familia e aos compañeiros de Cabana.