viernes, 30 de octubre de 2009

ESCANDALO !!!

O "CUMPLEANOS" DO CARIOCA

Canastebild destapa o escándalo en vísperas do Clásico

Era un secreto a voces en Cabana. Hoxe o diario sensacionalista Pontecesán Canastebild destapou o escándalo do "cumpleanos" do Carioca. Media plantilla está implicada, incluido o actual adestrador, Allolotti. Foi en vísperas do inicio de liga nun conocido local de moda cabanés. Mulleres, alcohol,.....desenfreno absoluto do crack brasileiro en compañia de parte dos integrantes do plantel do Cabaninter.

BAIXO RENDEMENTO
O caso é que o Carioca este ano aínda non mollou e no clube alguén pensa que sigue de vacacións. De todos é sabido o seu desquiciamento que o levou a estar dous partidos na nevera polo "IturramaGate" e a ser expulsado do banquillo no partido do pasado domingo por unha pequena discusión co mister pola súa ubicación o campo.


O MISTER SÁCALLE FERRO O ASUNTO

"O clube xa ten un informe do acontecido no cumpleanos do Carioca. A prensa sensacionalista do outro lado do río intenta desestabilizar, non foi pa tanto"
"O Carioca precisaba un pinchaziño pra que de o mellor de sí, por eso o outro día viñalle ben ducharse antes de tempo. Non pasa nada, son cousas que quedan no campo de futebol"
"O domingo toca ganar o Clásico para seguir arriba. Eles quererán endereitar o rumbo a conta nosa"
"Este ano si, imos dar jerra".


O PAI DO CARIOCA DEFÉNDEO DENDE BRASIL
Jenarinho de Coritiba, pai e representante do futebolista defende o xogador dende o seu retiro en Copacabana:
"O Carioca tem muita ilusión pra esta tempada. O equipe está sen atacantes i el vai coller esa responsabilidade. A festa cas garotinhas foi algo normal, os brasileiros somos asi, o que pasa qui a prensa da Fabada Mecánica tenta buscar polémica porque sabe que o jogador tem ganas de marcar no clásico".
Tamén aproveitou pra lanzar un aviso o Cabaninter: "Se nâo tem a contunuidade que precisa no ataque, teremos que revisar a situaçao do jogador a final de ano. Tem ofertas muito importantes"


FENÓMENOS PARANORMALES
Canastebild tamén publica estas fotos nas que se producen dous fenómenos extraños: o Carioca, reconocido madridista, deixouse ver de festa por Barcelona co mismísimo Ronaldinho, e pra rematar o Kun, colchonero de nacemento, acaba de ser fotografiado no mismísimo Bernabeu presenciando o Real Madrid en compañia do Kaká. "Eu fun ver como perdían, malpensados". O caso é que parece que no Cabaninter hai fenómenos paranormales ultimamente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Uyyy! Que desenfreno!!! Ese periodista do canastebil ten bos contatos.
Jajajaja