¡¡ 11-1 !!, RÉCORD -NEGATIVO- DA LIGA......E TRESCENTAS MIL MENOS..
Domingo que recordaremos para sempre, por desgracia.
Xogamos durmindo e xa temos un récord: a derrota mais escandalosa do ano, e unha das mais escandalosas da historia desta liga. Por un momento parecía que xogábamos contra Señor, Maceda, Rincón e compañia aquel 21 de decembro do 83.
Se seguimos así pronto seremos tamén os número 1 en goles recibidos, xa que solo estamos a 7 goliños dos 48 que leva encaixados o Canceslautern.
Non hai explicación posible o que aconteceu onte deportivamente falando. Cando entramos en calor xa tiñamos 4 o lombo. No descanso 6-0, e cando se atisbaba unha pequena intención de reacción -co 6-1 do Kun ata eles dicían aquelo de "qué non nos pase coma alóoo!- caeunos o 7º noutro contragolpe....e adíos. De ahí o final un desquiciamento general, algunha que outra ocasión clara, e un carrusel de contragolpes que ata puideron significar mais goles. O caso é que non hai disculpa nas baixas, xa que eramos 13 contra 11 dos locais, o que agrava aínda mais o análisis.
En fin pasar páxina canto antes, mirar ben cada un o seu ombligo, e a recuperar ánimos po Clásico do domingo nas Redondas. A ver quen lle explica o mister cando volva da súa estancia con Sarkosy o que pasou estas xornadas.
O que está claro é que esto é unha boa cura de humildad que nos volve a demostrar que no futebol si non corres e non tes un mínimo de concentración, non hai equipazos nin fichajes que valgan. Hai que correr sempre un pouquiño mais que os outros, animarse e xogar tranquilos. Sobre todo en veteranos donde todo se iguala mais.Aquí vale mais un berro de ánimo a un compañeiro que unha rabona ou un taconazo.
COIDADO COAS CARTEIRAS!!!
Pero como a jato escajallado todo son pulgas, o peor aínda estaba por vir de volta os vestuarios. Non nos deixaron nin pa tomar os viños. Non se nos facilitou a chave dos vestuarios -parece ser que non había- e algún fenómeno aproveitou para entrar e vaciar as carteiras de todo quisqui. Unhas 300.000 das antiguas pesetiñas que se levou o/os fill.......de la gra.....p....
Eso sí, fixérono con tempo e seguramente vixiancia, porque ocupáronse de miralas ben todas e separar o que interesaba do que non. Por certo, o caco fuma porque levou tamén un par de paquetes de tabaco.
C.S.I. PAIOSACO
Todo o que puidemos conseguir foi a presencia dun "espectacular" despliegue formado por 1 guardia civil, 1 boli BIC e 1 libreta cuadriculada, en fin, que Perry Maison estaba liado e o único que fixemos foi perder unha horiña mais alí. Mentras tanto o inspector Horatio Cain Mino fixo as labores de inspección do lugar do crime, como podemos ver na instantánea do lado. Algo é algo pero non atopou mais ca un calzoncillo que lanzaron alí enriba aljún que xojou cando se inaugurou o campo.
Polo que poidemos saber hoxe, non é a primeira vez que pasa nese campo, cousa que onte non nos dixeron así. Dicir tamén que a colaboración por parte do personal que abre o campo (creo que é do Concello) foi NULA. Ata quedou en segundo plano o feito de que se abrise o campo as 11:05, hora para a que estaba previsto o comenzo do partido.
Resumindo: QUE POIDEMOS QUEDAR NA CASA, QUE NON PASABA NADA, ARREGLÁBASE A COUSA CON UN 3-0 E 100 EURIÑOS DE MULTA....INDA AFORRÁBAMOS DE CARALLO!!
UN AGRADECEMENTO:
A Carracedo, do Bértoa, que en todo momento se mostrou solidario con nós e que mesmo hoxe, luns, chamou o noso delegado Allo para interesarse. Gracias Carracedo, polo menos que nos quede a solidariedade entre equipos. Chapeau!!
PETICIÓN DE FUTURO
Hoxe pedimos formalmente o comité a través dunha carta, que, aparte da puntualidade e da aujiña quente, que está moi ben, no futuro se exija os equipos ter os vestuarios provistos de cerradura con chave ou do contrario que se encarguen de vigilar o que pase nos recintos. Xa solo nos quedaba levantarnos o domingo pensando onde esconder a carteira.
