lunes, 30 de junio de 2008

A FABADA FOI MAIS MECÁNICA QUE NUNCA
BERTOTTENHAM 1 - FABADA MECÁNICA 2

PONTECESO, CAMPEÓN DE COPA 2008

O VIDEO DA FINAL


Fixemos unha pequena montaxe con todos os videos que temos. Sentimos non ter o momento do golazo de Chano, pero foi unha desas putadiñas que fan a veces os cacharros que se moven a batería. En nome noso e da nosa Xefa do Departamento de Comunicación, Cristiniña, pedímosvos disculpas. Tamén falla o son por momentos...eu que sei....cousas da electrónica.
Pero si podedes ver os goles de Javi Fuentes e Alfonsócrates, as tanganiñas, as mellores xogadas, as imaxes da torÇida, un pouco de todo. Esperamos que vos guste.


GRAN FINAL. NORABOA OS DOUS EQUIPOS

Partidazo nas Redondas entre dous dignos finalistas. O Ponteceso levóuse o gato a auga finalmente de forma merecida polo fútbol visto sobre o campo. Chano culminou a remontada na prórroga con un golazo espectacular.



Día grande en Can Pinguel cos dous títulos de Copa. Chapeau pola organización da final da tarde, unha pena que o partido acabase así, porque a organización merecía outra cousa.

Un abrazo a Quito que tuvo que sair do campo lesionado. Esperamos verte de novo correndo moi pronto.

GRACIAS a todos por vir As Redondas, foi un día moi bonito para nós e non choramos os traballos pasados xa que mereceu a pena.

Foi unha pena que coincidise con tanta festa e tanta final, o que fixo que non se alargase demasiado o festón. Outro ano a ver se coincide mellor. Hai que procurar entre todos que a competición de liga e copa acabe un pouco antes para que todos podamos estar na final de Copa e celebrálo como Dios manda. Demostrouse que pode ser un gran día de convivencia do futbol veterano.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa Cabanarsenal, fixestes unha organización do mellor. Con colaboración todo se consegue, e onte ali erades moitos a traballar, non habia mais ca vervos. "CHAPÓ" Noraboa e gracias por todo.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Desde Cances, este humilde blogueiro, pídevos desculpas por non haber poido acudir, o mesmo que lles pasou aos demáis membros do equipo, pero a festa local trae consigo compromisos familiares ineludibles. De todos os xeitos xa me contaron que, como non podia ser doutro xeito, o bordastes. E que isto siga, pero nunhas datas máis axeitadas para todos, xa veredes que caralludo o pasamos....Saúdos desde Cances. e FELICITACIÓN PARA OS AMIGOS DA FABADA MECÁNICA POR ESE MERECIDO TÍTULO.....NORABOA

CARIOCA dijo...

Eu xa propoño pro ano que ven. Que se fije unha fecha de remate da competición na que non haxa festas en ningún dos pobos dos equipos da liga e que non coincida con nada que impida que todos podamos acudir. Onte alí comeron unhas 100 persoas...imaxinade se poidesen vir os de Cances, Corcubión, Baio, e que os que viñeron non tivesen que marchar escopetados pra ver a outra final. Liábase monumental, xa cho digo eu.

Anónimo dijo...

Noraboa. Foi moi bonito. Pena de coincidencia de fecha porque puido ser mais espectacular si cabe.
A seguir así que entre todos estase armando unha liga espectacular. E ese speaker xa debe quedar como Speaker oficial dos Veteranos pra todas as finais que se disputen. Crack. E os da parrilla tamén..¡qué churrasco!...ata o Cuéllar fuzaba nel que daba justo. Fenómenos

Anónimo dijo...

Noraboa a todos. daba gusto estar alí con ese ambiente. Safou Modesto que levou o lote, e non tiña mala pinta.
E a cañiña de cerveza non vexas o fresquiña que viña. Cantos barriles caeron?

CARIOCA dijo...

Dous barriles e medio. E bo beber.

Eu alégrome que lle tocara a Modesto. Polo menos leva algo en limpio de tanto choio que fai polos veteranos. O día anterior e ese día dende as 9 estuvo alí, colaborando a tope. E encima tivo o detallazo de deixarnos o xamón da cesta para os compoñentes do Cabanarsenal.
GRACIAS MODESTO, POLA TUA XENEROSIDADE E POLAS HORAS QUE LLE ADICAS A ESTE CONTO. SIN XENTE COMA TI IBA SER MOITO MAIS DIFICIL.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Demasiada vaselina Carioca. Onde carallo se viu que a web do Madrid felicite así os do Barsa cando ganan algo?.....non o podo creer!!!

