lunes, 6 de julio de 2009

ADIÓS A UN AMIGO

Hoxe despedimos a FACAL. Escollín esta foto onde comparte comellada cos seus amigos da peña da chave de Cances porque así era José Luis: un excelente tipo, amigo dos seus amigos.

No campo de fútbol, cando saltaba a chispa, era o primeiro en decir eso de: "tranquilos¡, esto é para pasalo ben".....un conciliador, unha boa persoa.

Quedámonos co seu recordo para sempre a través desta entrada e enviámoslle dende aqui o noso mais sentido pésame a súa familia e os seus compañeiros de Cances.
Facal non se foi, o que pasou foi que NO CEO FICHARON UN CRACK.
Ata sempre amigo.

No hay comentarios: