Ángel Cuéllar, ex-xogador do Betis e BarÇa entre outros, e internacional con España, estará compartindo con todos os veteranos da Costa o gran día da final de Copa.
Presenciará a finalísima, entregará o trofeo e compartirá con nós o Xantar.
E todo un honor para nós que un veterano Crack coma Cuéllar teña a deferencia de vir por aquí.
O PRESIDENTE DESMINTE A INFORMACIÓN DO REGENCO NEWS
Fala dun presunto interés encuberto do Corcoestorino por desestabilizar e levar o Carioca pra o seu debut na Liga.
O noso presidente arremeteu hoxe contra un medio local que falaba da fichaxe do ex-internacional polos Veteranos do Cabana e incluso amosaba unha fotomontaxe do ex-internacional coa camiseta do Cabanrsenal. "Non é certo, sólo ven para estar con nós e papar o churrasquiño. Non hai negociación. O cuadrado mágico Kun-Carioca-Ibraiminovic-Lilowen resólvenos de sobra a faceta ofensiva" "Esa foto é un montaje malintencionado dun periódico que traballa pro CorcoesTorino. Non saben que facer pra desestabilizar e levar o Carioca pra aló".
O CARIOCA PRONÚNCIASE SOBRE O ASUNTO
"Vou ficar acá muitos anos. Non me inquedam as fixajes. Nâo podería jogar en Corcoesto, a altitude afétame muito e nâo daría o nivel esperado. Tou agradeÇido das ofertas mais non me movo dacá"
"Agora estamos conÇentrados na organiÇaÇao da final e nâo podemos pensar nas fixajes"
"O Cuéllar sabe que nâo tem sitio nesta dianteira. Si ven terá que ser cedido a outro equipe e esperar un posto no ataque do Cabanarsenal"
11 comentarios:
peeroo, vai en serio ou querédesvos quedar con nós?
A sejunda parte debe ser unha arjallada do carioca. A primeira se é verdá non ta nada mal. Polo menos que se fale do conto
Que pouca confianza tedes en nós. Cuéllar vai vir -salvo imprevisto, claro-. A día de hoxe confirmounos que estará con nós, e se non pasa nada vai estar nas Redondas.
Home, o de fichar.....eu que sei, todo pode ser...e veterano, ten mais de 30, aljo desto sabe,......aaayyyy
Este Domingo 29 Xuño 08 espero que sexa recordado como o gran dia da festa do futbol da Costa, Final de Copa Veteranos,Final de Copa Afeccionados,Final de do campionato de Seleccións europeas, que mais podemos pedir aos que nos gusta o futbol? eu quédome co da mañá ,esa gran final entre eses dous grandes equipos ,Bertoa campeon de Liga e Ponteceso que por segunda vez xoga unha final de Copa de veteranos,a outra na tempada 2004/05 ante o Buño no campo Ou Pinguel de Ponteceso,sendo campeon o Buño. Desde aqui invito a todos os afeccionados do futbol de veteranos ao Campo do Cabana que é onde se xogará esta final. Organiza o Cabana, xogan Bertoa e Ponteceso, invitado de honor Cuellar xogador do Barcelona ,Betis .etc. e entrega de todos os trofeos. non faltará churasco,empanadas,pan do molete,viño e gaseosa, e que non falte tamen o sentido do humor do Carioca. " Animo Organizadres "
saudos cordiais.
Pois non sabia nada do tema.
e que ti sempre andas "despistado" machiño...jajaja
O Cuellar tiña previsto xogar un maratón na cidade da Coruña o vindeiro fin de semana, pero por mor dunha lesión, non vai participar.
Eu creo que seguramente foi unha excusa para non perderse esta grande festa.
Xa tou enterado que os bombeiros lle deches unha tunda, pero non te regodees, non seas cabrón
ES-PEC-TA-CU-LAARR...NORABOA NENOS
¿¿Vai vir algunha autoridade importante??
Vin as forzas do orde (a juardia sivil) no Alto das Travesas cuns prismáticos mirando cara as Redondas e oín ó "Pencus" dicir que posiblemente tiveran que cerrar o espacio aéreo por riba das Redondas, ademáis de poñer unha patruia permanente no Alto do Monte Branco, pois disque é un lugar moi bo para francotiradores ...
Xa ves que estou enterado de todo meu.
Tas en todo macho. Pois certamente os buzos da juardia sivil andaban onte pola Urixeira e non precisamente buscando caramelas. Fálase de que un jrupo radikal suizo anda intentando reventar a festa das Redondas, non vaia ser que lle reste público pra final da euro. É por elo que Juancar chamounos onte pra decirnos que vai ir aló non vaia ser que se piquen, e non poderá estar en Neaño. Sí esperamos a chejada de Ernesto de Hannover, que oiu aljo dun jrifo de cerveza e xa anda en llamas cara akí.
Publicar un comentario