DEDICAMOS TODA A SEMANA NESTE BLOG O NOSO EX-ADESTRADOR
NARCISO JUAN GARCÍA BERMÚDEZ
Cabana de Bergantiños 1945-2009
TRAXECTORIA DEPORTIVA
Xogador do Bergantiños, Ponteceso e Racing Club Cabana
Adestrador do Ponteceso, Soneira, Cabana e Cabana Veteranos
PALMARÉS
2 Ligas, 1 Copa e 1 Final de Copa como xogador do Ponteceso
1 Ascenso, 1 Copa e 1 Final de Supercopa en Riazor como adestrador do Ponteceso
1 Liga da Costa como adestrador do Soneira
1 Copa de Veteranos como adestrador do Cabana
E os compañeiros do Cabaninter xa sabedes: o mister non nos perdonaría que perdamos o Clásico habendo un trofeo polo medio.....
DAVID VIDAL NON PODERÁ ASISTIR
Hoxe, movidos pola homenaxe a Chicho, tuvemos a fortuna de falar con un grande, con David Vidal. Cercano e humilde coma sempre, atendendeu con amabilidade a nosa chamada telefónica. Vive fora de Galicia e non poderá estar no Memorial, pero dounos as gracias por chamalo e dixo textualmente "se estivera ahí claro que iba o memorial do meu amigo Chicho". "Estou moi agradecido e gardo moi bo recordo da xente de Ponteceso. Foi o meu trampolín o Deportivo da Coruña despois de salir de Portosín". Quedou de ver as fotos todas do blog.
Moitas gracias mister pola súa amabilidade, Chicho estaba moi orgulloso de "ter xogado con David Vidal".
QUEN SÍ ESTARÁ SERÁ MUÑIZ
Tamén tivemos o placer de falar durante o día de hoxe con Muñiz, o gran amigo de Chicho no vestiario do Ponteceso. Mostróuse moi emocionado pola invitación e mesmo amenazou con aceptar a invitación de xogar: "igual xogo dez minutiños inda que sea os meus 63 anos"..
Muñiz é o primeiro pola esquerda desta histórica foto, na que tamén están Aurre (xogador do Ferrol), Luis Suárez (Inter de Milán) e Chicho. Foi con motivo da inauguración do campo da trabe, nun partido no que tamén formou como reforzo estelar do Ponteceso, Veloso (R.Madrid).
Abaixo podedes ver a foto o completo, o primeiro agachado pola esquerda é Veloso.
Miércoles 9 setembro
LA VOZ DE GALICIA RECOLLE HOXE A INFORMACIÓN DE J.M. FERREIRO SOBRE O MEMORIAL
Xoves 10 setembro
Onte chegóunos máis información. Foi gracias a Ángellotti, para nós xa empeza a ser o noso "corresponsal no Picón". O seu traballo de recopilación de imaxes históricas con Alfredo é impagable, e gracias a él publicamos estas imaxes e outras que xa están subidas tamén o "Albúm Histórico de Chicho". Son imaxes de futbol, de cando era un neno, e da súa vida social en Cabana, incluidas fotos da outra súa gran pasión: o dominó e o torneo con mais solera da costa no Bar Empalme.
Entrada do famoso partido de inauguración do campo da trabe e foto con Luis Suárez
Entrevista publicada por La Voz de Galicia con motivo da conquista da liga como adestrador do Soneira
Sábado 12 de setembro de 2009
La Voz de Galicia recolle de novo a información sobre o Memorial
11 comentarios:
Esa foto que perteneciente a la inauguración do Campo de Deportes de Ponteceso que así se denominaba el antiguo Campo de Futbol, (aún conservo la entrada de ese partido) R.C.DEPORTIVO –PUENTECESO del 22 de Junio 1969, recuerdo esa foto como el Gran Capitán del Puenteceso saludaba al otro capitán del Deportivo DOMINGUEZ, siendo el arbitro de este encuentro Sr.Barros del colegio de la coruña, acompañado por su linieres. Jugaron en este partido con Chicho, Luis Suarez (en el Inter de Milán) Veloso (Real Madrid) Aurre (Ferrol)
A la Memoria de Chicho
Modesto Parga
Felicitarvos polo traballo que estades a facer neste memorial a Chicho.
Esto é o que queda sempre por riba de todo, Chapó Rafa e compañia.
Ali estaremos sen falta neste gran día para todos vos. Felicidades ¡¡¡¡
Un saudo.
Gran iniciativa e grandisima información. coma sempre. cracks!!
E menos mal que volve a liga e a actividade blogera. xa nos empezábamos a aburrir.
Sorte pa tempada.
Acabo de ollar as fotos en recordo de CHICHO e hoxe máis ca nunca creo que o fútbol e un dos deportes que máís contribúe as relacións interpersonais. Ver a toda esa xente traelle a un recordos imborrables. Desde CANCES felicitarvos pola labor que estades a facer en honor e memoria de CHICHO e aínda que moitos non poidamos acudir a ese memorial que sepades que o noso corazón estará con CHICHO ahí nas Redondas.
Unha boa reportaxe e grandísimas fotos do recordo da inauguración ¡qué grandísimos xogadores viñeran daquela e qué grandísimos xogadores había aquí! unha magoa que a maioría dos bos xogadores que temos non sexan apenas aproveitados nas ligas do país. Que o partido do domingo sexa unha festa para estar a altura da ocasión.
Pra nos é un placer facer este traballo. É emocionante ver todas esas imaxes. Gracias a todos os que están colaborando cos seus archivos personales.
Como di o amigo de Xuventude, o futbol contribue mais que ningunha outra cousa as relación interpersoais, fora de rivalidades, e eso é o que nos ten que quedar. Foi un ano moi cargado de emocións coas irreparables perdas de Facal, Chicho e outro home ben querido no Cabana e en Cabana, Manolo Costa, que tamén foi directivo deste clube. O domingo recordaremos a toda esta "xente nosa".
Chapeau!
Todo moi ben pero...
"E os compañeiros do Cabaninter xa sabedes: o mister non nos perdonaría que perdamos o Clásico habendo un trofeo polo medio....."
Creo que esto sobra nun memorial como este,gañar ou perder é o de menos creo eu.
Con esto non quero criticar o que estades a facer, senon todo o contrario.
Igual tes razón. Pero ese comentario non vai mais aló de recordar con certo humor o seu carácter gañador.
Está claro que o trofeo é o de menos, de feito vai xogar xente entremezclada que non pertenece os equipos. O trofeo neste caso será un mero recordo.
Un saudo.
Noraboa pola iniciativa. Chicho deixou bon recordo por estas terras. Moitos recordamos aquel equipazo. Unha aperta a súa familia e que saia todo ben o domingo.
Merecido homenaje. Foi un dos grandes da costa. Polo que conta a xente de Ponteceso ese equipo de que fixo Couto Anido era un equipazo. Chamabanlle o Real Madrid da Costa.
DEP. noraboa a vos polo traballo que estades facendo na sua memoria.
saudos
Publicar un comentario