VOLTOU "O ARREÓN DAS REDONDAS"
Esta vez o can flaco escapou das puljas. Con Toninho e o Kun en muletas -polo menos o 9 pagou os viños, mais non pode facer de momento-, Ibrahiminovic lesionado tamén para rato, Cescollazo de baixa por fiebre, Lilowen desaparecido, Carioca na nevera de novo por non calar a tempo........e 0-2 o descanso contra o Vimianzenit......todo apuntaba a unha hecatombe nas Redondas. O Frente Urixeira xa berraba aquelo de "jugadores mercenarios!!"...."Allo vete ya"....."Jenaro botaos fora!".......pero o Cabaninter é moito Cabaninter e puxo en marcha o Arreón Final que tantas mañáns emocionantes proporciona os xiareiros na Urixeira. 4 goles, obra de Kakà, Mendeztzelder de falta directa, Beckam do Buzaco e Juninho Penambucano que voltou despois de varias xornadas pa botar unha man ante tanta baixa. Lástima que o "Alves" da liga de veteranos non poida vir mais a miudo este ano, haberá que buscarlle un choio por cerca.
Foi unha segunda parte perfecta na que un ciclón arrasou os visitantes. Espectacular remontada e 3 puntos para seguir na parte alta da zona morna e alcanzar o Canceslautern que perdeu no Pinguel. Tamén recortamos cos Ponis que pincharon co Bertotenham. O Berganchester City, sigue lider e recupera fuelle con goleada de escandalo o Clube do Mar e S.Románchester pinchou de novo empatando sin goles co Zas.
O domingo visita a Buño. A ver se imos recuperando efectivos, que este ano non ganamos pras consultas. Haberá que rastrear o mercado pra cubrir fichas libres senón imos acabar en cuadro. Intentaremos recuperar tamén algo de tempo para poñer o blog o día, no seu habitual tono, que últimamente está abandonado. Limitámonos a mandar a crónica desde o "cacharro máxico" e retocala un pouco cando queda tempo. A xente non deixa de visitarnos, hainos moi habituales, e eso agradécese. Asi que pronto teredes mais "chicha".
No hay comentarios:
Publicar un comentario