Domingo nefasto, peor imposible. O noso compañeiro Toninho Cerezo acabou no hospital de Cee con fractura de peroné e ligamentos do tobillo. O autor da terrible entrada tuvo o detalle -hai que dicilo- de visitarnos ata a misma porta de urxencias para preocuparse polo estado de Toni, pero ese gran detalle non pode deixar de lado que fagamos unha importantisima reflexión: en veteranos non se pode entrar asi, e en todo caso os arbitros teñen que parar estas cousas con roja e o comité con sancións exemplares. Toninho xa sufrira unha terrible entrada por detrás na primeira parte, que o sacou do partido momentáneamente. O agresor, despois de patealo por detrás soltou "a próxima douche mais arriba", en presencia do árbitro. Resultado:¡¡amarilla!!. Na segunda sufriu a entrada que o rompiu definitivamente de novo por detrás e sin opcion de chegar o balón, a 50 metros da portería. O "colexiado" volveu decretar amarilla!!!,.....el saberá por qué e en que regulamento se basa.
O PARTIDO ACABOU ANTES DE TEMPO
O partido non se acabou de xogar. Quixemos marchar no minuto 32 da segunda ante o que estaba sucedendo. Non contento con pasar por alto o durisimo xogo local, o "colexiado" pitou un penalti que solo él viu, -dicindo despois aquelo de "equivoqueime"-......que metiu o Corcubión nun partido que tiñan perdido gracias o gol inicial de Peli e no que nos xa empezábamos a non estar tras o acontecido. Chegou o segundo e as protestas nosas, que, éstas si, mereceron unha roja para quen escribe. As palabras teñen mais castigo para este colexiado que as entradas por detrás con lesión incluida.
Chegamos a Corcubión con 13, xogamos 11 xustos coas prematuras lesions de Ibrahiminovic -recae e pinta mal a cousa-, Toninho e Kaká. Éstes dous seguiron como puideron, como Albertotti, Caldereyes e Kostadinov que tamén andaban renqueantes. Aínda asi adiantámonos e tiñamos o partido controlado.
Pero o árbitro non estaba disposto a que ganáramos e de novo atentou contra o Cabaninter, van Seis de Seis....e esto ten diagnóstico claro: "manía persecutoria".
Pero o árbitro non estaba disposto a que ganáramos e de novo atentou contra o Cabaninter, van Seis de Seis....e esto ten diagnóstico claro: "manía persecutoria".
ANIMO TONINHO !!!!, que o peor e ó teu, o resto ten bo arreglo
7 comentarios:
Boas, son Xose do Rosalia, e so decir que o que foll... mal, ou teña problemas na casa, que quede no seu domisilio e non vaia a faser o mal a nadie. Nos este sábado xojando en Ribeira, aljo paresido con aljuns que ainda creen que Del Bosque os vai levar a Sudáfrica, ainda que non acabamos con nada roto. Animo Toninho dende Padrón, e os malos sempre perden, que o sepan...
ANIMO TONIÑO, dende Ponteceso desexamosche unha pronta recuperacion. Nos hoxe algo parecido como dixen no noso blog pero que por suerte non pasou nada.
ANIMO ¡¡¡
O Xuventude de Bergantiños, lamenta tan grave lesion, y desde Cances só nos queda darlle ánimos a TONIÑO e desexarlle un pronta recuperación, ¡¡¡ÁNIMO TONIÑO!!!
animo toñiño!!!
os veteranos do buño tamen non andamos con boa sorte:pablo,kiko,diego,rouco,...lesionados de certa gravedade
Dende Malpica unha forte aperta para Toninho e esperamos que se recupere o máis axiña posible.
Só lembrar a nosa filosofía: ¡somos coma a fame de malos, pero saímos o campo a disfrutar cos e dos compañeiros e a poder ser vir dunha peza para a casa; algúns cunhas copiñas de máis; por eso entradas con ou sin intención non deberían ter cabida en ningún campo de xogo; deberíase castigar accións deste tipo e non por falar, aínda que moitos veteranos perdémosnos pola boca ¡lei de vida!
Sorte campeón!
Moito ánimo para o crack dos saques de banda. Que sirva para reflexionar os demais, a esas alturas non imos ganar nada, o único que podemos facer é perder o choio por culpa do futbol.
Saludos, animo toniño!!
Dende Soandres desexarlle unha pronta recuperacion a Toniño, animo compañeiro.
Publicar un comentario