Anónimo dijo...

Porque deixaron unha boa caixa na cantina, je, je, e porque lles subiron a taquilla con ese partidazo.
Ainda así aljún do Cabana botaba pestes vendo os campeons coa copa.
Menos mal que habia partido despois e non foron bañarse a fonte de Neaño.

Anónimo dijo...

Nas Redondas somos uns señores e demostrámolo de sobra. O Campeón felicítase sempre sexa quen sexa, e se xoga ben o futebol -coma nós- mais aínda. Nese equipo hai xente que foron compañeiros nosos e viceversa. Hai que saber levar ben as rivalidades, sobre todo en Veteranos.
....eso non quita que estemos desexando que chegue o DERBI do ano que ven pra ganalo. AUPA CABANA!!!...e noraboa de novo a Fabada Mecánica

QuitoPonteceso dijo...

Bueno meus, antes de nada dar as grazas pola tremenda organización da final e sobre todo pola personalidade de cada un de vós.

No momento da miña lesión xa había na banda persoal para atenderme en todo o posible e xa había unha "ambulancia" preparada para levarme ó centro de saúde. Grazas ó conductor de dita ambulancia que tivo que facer duas viaxes, e grazas ó emfermeiro "O Jato" por estar en todo.

GRAZAS e eu apostaría en que a próxima edicción a organizárades vós outra vez.

QuitoPonteceso dijo...

Na parte deportiva, foi unha pena esta lesión, porque senón ía haber espectáculo do bo, bo fútbol e moita deportividade sobre todo.

Cando a cousa estaba rematada de engrasar, rompeu unha peza, pero que se lle vai facer.

Anónimo dijo...

COMO NON ESPERÁBAMOS MENOS, GRAN COBERTURA INFORMATIVO-MEDIÁTICA. SODES UNS FENÓMENOS. ESTE ANO PASEINO PIPA CON VOS DESDE AQUI, EN GINEBRA. QUE PUTADA NON HABER ESTADO AHI. SALUDOS. BO VRAN A TODOS

Anónimo dijo...

Cheirame a chamusca que o video se jodera para filmar o levantamento da copa polo Ponteceso en territorio komanche. Je, Je

CARIOCA dijo...

Mal pensao. Cree o ladrón que todos.....xa sabes...tal e tumba. Se fose como ti pensas non perdiamos o tempo arjallando esta comedia pra divertir o enemijo. A los hechos me remito.

CARIOCA dijo...

De todas formas, teredes video co levantamento da copa e con todo o que haxa, o que pasa é que a día de hoxe Cristiniña non puido pasarme os ultimos videos porque a cámara é súa e tena ela en donde vive, e cando recollemos non eran horas de descargalas, e por email non collen que ocupan moito, e enton ata que a vexa de novo non poderei telos, e Cando chejen dareivos o justazo, e tou preparando un CD pros membros da Fabada Mecánica pra que o garden de recordo, e tal, e tal, e tal...

PD. Sobraban explicacións, pro eu son así. Jodíame un pouco que se dudara da nosa honestidad. De novo: Noraboa Fabada Mecánica....pro no derbi ides palmar. Amén.

Anónimo dijo...

Se se vai facer DVD e sobra espacio, por favor, a mín ponme tamén o partido da selección, así non compro o AS. je,je,je

CARIOCA dijo...

...vai levar tamén un epílogo moi interesante: "Jabatas en la Urixeira"....¿?

Anónimo dijo...

bueno, e que hai do asalto a primeira división. Hai fichajes ou non? Hai baixas? O de Ibraiminovic vai pra diante ou non?...queremos sabere!!!

QuitoPonteceso dijo...

Carioca, mira por ahí a ver se sobrou algún óso da comilona para cambialo por un roto...

CARIOCA dijo...

Vas a de Pompilio que malo será que non teña por alí aljún ferruxe que valga.
se hai lume estes días ¿a quen cojones chamo ahora?

CARIOCA dijo...

Lisbaski, de momento non podemos facer nada público porque hai en ciernes unha moción de censura a vista das contas que presentou o tesorero. Xa se fala dun embarjo dos panós, toldos, megafonía, e de todo o que se montou pra final. Malversación, autoconsumo indiscriminado...un follón. O tema de fichajes e baixas está paralizado. Temos que ir todos declarar e a ver que pasa...