Si, si, o que oides. Xa sei que está lesionado, ademais pra tempo porque o pobre encima van ter que operalo porque o "cruzado" está tocado tamén, pero o Kun non está disposto a estar inactivo e "voltou" para ser decisivo. Esta é a historia.
2-1.A CRÓNICA DA PRIMEIRA DERROTA DO S.ROMÁNCHESTER UNITED NESTA LIGA.
O Cabaninter saiu As Redondas entregado 100% o partido. Concentrados. Dominando de cabo a rabo. O 1-0 de Lilowen na primeira metade facía xustiza o xogo desplegado por ambos equipos. Na segunda parte, o único fallo defensivo -O Jato dudou na salida- e o dianteiro do S.Románchester roubou a carteira para empatar. Pero o Cabaninter seguía sendo o dono do partido e Pellitsbarski facendo de Abreu. Froito de tanto dominio chegou o 2-1, obra de Ibrahiminovic -golazo dende a frontal-.
Victoria xusta e merecida que nos mantén arriba, agora a 1 so punto dos "azuis" e a 4 dos Ponis, que non fallaron e son claros favoritos a revalidar titulo. A suspensión do Berganchester City - Fabada Mecánica manténnos a 3 puntos dos de Carballo, confiando en que cando se reanude ese partido os veciños den a campanada.
"POR UN PUÑADO DE PINCHOS".
A intrahistoria.
Todo empezou o fin de semana pasado. Este medio "cazou" a conversación que aquí transcribimos entre o Kun e o Carioca, ambos serían baixa para o trascendental choque ante os "azuis" e o Kun quería axudar, pero non sabía como......
O SOPLO
Aquelo quedou coma se fose unha intención, un "o mellor"...."secadra..."......pero o Carioca faltóulle tempo para filtrar a conversación o vestiario......e ahí escarallóuse o conto.
O Kun presenciou o partido caladiño, dubitativo, animando pero conténdose.....pero todos o sabían...e notábase no ambiente. O dominio era patente, a concentración absoluta, todos a unha....¿qué pasa aquí? -pensou o Kun-...."estes saben o conto! panda de estómajos ajradecidos!".....solo quedaba descolgar o teléfono: "Jovita, son o Kun....pinchos pra esta banda"
"Oido cocinaaaa!!!"
O Carioca, dende o seu retiro entre termómetros, kleenex e Frenadol esperaba o ansiado SMS:
"Carioca, ganamos 2-1, partidazo"
"Ok Kun. Prepara a carteira. Serán sobre 120€. Crack".
O Kun.....ese crack!....."La Leyenda". As Redondas gritará sempre no minuto 9 o seu grito de guerra: "Kun,kun,kun,kun...!!!!!"
A CARA AMARGA DO PARTIDO, MAIS PRA ENFERMERÍA.
Kostadinov, protagonista positivo a semana pasada do blog, lesionóuse seriamente no gemelo o pouco de ingresar no campo. A perna quedou coma unha tabla...non ten boa pinta. Ánimo e a volver canto antes!!.
Ibrahiminovic tamén acabou coa rodilla tocada, hoxe será revisado na clínica do Dr.Tolidón, o prestixioso trauma que trata o Kun. Esperamos que non sexa nada.
13 comentarios:
dadamatanto ordenar...e por encima sacas unha foto miña fumando, como o vexa miña nai escarállote!...lesionado, o atlético no descenso, as obras como carallo (a construcción xa non me motiva), e por encima van éstes e jánanlle ó San Román e véñenme joder os pinchos!.... "Malditos centollos"
jijijiji....dios nos dé almas generosas coma ti kun!!
O domingo...que xa estou eu....hai un bar alí en carballo queeee......uns pichiños.....mmmmm
sodes a ostia.
parabéns!!!!
Manda carallo ter que apretar ahora e facervos un favor!! cajindioliña!!! jajaja
Carioca, pasa do comentario de marras. son ganas de tocar as bolas. Este blog é unha pasada!! e ahora se imos ter crónica en directo daquela xa nada!!! PREMIO ONDAS!!!! JAJAJA
saludos,
no rollo das lesions, teriades que facer algo, buscar unha formula para buscar un seguro ou algo que vos cubra,aunque haxa que pocher alguns euros
Xa se falou, polo menos aqui e tamén creo que nalgunha reunión da asamblea. Pero non todo o mundo está disposto, é bastante o que se paga. Creo que o único disponible sería un seguro privado, non menos de 40 euriños o mes....
Noraboa pola victoria, así coma quen no quere a cousa xa estades ahí na chepa dos de arriba, e agora o trio convértese nun cuarteto, paréceme moi ben que así a liga ten máis emoción.
Liga de Santiago seguro 35-40 euros por xogador, non creo que cubra as baixas por inactividade por ese precio, pero ao dia siguiente ou nun días estás operado, e se fai falla vaite a buscar a ambulancia ao campo . Aseguradora non me acordo agora pero un equipo da Premier leva a publicidade no peito.
Son 35 euros cando se fai a ficha e cubre a temporada enteira.
Agora xa vexo ao que viña o que decías da reconversión do Kun! Collédelas no aire, coño. ten razón Emilio.Coa crisis que dis que hai valen moito as bocas cerradiñas.Coma petos.
35 euros toda a temporada?
Pasadenos por favor a informacion que teñades que seria boa cousa trasladala a proxima asamblea para tratar o asunto. A verdad e que e algo que viria ben.
Nos miraramos o primeiro ano un presupuesto como equipo pero era unha cuota mensual coma unseguro privado calquera.
E verdade o que dí o anónimo sobre o seguro, eu estou xogando (bueno é un dicir) millor estou fichado na liga de Santiago e son 35-40 euros polo seguro anual. Creo que cubre solo lesión, e tamén me atrevería a dicir que algunha eventualidade máis, pero está claro que se te lesionas, e iso constateino eu polo que lle acontecei a algún compañeiro, o árbitro faino figurar na acta e acudes a clínica xa. O mesmo Presidente da Asociación de Santiago me dixo que non habría ningún problema para asegurar o equipo, inclusive se brindou para facerme a xestión coa aseguradora, sen pretensión algunha. E de significar que na asociación de Santiago igual lle fan algún prezo porque xestiona un feixe de equipos, de fútbol, fúbol Sala, ect, o que supón miles de xogadores, tal como se pode ver na web que teñen e que poder ollar.
Pois xa estamos tardando!!
Publicar un comentario