lunes, 23 de junio de 2008

FINAL DA COPA DA COSTA DE VETERANOS

NORABOA OS FINALISTAS....E OS QUE NON TAMÉN POR CHEGAR TAN LONXE

Pois os pronósticos cumpríronse e o BerTotteham e a Fabada Mecánica xa teñen o billete para a finalísima das Redondas. O gran día das finales comenzará nas Redondas coa disputa da final de veteranos. A Uefa xa estudia cambiar a final España-Alemania pola repercusión do partidazo das Redondas e a posterior encherolada.



O Bertottenham apenas tivo problemas para solventar a eliminatoria e aínda que perdeu 1-2, o 0-3 da ida non deixou lugar a sorpresa. Mais igualada foi a outra eliminatoira, onde os homes de Marco..Van Basten, que gañaron por 2-0, remontaron un 3-2 da ida. Edson Arantes do Nascimento e MiliQuito foron claves...menos mal que a parienta cediu a última hora...

Os CATRO MAGNÍFICOS da Fabada Mecánica tentarán o domingo resarcirse do Pinguelazo e levar ás vitrinas o seu primeiro título. Nada mellor que facelo no campo do eterno rival.

Enfronte, un temible BerTottenham, que no seu primeiro ano na liga pode conseguir o DOBLETE.

Gran día para o clube da Vila de Pondal, que pola tarde disputa tamén a volta da Final da Copa da Costa, con un magnífico resultado na ida (1-1 en As Raíces, Cee).





Edson Arantes, MiliQuito, AlfonSócrates e Tarzán Migueli....os CATRO MAGNIFICOS




O CARTEL DA FINAL:





ESPERÁMOSVOS A TODOS O DOMINGO NAS REDONDAS

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe empezo o ayuno pra chejar a tope a ese churracote. Vémonos.
Noraboa os finalistas

Anónimo dijo...

Fai facer un sol de carallo. Hai que enfriar ben as birras.

ratomil dijo...

O meu mais sentido pesame pa Javier polo fallecimiento do seu pai.Sintoo.

Anónimo dijo...

O mesmo digo. E a Manolo tamén.
É moi bonito que nesto do futebol, con tanta rivalidá e tanto frejao, queden a salvo as relacións humanas e haxa un minuto libre pra darlle unha palmada no lombo a un compañeiro. Chapeau pra ese lazo e pra estes comentarios.

QuitoPonteceso dijo...

E digo eu, ¿cómo ides calcular os kilos de churrasco? ¿ou tendes o matarife e a granxa a mán?

CARIOCA dijo...

Hai tres Morenos no equipe.....Morenognionovic no cepo, Mendeztzelder no campo e Ibraiminovic na furjalla preparado co depósito cheo. Jolpe de walki talki e ven a carne cajando ostias. Vos comede tranquilos.

Anónimo dijo...

....e se polo medio hai aljún que outro hosteleiro, dijo eu que o servicio non fallará non?

QuitoPonteceso dijo...

Vexo que está a cousa ben organizada, perooo... oín por ahí que se están a vender entradas falsas??? que hai de certo???

E que algún que outro empresario da zona se está poñendo as botas coa venda polas nubes do carbón e a madeira ...

E da benemétira xa non falemos ...

CARIOCA dijo...

Localizaronse 5600 entradas falsas en Corcoesto a nombre dun tal Ocheíñas, lider do Frente Urixeira, é certo, pero xa actuou a directiva e tan confiscadas. O tema do carbón ta controlado, xa se comprou fai dous meses en previsión dunha subida de precios por mor do festón. Amais estes dias "Carbones Borralla" cotiza na bolsa a baixa pola crisis. Madeira nada que trátase dun acontecemento "sostenible" e non queremos que a natureza se vexa afectada, de feito vaise recoller o churrasco sobrante pra aproveitalo noutra ocasión e non deixar residuos orgánicos de ningún tipo. Os vasos de plástico pedímosvos que os levedes pra casa pra cando precisedes levar muestra de orina o médico

CARIOCA dijo...

...vou soltar un bombazo en breve