AQUÍ LLE DOE O CABANINTER.
Unha xogada fortuita con un defensor do Vimianzenit provocou unha lesión que xa ten parte oficial: "Rotura de menisco con posible afectación do ligamento cruzado....co agravante de ser o individuo afectado autónomo". Non hai duda, o Kun perderá unha gran parte da temporada, senón toda, e o Cabaninter perde o seu dianteiro centro de guardia. A visita o traumatólogo confirmou os peores presagios e mesmo pode ter tocado o ligamento cruzado. O noso compañeiro tense que ir facendo a idea do bisturí e poñerlle ganas para recuperarse canto antes.
Unha xogada fortuita con un defensor do Vimianzenit provocou unha lesión que xa ten parte oficial: "Rotura de menisco con posible afectación do ligamento cruzado....co agravante de ser o individuo afectado autónomo". Non hai duda, o Kun perderá unha gran parte da temporada, senón toda, e o Cabaninter perde o seu dianteiro centro de guardia. A visita o traumatólogo confirmou os peores presagios e mesmo pode ter tocado o ligamento cruzado. O noso compañeiro tense que ir facendo a idea do bisturí e poñerlle ganas para recuperarse canto antes.
A salida da clínica do prestixioso traumatólogo, o Dr. Tolidón, onde lle foron confirmados os peores presaxios, o Kun mostróuse optimista a pesar das fatales noticias:
"Volverei nesta temporada, que non den de baixa o 9. Ahora que estaba en racha....cajinamarilus e nos sant.......ahora qué?, porque...brrrrrr, cajohastanos......aaaaghhhh. Este país ta coma o carallo!!!"
ANIMO KUN !!!!!!
Caralladas aparte, a aínda que informamos do asunto con certa sorna para non perder a costumbre, menuda putada. O Kun foi o choque con un defensor do Vimianzenit e o giro co pe apoiado provocoulle unha canteira de medo na rodilla. Eso é o peor deste conto, pero é o que hai. Dende aquí mándámoslle moitos ánimos o noso compañeiro de parte de todos os membros do equipo. Esperámoste cos brazos abertos.
O PARTIDO. VICTORIA CONTUNDENTE 3-6.
Partidazo a pesar das baixas de Mendeztzelder, Carioca e Beckam do Buzaco -castigados polo Iturramagate-, Albertotti, Cescollazo e Toninho.
A conexión Ibrahiminovic - Zizou Moreno - Kaká funcionou a perfección. O 0-1 foi obra de Martin Petrov, e pronto poñería Ibrahiminovic o 0-2. Karembeugenio con mala sorte, fixo o 1-2 en propia meta, pero pronto o arreglou o Kun poñendo o 1-3. Cerca do descanso "pichichi" Litos poñia o 2-3 e a incertidumbre no marcador.
Na segunda xurdiu a figura do Kaká, que esta vez foi Álvaro....Negredo, e reconvertido en dianteiro centro pola desgraciada baixa do Kun, marcou un Hat-trick que finiquitou o partido. Puxo o 2-4 e o 2-5. Litos volviu a tentar meter os locais no partido pero Kaká finiquitou o partido co 3-6 definitivo.
Gran victoria que nos mantén na pomada, sextos a catro puntos da cabeza. Os Ponis, Berganchester City e SanRománchester United parece que son os cocos da liga de novo e comandan con 10 puntos. Detrás o sorprendente Canceslautern, que ganou a Fabada Mecánica 2-1 no Vinculeiro Stadium, con 8 puntos e a continuación o Corcubión e o Cabaninter con 7 puntos. Esto está ben bonito. O domingo recibimos o Buño coas baixas de Mendeztzelder e Carioca -ultimo partido de castigo- e a xa sabida do Kun. Parece que teremos que confiar a dinamita de novo o Kaká, que está en racha.
13 comentarios:
Antes de nada darlle ANIMOS ao KUN para que se recupere rápido desa desgraciada lesión. Esa é parte máis ingrata da nosa aficción: as malditad e temidas lesións. ¡¡¡Animo Kum!!!.Despois darvos e noraboa por la victoria en Vimianzo, está visto que sodes un máquina de facer goles, así que creo este vai ser un bó ano para vós. Saudos desde Cances
que non sexa nada, Emilio. a pensar na recuperación. que sexa canto antes e que non haxa secuelas.
os compañeiros do Nanton ,queremos mandarlle moito animo para o Kun e que volva pronto a facer goles co Cabaninter , un saudo.
Os compañeiros do Ponteceso de Veteranos mandamoslle todo o noso apoio a Emilio "Kun"...que se recupere pronto para poder seguir desfrutando do seu futebol.
¡¡ ANIMO E QUE TEÑAS UNHA PRONTA E BOA RECUPERACION !!
kun,kun,kun,kun!!!!
ÁNIMO CRACK, ESPERÁMOSTE!!
...o último fun eu....sei que lle fai ilusión. jeje
E a vos Marko, ollo o piollo!!...non vaiades aproveitar as circunstancias pra negociar a baixa...que vos conozco! jajaja
gracias e saludos
eu tamen quero expresarlle o meos animos a ese grande xogador de futbol e que grande como persoa,esperamos que non sea nada e que pronto estea outra vez encima da herva de mentira pra seguir marcando goles e deleitandonos con seu futbol. "ANIMO KUN...KUN...KUN."
UNHA APRETA.
Menuda faena. O meu ánimo tamén para o Kun. Que saia todo ben e que non haxa secuelas. ANIMO!!!!
Saludos o Kun e a todo o Cabaninter. O domingo a ganar para adicarllo o KUN. ARRRIBA KUN!!!!
Ánimo Kun!
E o equipo a seguir asi con esa racha goleadora. A mellor defensa é un bo ataque, xa o dixo cruif.
Aupa Cabana!!!! Este ano SI!!
Moitas gracias a todos polos mensajes de ánimo! estou fastidiado pola lesión pero moi contento polo apoio recibido e de verdad que así lévase un pouco mellor; andade con coidado e disfrutade da liga que pa eso se fixo e este ano vai estar moi bonita. Un abrazo a todos e de verdad Moitas gracias. Como diría o Cordobés...o caso é non perder nas obras!
Kun.
o kun é un crack, non hai duda!
Atleeeeeeeeetiiii!!!
jodete cabron,polo carallo te lesionaches traballando jejejjeje vas como o atletico jodido.ala a rascala yimmy
Publicar un comentario