O sistema de "noticias directas do forno" funcionou a medias. A cobertura desde Casa Paco, lugar onde paramos a botarlle uns callos -ben bos, por certo-, non era a adecuada. Ainda así probamos fortuna dende mellor sitio e vai coma un tiro. A partir de ahora teredes cumplida información do resultados e unha breve crónica dende o remate de cada partido vía móvil. Asi, mentes non hai tempo para máis polo menos tendes información para os luns, día de máis visitas do blog segun o noso contador (133 "pinchazos" de media os luns).
VICTORIA CÓMODA. HAT TRICK DO PICHICHI.
O caso é que o partido foi unha cómoda victoria frente a un rival moi mermado. Mesmo tuvemos que esperar dez minutiños para empezar a que chegara o seu porteiro e máis algún xogador para completar os once. O Club do Mar xira en torno o seu capitán, o número 7, ollo a este home que sabe de que vai o conto. Pronto marcou Ibrahiminovic o 1-0, pero os locais empataron con un gol de cabeza do capitán, que rematou solo tras un fallo grave de marcaxe. O 2-1 poñeríao Albertotti e o 3-1 Ibrahiminovic de novo en gran xogada persoal. Despois sería Carioca quen poñería o 4-1, estreando por fin o seu casilleiro, nun "pase medido" de Toninho Cerezo en saque de banda. O 5-1 sería de novo de Ibrahiminovic antes do descanso, que supoñia o Hat-Trick do noso crack, que xa loita polo Pichichi da liga. A segunda parte foi un mero trámite, dedicamonos ambos equipos a espabilar o frío e esperar o final. O Club do Mar tuvo un pequeno arreón no que mandou un disparo o largueiro e tuvo outra ocasión moi clara, pero pouco máis.
O RESTO DA XORNADA
Nos outros partidos, o Berganchester City, que o domingo nos visita, ganou o S.Románchester por 1-2, o que nos axuda a subir o 3º posto na táboa, a 4 puntos dos Ponis que ganaron en Can Pinguel de forma cómoda por 0-3 e siguen de líderes provisionais mentras non se dispute ese Bergan-Ponteceso aplazado. Panorama complicado o da Fabada Mecánica, que dende a súa contundente victoria no Clásico non levanta cabeza e volve a flirtear co descenso.
A PROXIMA XORNADA, CRUCIAL
Partidazos para este domingo. Recibimos o Berganchester City nas Redondas e o San Román visita o intratable campo de As Fontiñas. Toca ganar si queremos dar ese saltiño definitivo para estar na pomada, esperando que os "Azuis" saquen algo positivo na casa dos Ponis.
4 comentarios:
Tamos como queremos. A este paso imos ter carrusel deportivo nos veteranos jaja. Noraboa, es un fenómeno e encima mollaches que iba sendo hora.
MENOS CHULETAS ALLO E MONTAR MAIS HEHEHE
O que vos faltaba, crónicas en directo. Impresionante!!!
Este ano parece que ides en serio non? a ver se aguantades
Unha victoria o domingo e a liga patas pa riba!!!! Aupa Cabana!!!!!
Publicar un comentario