Volve "O Tanque de Cesullas". Allolotti tiña un as na manga. O tanque xa fixera un intento no primeiro ano da liga de veteranos, pero a mala sorte fixo que se lesionara no seu primeiro partido. Agora volve para quedarse e ocupar esa banda dereita que tantas veces corriu coa camiseta "neroazzurri". Firma un contrato vitalicio e retirarase con esta camiseta. Benvido tanque.
¿SUSTITUTO DE PENAMBUCANO?
O asunto é que o Cabaninter cúrase en saúde ante un novo "Caso Penambucano". A Fabada Mecánica volve as andadas e tocou o xogador este vran aproveitando as vacacións do carrileiro polas terras de Pondal. Fontes ben informadas falan de unha reunión no "Canasteves Eurobuilding" entre a directiva de Can Pinguel e o xogador.

Allolotti confirma o caso:
"A banda dereita queda cuberta con un crack por si acaso"
"Marco Van Basten falou conmigo pero a oferta da Fabada chega tarde, falaron primeiro co xogador e eso é intolerable"
"A cláusula está ahi. Non haberá negociación. O xogador tiña que presentarse na Pedra Queimada e non apareceu, é un caso claro de rebeldía".
O amistoso do domingo non peligra, pero o certo é que a directiva do Cabaninter espera unha explicación dos seus homónimos do Pinguel. Os antecedentes de Gerardoni Zubizarreta, Alfaro Suárez e Ratkovic están ahí e Allolotti é claro: "Parece que esta camiseta fai os xogadores mellores. É un asunto a analizar".
No hay comentarios:
Publicar un comentario