ESPERANDO OS FINALISTAS
Xa temos todo en orden pra final do 29. Gran día ese po futebol con tres finalísimas: Copa de Veteranos, Copa da Costa, Eurocopa.....ide buscando disculpas pas consortes...
Tras a reunión do domingo, a final vaise celebrar mais ou menos do xeito que sigue, salvo imprevistos de última hora:
Entrada, por suposto, GRATUITA
10:00 horas
Partido entre dúas seleccións de Primeira e Segunda división. En breve contactarán os seleccionadores pra escoller dous xogadores de cada equipo.
12:00 horas
Comenzo da gran final
14:00 horas.....se non hai prórroga e penaltis
Entrega de trofeos
14:30
Comida de confraternización.
Habilitaremos un espazo cuberto con mesas e sillas pra degustar un churrasquiño con todo o kit completo: pan, criolliños, tintorro....
Disporemos un servicio de cantina con degustación gratuita de CALLIÑOS co aperitivo, cerveziña de barril ben tirada, cubatiñas ben fresquiños, cafeíño quente e con jotas, etc.....
Musiquiña ambiental non vai faltar, e algunha que outra sorpresa tampouco
Tades todos convidados a participar no que queremos que sexa a I FESTA DO FUTBOL VETERANO DA COSTA, que sirva como día para xuntarnos todos sen balón polo medio, e que se continúe facendo cada ano coincidindo coa final da Copa.
Todos aqueles equipos que teñan previsto vir de forma mais ou menos organizada -como fixo algún xa- pedímosvos que o comuniquedes a través do noso correo carioca@cabanarsenal.com para ter unha previsión de asientos e viandas.
13 comentarios:
canainas para o programa. Eche ven mellor que o de Ana Rosa.
lamentablemente coincide coas festas patronales de Cances: O San Pedro, así pouca representación vai haber pola nosa parte, de todos os xeitos seguro que vai a ser un éxito rotundo..eu persoalmente intentarei ir aunque sexa tarde...sorte.....
Eu tamén vou. Préstome a escunchar cervezas e poñer tapas de callos. Arbitrar non, que perdín a boliña do chifre e ahora non pita, e pa señalar as faltas con ajrús tampouco creo que sea boa idea.
as cervezas veñen sin escunchar, que vai ser de barril, pro ajradecese toda colaboración que caia por alí. Fan falta parrilleros, repartidores, cortadores de pan, recollepelotas, vendedores de pipas polas jradas,....hai choio a punta pala.
si non e moita pregunta,¿quen van ser os adestradores das selecions?
Pois tamos neso. Por un lado pensóuse nos entrenadores dos dous campeóns, pero un creo que vai tar na final (Bértoa) e o outro ten que tar na parrilla (Cabana. Entonces falóuse dos máis veteranos, pero aínda non sabemos ben nin quen serán. Propoñede se queredes ou buscamos dous voluntarios e o carallo, que tampouco ten tanto problema o tema. Quedei de verme este fin de semana que ben con ModesBlatter a ver se me bota unha man con este tema, pero tamos cas orellas abertas o que digades
as 10 nas redondas fresquiño coma unha lechuja, as 7 da tarde no pinguel medio lascardete xa...a ver se chejo o sofá pra ver a final da euro....se Italia e Holanda nolo permiten. Jran día ese domingo!!
eu de adestradores poñería o Zapatóns e David Vidal.....eses si que dan espectáculo......un calquera coooño..que total é pa pasar a mañan e animar a tripa po churrasco
eu de adestradores poñería o Zapatóns e David Vidal.....eses si que dan espectáculo......un calquera coooño..que total é pa pasar a mañan e animar a tripa po churrasco
...ay secadra zapatóns xa ta libre.....casi sejuro
Hola a todos: Cambio entrada para ver a España en cuartos por viaxe con entrada as redondas para ver esa finalísima, na que espero se enfrenten o Ponteceso e o Bértoa. Non vos podo ver, pero polos comentarios dos blogs podo entender que son os dous que o merecen. Espero que vos saia ben todo ese festón. Xa me gustaría estar por ahí. Facede sitio pa un lateral dereito cando volva. Saludos e sorte os que ainda compiten
se vas o partido lárjalle un bo codazo a Tassotti da miña parte. E dille que....ffffff caaaajjjjj....e ijual, deixo quedare
como mola que nos sigades de tan lonxe. O Carioca vainos facer famosos e o carallo.
Publicar un comentario