Foi o minuto de silencio máis estremecedor que recordo. Foi un instante no que todos nos acordamos de Eugenio e da súa familia. Xuntos os 11 no medio campo e xuntos o resto no banquillo. Cando o colexiado mandou empezar o partido alguén dixo: "hai que ganalo e dedicarllo a Eugenio". Asi foi, esta victoria está dedicada o noso compañeiro e a súa familia. Nesta semana tan dura, foi gratificante comprobar como chegan os mensaxes de ánimo da xente do futbol veterano, dos compañeiros da liga. Son xestos sencillos pero que, despois de un trago tan duro, poñen o seu gran de area para axudar a sobrepoñerse.
O noso esforzo agora estará en axudar a Eugenio a volver, a seguir adiante. Farémoslle chegar todo o que aquí escribichedes no seu debido momento. En nome de Eugenio e dos seus compañeiros todos, moitas gracias. O futbol é solidario, sin duda eso é o mellor que se pode dicir deste deporte e desta liga.
1 comentario:
ANTE A NOTICIA COÑECIDA NO DIA DE ONTE,DENDE O SAN ROMAN DE VETERANOS DARLLE O MAIS SENTIDO PESAME O COMPAÑEIRO EUGENIO E FORZAS PARA AFRONTAR ESTA TERRIBLE PERDA
Publicar un comentario