martes, 20 de enero de 2009

CABANINTER, A 5 PUNTOS DO DESCENSO




Convulsión nas Redondas. A derrota no clásico (1-3) fai que a situación toque fondo. Os xogadores tuveron serias dificultades pra salir do campo o domingo. Forzas antidisturbios tuveron que custodiar a "reunión de urgencia" que mantuveron os membros do Cabaninter no mesmo cesped das redondas, baixo a atenta supervisión do presidente Jenarabramovich, mentras a afición pedía a cabeza dos xogadores con pancartas e berros de "xogadores, mercenarios".

O CAN FLACO, TODO SON PULGAS


O certo é que o equipo dou a cara, hai que felicitar os homes que xogaron, pois loitaron ata o minuto 90 en busca de maquillar o 0-3 co que se adiantaron os homes de Marco Van Basten.
NUNCA O TIVERON TAN FÁCIL...NIN O TERÁN
A Fabada Mecánica presentouse no herbal de mentira das redondas con toda a súa artillería, e mesmo recuperou a MiliQuito, ata ese día desaparecido en combate. Notábase a trascendencia do partido para eles, que en caso de perder decían adiós a toda posibilidade de título.

Ás baixas de Beckam do Buzaco, Zizou, Lilowen, Toninho Cerezo, Perfectouré Yayá, Caldereyes e Carioca, pronto se sumaron as de Mendeztzelder e Albertotti. O central ten un escordamento do dedo anular despois dunha desarfotunada caída e o centrocampista, que volvía dunha lesión muscular, ten un esguince de rodilla despois de xirar a perna co pe apoiado. Qué mala pata! Ánimo os dous pra volver prontiño.

Aínda así, tras o dominio absoluto dos visitantes na primeira metade, o equipo reaccionou con orgullo e na segunda, tras o gol do KUN -xa é pichichi do equipo- a torcida volveu a soñar co Arreón Final......pero non puido ser, demasiado frejao pra tan pouca artillería..


O CLON DE BURRUL....LAMENTABLE PRA TODOS
Hai que dicir tamén que o clon de Burrull non pitou dous clamorosos penaltis a favor dos visitantes no tramo final do partido. Nun deles, o Kaká faltoulle abrazar a pelota co arbitro a metro e medio, e no outro, cometido por Ibrahiminovic, ata nos escarallamos todos de risa mirando a ver se o pitaba. ¿Qué houbese pasado si chegamos a empatar?...despois pasa o que pasa. Lamentable trencilla que non coñece o reglamento e pita a según vai oindo berrar. Segue pitando aquelo do ano da pera de "deixa,deixa" e non considera tarxeta as patadas por detrás -houbo 3 ben clariñas-. Eso si, está ben pendiente dos de fóra en vez de atender o xogo.

DESTACAR A ABSOLUTA DEPORTIVIDADE ENTRE AMBOS EQUIPOS

Ahora a recuperar o ánimo, calmar esa torcida, e o domingo, a Baio, a loitar por alonxar os fantasmas do descenso.

13 comentarios:

QuitoPonteceso dijo...

Quero mandar dende aquí os meus ánimos e desculpas a Mendeztzelder, por esa xogada desafortunada na que me tocou participar.

Dende a miña tronzadura nese mesmo campo non volvín a tocar balón, e mira ti, que o primeiro balón que quero tocar e sucede isto. Xa sei que foi desafortunado, pero hai que ir pensando en bendecir o campo ... ou espantar as bruxas ...

CARIOCA dijo...

e non será gafe?, amigo bombeiro......mmmm. jaja.
Tranqui, fareille chegar os ánimos, foi absolutamente fortuito.

Zurditadeoro dijo...

teñen que rodar cabezas. Parecedes os galácticos nos ultimos dias de florentino. E tendes un equipazo, a min pareceme das mellores plantillas da liga, falla algo ahí.
Animo e a seguir en primeira

M@rko dijo...

Mandar os meus ánimos a Juan Ramón e a Alberto que eses son realmente os que mais perderon no Clasico. O demais todo e futbol, Animos e a recuperarse pronto.
En canto os comentarios dicirlle o Sr. Carioca que Chapó, recoñece tanto o noso xogo como a labor do colexiado. A recuperar eses animos e facer puntos non vaiades poñer en perigo o clásico da proxima tempada.

Zurditadeoro dijo...

Carioca, non sei a que esperas pra publicar o BERGANGATE....escandalazo monumental na trama das actas amañadas

CARIOCA dijo...

Bo título, si señor: O BerganGate......haberá que recopilar pruebas primeiro e falar con "Nanin" Carracedo a ver se ta disposto a cantar...jejeje

Deixa tar o conto a ver como vai que a cousa parece seria, non me vaia ver metido eu no fango sin vir o caso.

Saludos.

CARIOCA dijo...

Por certo. Vólvense abrir os comentarios a todo mundo, xa que houbo xente que me dixo que lle gustaría poder comentar pero que pasan de registrarse en google ou que non lle acaba de buscar o xeito. Solo desexo que o fagamos con sentidiño, e que os anónimos non sean dañinos, a poder ser. Non teño muitas ganas de andar de vigilante dos comentarios. Insisto no carácter humorístico e infomal deste blog.

Anónimo dijo...

bien carioca bien. non todos temos a suorte de ferrullar nesto coma ti, eso de rexistrase e un coñazo que nin diola. tabamos pagando xustos por pecadores. levantar ese animo que ai que seguir en primeira. o domingo dechedes a cara, o que pasa que eles andaban no aire porque se via ben que tiñan que ganar ou ganar.
por cierto, ti adorecias na banda

CARIOCA dijo...

...con ese nombre machiñooo...cajiná lus

O renqueante dijo...

Os meus ánimos para Juan Ramón, que pronto esté de volta.E para Alberto... machiño ¡qué putada! aparte de amigo es un gran compañeiro nos terrenos de xogo (por activa e por pasiva).Xa farei por verte.

Anónimo dijo...

Albertotti e o Butragueño da liga de veteranos. Un dos tíos mais nobles que se ven polos campos de futbol. E ademais un pelotero coma coma dun pino, un JUGÓN!!
Carioca, iba sendo hora que abriras a veda dos comentarios. Non te quentes por culpa dun, somos moitos os que nos escajallamos con vos. Seguide así, solo hay que ver como vos rides hasta das derrotas. Chapeau!!!!

Anónimo dijo...

O de abrir o blogg esta moi ben,e usalo pa carallada esta ainda mellor,pero xa o sr. Zurditadeoro esta a argallar,¿xa empezan eses comentarios?Despois falan que son comentarios sin malicia,pois daquela que pasen de facelos,e mellor non picar o pancho....jejeje.Que tendes que envidiar do Bergan?eu creo que nada,é un equipo coma outro calquera,e se lle dades tanta pompa,ese é problema de 4 ou 5 liantes,deixadeos estar,ohhhh,que eles non fan barullo,e fagamos todos o mismo,e quede claro que coma os da costa da morte non hai,somolos mellores,e este ano por enrriba,os Campeons.Saudos pa Mendez e "chavaliño",a recuperarse pronto.

Zurditadeoro dijo...

bueno, non vos enfadeis, eu solo quería aliñar un pouco a ensalada. De verdá que non hai malicia.
Saludos e disfrutar da liga, que está que arde.
Por certo carioca, viches a foto do kun no blog da fabada?...mi madriña que lío se aveciña!!