martes, 27 de enero de 2009

QUE SUBE A MAREAAAA!!!!


Empate sin goles en Baio. Notábase a trascendencia do choque e resultou un partido xogado de poder a poder, os dous arriscamos o xusto e os dous tivemos ocasións pra levar os tres puntos. O único positivo é que por fin deixamos a portería a cero e o Baio segue por debaixo.
Quizáis levamos nos mais o peso do xogo pero a verdade é que non se pode dicir que ningún merecese a victoria claramente. O "efecto Kun" non valeu esta vez, aínda que o recén renovado crack estuvo moi activo, xogando un partido moi completo e con un par de ocasións claras de gol.


O DESCENSO, MOI CERCA.....E VEÑEN CURVAS!!!!

Ollo porque este empate, unidos as victorias do Camariñas e o Zas, pon a liga por baixo o rojo vivo. Entre o 5º clasificado (Corcubión) e o penúltimo (Zas), hai solo cinco puntos de diferencia. Nós, un equipo que fai cinco xornadas loitaba por non perder o tren do título, estamos solo a ¡1 derrota! do penúltimo posto,....e atención o que queda:
Recibir o complicado Camariñas e visitar o Corcubión -dous rivais directos-, visitar o todopoderoso Berganchester City e recibir o S.Romanchester United -que loita ainda por coller os Ponys-
Esperemos que a última xornada co Canceslautern non sexa unha festa de despedida dos dous......gluub!.
O "ITURRALDE" DA COSTA
O deste trencilla definitivamente non ten arreglo. Protagonista lamentable de todo canto partido no que se presenta. Intentou por todos os medios escarallar un partido que foi mais que tranquilo, con tanta deportividade que mesmo Cescollazo, no tramo final do partido e con necesidade imperiosa de marcar, sacou adrede fora unha falta perigosa porque un defensa do Baio a colleu ca man de forma equivocada -pensou que saira fora de banda previamente- CHAPEAU COLLA!!...eso si que é un xogada VETERANA.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

uuy uy esto recordame aquel atleti de kiko y compañía.....Espabilade que vai sendo hora!!!

Anónimo dijo...

No....no....no.....facede o que teñades que facer e conseguide os puntos.....non vaiamos a jodela e non último partido que vos toca con nós no Vinculeiro Stadium, resulta que teñamos o día tonton e.....consigamos a primeira victoria do ano na casa. De ningún xeito queremos nos esa responsabilidade......e non vos queremos en segunda porque sodes un rival directo....Así que amigos meus a conseguir polo menos 9 puntos e así o último partido FESTA RACHADA ....

CARIOCA dijo...

Ahora falache! Se chejamos salvados levo eu un botellón de viño e vos poñedes a empanada....eee...se fan falta os puntos...poñemos nos todo!..ejem...ejem

Anónimo dijo...

uuuy....eso é amaño!!!

Anónimo dijo...

A la vista de las recomendaciones recibidas por parte de la Dirección Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia y tras realizar las correspondientes consultas con las distintas Direcciones Generales de Protección Civil y el servicio 112, así como las diversas informaciones publicadas a través de los distintos medios de comunicación, EL COMITÉ DE LA LIGA DE VETERANOS DE LA COSTA ha tomado la decisión de suspender todas las competiciones previstas para el próximo día 1 de Febrero

La jornada 18 pasara al 8 de Febrero 2009.

Viernes 30 Enero 2009

CARIOCA dijo...

Ben feito, o outro día houbemos congelar e encima non había aujiña nas duchas por culpa de Unión Penosa.....a esperar o sol, e mentes as mulleres todas contentiñas este domingo