lunes, 9 de noviembre de 2009

EMIL KOSTADINOV, O RESCATE DE ALLOLOTTI

Foi a última incorporación do flamante Cabaninter deste ano. Unha aposta personal do mister. O domingo o "búlgaro" respondiu a confianza do mister e converteuse no home clave do partido. Dous goles que avalan o "tanque de Cesullas" e que manteñen o Cabaninter na estela dos tres de arriba, plenamente recuperados da "Festa das Fabas".

PRIMEIRA PARTE BORDADA
Foi unha primeira parte perfecta, ben xogada, con contínuos ataques. Pelittsbarski dominou a banda o seu antoxo e o Cabaninter chegou o descanso mandando no marcador 0-2 con goles de Ibrahiminovic -xa loita polo pichichi- e Kostadinov.

.....BO ARRANQUE DA SEGUNDA.....E NOVA PÁXARA
Kostadinov marcou o 0-3 no arranque da segunda, e o partido parecía sentenciado. Peero...."capaces de lo mejor y lo peor"....o equipo volveu a rozar a cagada. O Bertotenham acortou distancias ata poñerse 2-3 no marcador e mesmo tuvo serias opcións de voltealo con varias ocasións, entre elas un disparo o traveseiro. Menos mal que apareceu Albertotti, o "dandy", que marcou un gol de saque directo de córner e sentenciou un partido que tiñamos que ganar si ou sí.

OS TRES DE ARRIBA NON SABEN O QUE É PERDER
Seguimos a 6 do líder e a 4 dos perseguidores. Berganchester City, Os Ponis e o S.Románchester United non fallan e non coñecen a derrota en 8 partidos. O domingo ganaron os seus partidos con solvencia e son xa favoritos na disputa do título de liga este ano.
O domingo visítanos o S.Román, que ven de vapulear 0-3 a Fabada Mecánica en Can Pinguel.
Primeiro asalto para poder ser "aspirantes" a algo este ano.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Donde se pode conseguir o cromo de Kostadinof?.jajajaj que bó,xa non sei se é o kostadinov bulgaro ou o de cabaninter. Ollo o domingo que tendes un oso moi duro de roer.

J.Penambucano dijo...

Vendo a racha que levades xa me da medo ir xogar, a ver si vou ser eu o ¡¡jafe!!. A seguir así. Noraboa compañeiros

CARIOCA dijo...

Boas "Correcaminos". Xa ves que o "búlgaro" quere botarte o olvido. Supoño que seguirás o "plan específico" non? jajaja. Saludos. E vai vindo que veñen ahora as curvas. Esa "velocidá punta" vennos que nin pintada po tramo duro.

CARIOCA dijo...

Anónimo, o cromo de Kostadinov sale o sábado ca SuperPop e non se descarta a súa entrada nos Phoskitos. jaja E que o chaval é moi fotohigiénico

CARIOCA dijo...

Por certo. Un saludo público a POMBOGARDE que tamén pasou a lista de lisiados que encabeza o Kun. Fisura no lombo, ten pra unhas semaniñas. Ánimo, e aparta dos bocadillos que tas enjordando moito.

r12 dijo...

quen é o peluquero? que laca usa kostadinov? son preguntas que a aficion quere saber.
jajajajja moi bo
este blog e a puta ostiaaa!!

Ei Neaño dijo...

Concentrarse po domingo, que veñem os azules!!!!
Hay que ganar!!!!!churrripitichurritracatraaaa!!!!

Zurditadeoro dijo...

Eu tamén quero conocer ese peluquerooooo!!! jajaja que bó carioca, coma sempre. Viches que esta semana a marajota dache cera?...a qué esperas para contraatacar carallo!
Sorte o domingo co san román. Dura proba.

CARIOCA dijo...

A ver se me da tempo a acabar o "informe" que vai acabar con ese bulo, unha falacia dese blog sin escrúpulos......intentan tapar un escándalo propio....xa veredes....os cimentos da Marajota Mecánica van temblar....jajaja

Anónimo dijo...

Duelo de "fotoshoperos"....eso promete. Noraboa polo blog e sorte o domingo