Estamos de volta. Volve a actividade fubolera, e tamén a furrular o blog.
O primeiro que queremos facer e darvos as gracias os que vos acordáchedes de Chicho e do Cabana estes días. Esto demostra que en casos coma este, o igual que pasou co compañeiro Facal de Cances, o futebol da costa é un nexo de unión entre todos, independientemente da rivalidade.
.
EN MARCHA O I MEMORIAL CHICHO
Aproveito para informarvos que está en marcha o I MEMORIAL CHICHO, que será o vindeiro 13 de setembro as 11:00 horas no campo de As Redondas. Disputaremos un amistoso co Ponteceso, coa Fabada Mecánica, a quen damos públicamente as gracias por poñerse a nosa disposición dende o primeiro momento. Ponteceso e Cabana foron os dous equipos da alma de "Del Bosque", e por elo pensamos que debíamos rendirlle homenaxe. Invitamos a todos os que xogaron con él ou estiveron as súas órdenes nalgún momento, a que participen con nós e se vistan de corto entremezclados con calquera dos dous equipos.
Fixemos unha petición o Comité para que non haxa problema de incompatibilidade de datas, e desexamos por tanto que a liga empeze este ano unha xornada mais tarde para que poidamos levar a cabo este acto sin entorpecer a competición.
.
De entre os mensaxes que nos chegaron, quero publicar este que vou transcribir co permiso do autor. É un recordo de dous momentos históricos de Chicho como xogador do Ponteceso:
.
"Con profundo pesar, escribo estas líñas ante o falecemento de Chicho, para expresar o meu máis sentido pésame a súa familia e a todos os compoñentes do Cabana.
¡Cantos gratos recordos gardo de ese xogador de futbol que o dou todo polos seus dous equipos da alma, Ponteceso e Cabana. E como non, da súa última etapa sendo adestrador do Cabana Veteranos¡.
.
NO PONTECESO DE DAVID VIDAL
Aínda permanece na miña mente aquel 10 de Agosto de 1968, sendo Chicho xogador do Ponteceso, no que tiña coma compañeiro de equipo ó que hoxe é un famoso adestrador de futbol: DAVID VIDAL.
Estes eran os compoñentes daquel equipo:
CHIÑO,PICOTA,DAVID VIDAL,PERISCAL,CHICHO,M.COSTA,VERDES,FERRO,CHENCHO,MORILLA Y MUÑIZ.
.
A FINAL DO 71
Pero se algo se me quedou grabado de verdade, foi o 17 de outubro de 1971 , na Final da Copa da Costa, partido de volta entre Ponteceso e Carnota. Neste partido, o gran capitán do Ponteceso, CHICHO, despois de dalo todo no campo, e véndose Campeón de Copa, no último minuto de xogo, ve como o Carnota logra o empate a 1-1 en claro fora de xogo de Domingo, xogador do Carnota. As protestas do Capitán Chicho e do porteiro do Ponteceso, Mato Pet, non valeron de nada, xa que o árbitro, Ramos Nino, pitou o final e o vestuario. Houbo invasión de campo, gardia civil,.... e nunca vira a un xogador chorar de impotencia como vin aquel día o Capitán Chicho por culpa daquela Copa que lle quitou o árbitro.

A entrega desta Copa merecería todo un apartado...."
.
EN MEMORIA DE CHICHO. D.E.P
Modesto Parga.
EN MEMORIA DE CHICHO. D.E.P
Modesto Parga.
.
...Gracias, Modesto. Chapeau.
No hay comentarios:
Publicar un comentario