Estala o caso Kun. A aparición dunha comprometedora fotografía na web da Fabada Mecánica desata os acontecementos. Ruptura total das negociacións de renovación do dianteiro. A directiva que preside Jenarabramovich reuníuse esta mañán de urgencia e fixo público este rotundo comunicado:
COMUNICADO OFICIAL
A directiva do Cabaninter informa:
"O xogador Kun Emilio queda apartado da plantilla de forma indefinida. As negociacións que se levaban a cabo para a súa renovación quedan aparcadas. O clube considera inapropiada esa foto coa zamarra doutro equipo, sobre todo tendo en conta o delicado momento que vive a institución, e co agravante de que se lle ve o cúiño un pouquiño de lado.
O clube que esté interesado na fichaxe do xogador deberá depositar no río do Regenco a cláusula do xogador, que ascende a dous tratores de leña ben picadiña, catro ferrados de fabas do riñón e dúas cisternas de xurro.
Se o equipo interesado fose -como así parece ser- a Fabada Mecánica, deberá tamén añadir, tal e como figura na cláusula 17ª/3000 apdo 156 do contrato do Kun, 25 pases tipo "caño libre" pras vindeiras dúas Festas das Fabas.
En Neaño, 21 de xaneiro de 2009.
O presidente, a salida das oficinas do clube solo declarou: "Ha lle de vila vista"
Postos en contacto co xogador, non quixo facer declaracións, e remitíunos a rolda de prensa que terá lugar esta misma tarde-noite nas oficinas do clube, na compañía do seu representante Ginés Canjallao. Alí estaremos pra informar puntualmente do caso.
11 comentarios:
Esto si ke é un dervi...o demais son contos..jajajaja...ke boaaa
Un matou....e xa taba o carioca o tanto pa esfolar jajaja..noraboa, sodes o mellor desta liga
hai k anticipar eleccions, que tome o mando boluda que se vos vai a nave. Jajaja crack!!!!
Miña Madriña " Ajora me dou conta que o conto esta que arde,eu doulle toda a razon o Presi,non se poide facer eso o termino de un partido ,donde se acaba de perder e por encima de perder quedar con cu o aire,solamente tapandose coa camiseta do eterno rival. Jasus o . ese apartamento do equipo o vexo ben, creo que os mandos de este equipo estan tomando boa nnota de todo que estea a desestebelisar os xogadores, nestes intres donde o equipo se esta a xojar o ser ou non ser.o estar ou quedarse,o de ir ...ou de ir pra ir ..ou ir pra ir pra non ir.o cusa esta clara o proximo domingo ir a baio .. e pra ir...por que ir por ir ...vale mais non ir. creo que con esto xa dixen.
es coma un libro aberto...
tamos ansiosos da rolda de prensa...E lojo pra que queredes as duas cisternas de xurro?, jajajaja
Xa me daba a min a alma que aljo había, pois case nin festexou o gol que marcou. Como si xa houbese un apalabramento anterior ó partido.
Ahora que o dis cun jol do Ponteceso sorriu un pouco.
In ves ti ja ci on
ANIMO KUN ¡¡¡ XA VERAS COMO TODA ESTA MONTAXE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN KEDA EN NADA.
jajajajaja mira ke lle dixemos ke se tapara pero nada, eu digo coma quito, non celebrou o gol que marcou seria por respeto o saber ke viña pa fabada mecanica, xa creo ke esta buscando casa por lestemoño pa estar cerca do stadio campinguel, vaino confirmar hoxe todo na roda de prensa, parece ser ke o frente urixeira vai facer unha manifestacion pa ke se kede no cabanainter estaremos atentos
Ojo! Entra o fluminense na puja...informamos en breve
Publicar un comentario