14 comentarios:
ese da primeira foto que está de espaldas ten un parecido asombroso con Marajota.non sei, non sei... bueno, en serio, que non debería de haber pasado nada parecido en ningún dos partidos celebrados nunca por ningún dos equipos. unome a proposta ao comité. non é de recibo que as nosas cousas non estén baixo chave mentres xoguemos.e eses fillos de p... non teñan mais dónde coller nada, salvo unha boa cagarría, que a merecen.
probando, probando
xa tamos en onda. Tiña boa gana. E que esto das tenologias non e o meu forte e veume xa vello. sigo o blog desde que empezou case e asegurovos que me escarallo de risa. non fagades caso de anonimos e malos rollos que vexo por ahi e que mesmo aqui houbo tamen esto ten que ser pa divertirse igual que a propia liga que da gusto ver este ano que tranquiliño vai todo e que emocion ten o campeonato. noraboa polo blog e animo pa superar o desfalco do domingo, tanto de goles coma de monis. que disfrutedes dun derbi tranquiliño
Reiteramos o que publicamos no noso blog: A nosa máis sincera solidaridade, e a nosa máis firme condena. Actos tan repulsivos coma este non se poden tolerar. Sumámonos a proposta e reiteramosvos a nosa solidaridade. Animo e saudos desde Cances.
Benvido o mundillo cibernético da liga, Antón. Procuramos non facer caso, pero fastidia un pouquiño ter que andar pendiente de limitar ou censurar os comentarios porque algún aínda non entenda pra que sirve esto.
Gracias compañeiro de cances, ti sempre tas o quite.
E a ti, Renqueante, xa non sei que dicirche...¿onde carallo sacaches a bandeira? Encima ahora encontraches a binladen. Debía de estar por Arzúa jajajaj...es criminal.
Como xogador desta liga e membro do Club do Mar tamen tou a favor da proposta formulada e ojala se descubra o tomate de quen foi. Despois de leer o que puxestes no blog, dijo eu, e co que vou decir non quero ofender a nadie, pero.... SO DESAPARECERON CARTOS NO VESTUARIO DO CABANA?. Volvo a repetir con esto non quero poñer en entre dito nin a xente do Cabana, nin a xente do Bertoa. Nada mais compañeiros so decirvos que estou con vos, a min xa me ten pasado. Eche moi triste que vaias xogar un partido de futbol e que che vaian limpar a carteira. Saudos e ojala aparecesen os cartos, inda que creo que eso vai ser imposible.
O vestuario local tiña chave. Solo o noso estaba aberto. Digo eu que se estuvesen os dous abertos pelarían os dous. O contrario sería pensar moi malamente. Non pensamos así.
Os cartos non aparecen oh! vai tranquilo. Eses xa van no carallo. Fixo un bo mes o fillo de p...que os levou.
Criminales sodes os dous. O carioca é bo, pero o marajota chégalle ben tamén.
Sinto o do roubo, por desgracia non é cousa do futbol, pasa en todos os ámbitos e cada vez mais, será polo paro e a puta crise.
E a ver se fichades a Juande ou un así que hai que apuntalar desde atrás ese coladeiro.
Saudos e sorte pro derbi.
carallo! que movidilla hai por aqui hoxe. Asi da gusto.
O carallo é que non podemos botarlle a culpa o mister nin o sistema. Luisemburgo leva tres jornadas de baixa, anda pola France de traballo. Cando volva a ver quen carallo lle explica o desajisado. Será eso o que nos levou o despelote táctico.
Esperámolo pro clásico, senón xa pensaremos en tabicar a altura da frontal, ou facer un foso darredor da área,ou barricadas no puente da ponte, ou...pfff que sei eu!!!
En nome dos Veteranos do Ponteceso tamén nos sumamos a proposta presentada polo Cabaninter. É triste que esteamos falando destas cousas nun blog feito para o futbol e as "caralladas", pero como di Zurditadeoro esto por desgracia está a pasar en todos sitios e a todas horas.
En canto o clásico espero que ese 11-1 non o queirades pagar agora con nos.
Un saudo.
por intención non quedaría...peeerooo non che vai ser asi o conto. 1-0 de penalti inxusto no 93 e pico tamén vale, dadas as circunstancias..jeje
saludos
hai que jo... quixen suscribi-la vosa proposta no blog do comité pero está limitado aos membros. como o meu membro non está "limitado" pois queda dito aquí: bastante temos con prestar toda atención ao xogo e as suas incidencias para que tamén teñamos que poñer un ollo nas instalacións.
Mino segue buscando nas bijas ou xa baixou??
Quedou alí esperando polo equipo de detección de huellas. Parece que o tiñan no cuartel vello de buño e ta aljo deteriorado. Pero o domingo témolo alí coma un clavo. E ti non lle fajas caso a eses desaprensivos que intentan que desempolves as botas. Deixas tar que poder escordar un nocello.
Publicar un comentario