viernes, 18 de septiembre de 2009

ARRANCA A LIGA 09-10

AMIGOS DE CHICHO - AMIGOS DE FACAL. As Redondas. 11:00

Como si fose un deses famosos partidos de estrelas, o partido será adicado as figuras de Chicho e Facal, dúas perdas irreparables de ambos equipos neste ano.
Volve un clásico da liga de veteranos. O Canceslautern chega con toda a artillería e coa moral polas nubes despois de quedar a última hora en Primeira División tras a incorporación de novos equipos a liga. O Cabaninter quere empezar o ano ganando.

CARLO ALLOLOTTI CO EQUIPO DE GALA EN BUSCA DA ANSIADA LIGA
O Cabaninter está o completo. Allolotti dispón de 23 homes. Un rompecabezas. Coa única incorporación de Kostadinov, e o retorno do cedido Ibrahiminovic, o equipo está o completo. Falta saber cantos partidos andará o banquillo cheo. O obxetivo está claro e Jenarabramovich non o esconde: "Un título mínimo, senón todos pra casa"

JUNINHO PENAMBUCANO: "Son muito feliz acá"
"O astro brasileiro acaba co culebrón do vran".
Juninho Penambucano abortou personalmente unha nova maniobra da Fabada Mecánica en busca dun novo "caso Figo" e rechazou de pleno a oferta dos homes de Marco Van Basten. O xogador está integrado plenamente nas Redondas e mesmo planea mudarse a luxosa urbanización "Urixeira Palm Beach" onde busca unha casa con parrilla e dous pinos xuntos pra coljar a hamaca de cordeles.
"Este equipe doume a confianÇa que non tuven en Can Pinguel, nâo pudía defraudar a torÇida". "Son muito feliz acá e teño pensado renovar a vinculaÇao co Cabaninter""Temos un equipe fantástico y acá podo loitar polas taÇas"

A FABADA MECÁNICA QUERÍA REMENDAR O SEU HISTÓRICO ERROR
A directiva da Fabada Mecánica intentou, como informamos días atrás, ata última hora repescar o xogador, incluso chegaron a negociar directamente co mánager general do Cabaninter, pero a resposta de Allolotti foi tajante: "cláusula de rescisión". As maltreitas arcas do clube de Can Pinguel non podían afrontar semejantes cifras e finalmente o xogador seguirá nas Redondas, onde se plantea incluso unha ampliación de contrato.

NON PELIGRAN AS RELACIÓN INSTITUCIONAIS

O "caso Penambucano" non afectou de momento as relacións entre os clubes. Jenarabromivch falou o respecto: "é normal, cada un mira o seu. Está claro que o rendemento de Penambucano aquí non pasou desapercibido. Saben que se equivocaron. Foi un gran día aquel que cruzamos o río na jamela con Penambucano a bordo".

RATOMIL XA TEN O BOTELLÓN DE TORRE LA MOREIRA
Proba da normalidade entre clubes é esta foto do pasado domingo, onde Oscar Ruggeri entregou a Marco Van Basten o botellón de Torre La Moreira pendente, que gañou o xogador da Fabada Mecánica Ratomil por ser o visitante nº10000 do blog do Cabaninter.

Ratomil excusou a súa ausencia para recoller o premio: "Lamentablemente atópome aínda en Copacabana. Non podo interrumpir unha pretempada tan intensa. Teño permiso do clube pra volver cando chova".

No hay comentarios: