lunes, 14 de septiembre de 2009

MÍSTER, NON TE ESQUECEREMOS

Este día xa queda nos nosos corazóns para sempre. Foi un día moi emotivo. Onte estuveron nas Redondas a familia de Chicho, todos os compañeiros dos Veteranos de Cabana e Ponteceso, os seus amigos e ex-compañeiros do Ponteceso (Muñiz, Echegaray, Canedo e Murilla), estuvo tamén Pepe -lexendario porteiro da Liga da Costa-, Isidro (discípulo seu naquel luxoso Soneira) e moitos dos veciños e amigos que Chicho tiña en Cabana, en Ponteceso, en Buño, en Carballo......

A familia quixo dar as gracias a través da megafonía do campo, agradecemento que traslado agora aquí a este blog en nome deles e tamén de todos nós.



REFORZOS DE LUXO
No campo vimos xogar a Canedo -exporteiro do Depor-, a Isidro, a Pepe, a Murilla, a Juan Valentín -irmán de Chicho-, a seu sobriño Marcos, Narciso -o afillado de Chicho-.....reforzos de luxo para un partido moi entrañable. O resultado era o de menos. Foi un empate a dous que nos levou a entregarlle o trofeo a propia familia, como recordo deste entrañable día. Nadie perdiu, todos ganamos. Creo que honramos o mister con un bo partido, ben xogado, con ocasións, intenso.....como lle houbese gustado a él.


GRACIAS O PONTECESO, O COMITÉ E A ASAMBLEA DA LIGA

Queremos dar as gracias o Ponteceso pola súa colaboración, en especial a Marko, o mister, por poñerse a disposición en todo

momento. Ponteceso estaba en festas pero equipo presentóuse nas Redondas o completo. A contribución deste equipo o Memorial estuvo a altura, e Chicho estaría moi orgulloso. Moitas gracias compañeiros.


O comité, na persoa de Modesto, púxose tamén a disposición, e conseguimos dispor desda data gracias o retraso do inicio da liga, coa aprobación de toda a asamblea da liga, os que damos as gracias tamén. Moitos dos delegados excusaron a súa presencia durante a semana o mesmo tempo que enviaban mensaxes de apoio. Tamén dar as gracias o colexiado, Miguel, pola súa colaboración desinteresada para a celebración do partido.


O MEMORIAL TERÁ CONTINUIDADE

Temos intención de facer este Memorial cada ano, en vísperas do inicio da liga. Creemos de verdade que acordarse da xente que deixa huella nesta vida é fundamental. O futbol aliméntouse sempre de mitos, de lendas de cada un dos equipos. Os equipos da Liga da Costa tamén teñen os seus mitos, humildes, de mais ou menos dimensión, pero mitos o fin e o cabo.


Chicho pasa a ser unha lenda do futbol da Costa; a él adicaremos esta ilusionante campaña que empeza, e a él adicaremos unha vez o ano un partido coma o de onte.



MISTER, Cabana non te vai esquecer.

8 comentarios:

Vinte renqueante dijo...

moi boas as fotos do "memorial". un gran día. saudos.

nacho dijo...

Son Narciso o afillado de
Chicho, quero agradecevos de novo a todos por facer deste domingo un día tan especial para toda a familia.De verdade que as penas con xestos coma este lévanse millor e foi un autético pracer para nós participar neste homenaxe.Mil gracias de novo a todos. Espero que teñades moita sorte nesta campaña e por certo Marconi medio centro xa¡¡¡¡

CARIOCA dijo...

Gracias a vos.
O de Marconi que conste que xa ten oferta por escrito. Seica vai falar co seu representante. JAJA
Saludos, foi un placer compartir ese día con vos

M@rko dijo...

Felicitarvos por tan emotivo homenaxe. Foi un dia mois especial sobre todo para familia, pero tamén no que temos que aprender todos que a humnanidade está por encima de todo, e onte foi un día deses.

E recordarvos que sempre a vosa disposcion.

Un Saudo.

QuitoPonteceso dijo...

Eu non estiven por ahí, pero a verdade é que se me pon a pel de galiña ó ver o traballo do memorial.

Noraboa.

xuventude dijo...

Non teño palabras para calificar este evento, só dicirvos que en nome de todos os que amamos o fútbol e creemos na amistade entre as persoas
¡¡¡¡gracias!!!!!. Así é o fútbol. O domingo xogaremos dous dos equipos que sofrimos a perda de seres moi queridos, só desexo que o partido serva tamén como outro homenaxe máis a Chicho e a Facal, seguro que eles o quererian así. Saudos desde Cances

Zurdita dijo...

Noraboa o cabana pola iniciativa e pola forma de levala a cabo. Os que, coma min, seguimos o memorial a traves deste blog, temos os pelos de punta polo ben que transmitiches a emocion da homenaxe. Chicho pode estar orgulloso e a xente do futbol da costa tamén. Gracias e noraboa

AME dijo...

MISTER SEMPRE ESTARAS NOS NOSOS CORAZONS.........