sábado, 24 de enero de 2009

CASO KUN. PUNTO E FINAL

KUN RENOVADO !!!
Neaño. Hotel Palace M.Blanco. 19:00 horas
O presidente acaba de finiquitar o caso Kun. A dura negociación acabou con un acordo VITALICIO de renovación do crack, que de seguido colleu o RONCADOIRO EXPRESS con dirección a Baio, onde mañan será da partida.
O representante do xogador Ginés Canjallao, o presidente Jenarabramovich e o propio Kun estamparon a súa firma fai escasos momentos no hotel Palace M. Blanco, onde levaban recluidos uns días.
O xogador acada así o seu desexo de retirarse nas Redondas, gracias o empeño do presidente, que finalmente gratificará o xogador coa dichosa hormijonera de jasoi que pedía. Eso sí, o xogador cede nas súas pretensións e acepta un modelo usado acompañado duns panós, trescentos quilos de malla e 6 carretillas modelo "cemento racing sport" . Non temos declaracións do astro, xa que se marchou moi rapido hacia Bronllo Station pra non perder ese tren que o leva o decisivo partido de mañan.

ESFÚMASE O VELLO SOÑO DA FABADA MECÁNICA

Acaba así un vello soño de Marco Van Basten de ver o artillero cabanés vestido de branco.

Esta é a historia dunha frustrada fichaxe e os seus personaxes:


Dende que no ano 2007 recibimos esta foto na festa das Fabas, onde Marco Van Basten fixera un acercamento o xogador, non pararon os rumores da
fuga do Kun. O ano pasado o crack da Fabada Edson Arantes do Nascimento, Pelé, provocou esta foto, farto de non ter a quen mardarlle os seus medidos pases. A gota que colmou o vaso foi a foto do outro día no vestiario, provocada por un complot Van Basten-Ramiro, que desencadenou o terremoto Kun, que finalmente acaba coa renovación do xogador e o adiós definitivo a calquer posibilidade dun novo "caso Figo do Anllóns".


ROTURA DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O presidente a súa salida da reunión mostrouse satisfeito polo acordo pero moi cabreado coa directiva da Fabada.
"Estaba claro que esta era a xogada que iba pagar o caso Juninho Penambucano. Hai que dicir que este home estaba libre, nós non pagamos cláusulas de xogadores da Fabada.....ata o momento, claro"
"Rompémos relacións institucionales ata novo aviso con esa xente. Non penso cruzar o río nin pa sellar as quinielas"
"O Kun sempre quixo estar aquí, o que pasa é que lle meteron bobadas na cabeza"
"O Kun mañán é un mais, espero que o efecto Kun nos axude a salvarnos, senón van rodar cabeciñas"
"Non pensamos no descenso. Temos un equipazo e imos a pola Copa. Xa hai previstos uns retoquiños para ir a pola liga do ano que ven".
...ay no me faltocarme....!!!

9 comentarios:

Anónimo dijo...

kun,kun,kun,kun!!!!!

Anónimo dijo...

jajajajaja, taba claro que o final renovaba....

Anónimo dijo...

e ese home está preparado sicolojicamente pra xojar mañan?...mmmm non sei jajajajaja

QuitoPonteceso dijo...

Rematou o temporal nas Redondas polo que vexo, cando toda Galicia sigue con él.

Coidado que Baio non é de Cabana, alí como arreciar outra vez o temporal.

Anónimo dijo...

dende lobios spa,estou a leer ese acordo entre o cabana e o kun,casi se veia ver que o acordo estaba ahi a un periquite de cerrar,e un jran xogador e donde patee a pelota e ijual o conto k sija a darlle patadas por que e certo que hasta da justo velo nos campos do futbole.

Polo outra banda sobre o partido de oxe parace k foron por se sabia que ir pra ir era mellor non ir,foron empataron e todo sije ahi,asi que todo esta sin decedir e todo esta no aire,
xa dixen.

Zurditadeoro dijo...

O kun foi aljo inteteresado non?... Jajaja Bueno ., o caso e que un hipotetico clasico na copa seriiia......mmm

Kun dijo...

...kero decir que estou moi contento ca renovación, o cabaninter é a miña casa, a oferta era irrechazable aínda que a hormijonera sea a gasoi, e eu tiven sempre claro que non lle iba fallar ó "frente urixeira" xa que eles déronme sempre o seu apoio no parís, na tiñosa etc. Darlle as grazas á fabada polo interese mostrado e decirlles que na copa vaise ver outro Cabaninter.

Anónimo dijo...

Ahi, kun ahi.!!!! Kun, kun, kun!!!!!

Anónimo dijo...

KUN-KUN-KUN
Kun funqueiro habia que darbos....espabilade ostia,ke a este ritmo ides outro ano po inferno.