viernes, 30 de octubre de 2009

ESCANDALO !!!

O "CUMPLEANOS" DO CARIOCA

Canastebild destapa o escándalo en vísperas do Clásico

Era un secreto a voces en Cabana. Hoxe o diario sensacionalista Pontecesán Canastebild destapou o escándalo do "cumpleanos" do Carioca. Media plantilla está implicada, incluido o actual adestrador, Allolotti. Foi en vísperas do inicio de liga nun conocido local de moda cabanés. Mulleres, alcohol,.....desenfreno absoluto do crack brasileiro en compañia de parte dos integrantes do plantel do Cabaninter.

BAIXO RENDEMENTO
O caso é que o Carioca este ano aínda non mollou e no clube alguén pensa que sigue de vacacións. De todos é sabido o seu desquiciamento que o levou a estar dous partidos na nevera polo "IturramaGate" e a ser expulsado do banquillo no partido do pasado domingo por unha pequena discusión co mister pola súa ubicación o campo.


O MISTER SÁCALLE FERRO O ASUNTO

"O clube xa ten un informe do acontecido no cumpleanos do Carioca. A prensa sensacionalista do outro lado do río intenta desestabilizar, non foi pa tanto"
"O Carioca precisaba un pinchaziño pra que de o mellor de sí, por eso o outro día viñalle ben ducharse antes de tempo. Non pasa nada, son cousas que quedan no campo de futebol"
"O domingo toca ganar o Clásico para seguir arriba. Eles quererán endereitar o rumbo a conta nosa"
"Este ano si, imos dar jerra".


O PAI DO CARIOCA DEFÉNDEO DENDE BRASIL
Jenarinho de Coritiba, pai e representante do futebolista defende o xogador dende o seu retiro en Copacabana:
"O Carioca tem muita ilusión pra esta tempada. O equipe está sen atacantes i el vai coller esa responsabilidade. A festa cas garotinhas foi algo normal, os brasileiros somos asi, o que pasa qui a prensa da Fabada Mecánica tenta buscar polémica porque sabe que o jogador tem ganas de marcar no clásico".
Tamén aproveitou pra lanzar un aviso o Cabaninter: "Se nâo tem a contunuidade que precisa no ataque, teremos que revisar a situaçao do jogador a final de ano. Tem ofertas muito importantes"


FENÓMENOS PARANORMALES
Canastebild tamén publica estas fotos nas que se producen dous fenómenos extraños: o Carioca, reconocido madridista, deixouse ver de festa por Barcelona co mismísimo Ronaldinho, e pra rematar o Kun, colchonero de nacemento, acaba de ser fotografiado no mismísimo Bernabeu presenciando o Real Madrid en compañia do Kaká. "Eu fun ver como perdían, malpensados". O caso é que parece que no Cabaninter hai fenómenos paranormales ultimamente.

lunes, 26 de octubre de 2009

XOGAMOS MIRANDO O CEO

Foi o minuto de silencio máis estremecedor que recordo. Foi un instante no que todos nos acordamos de Eugenio e da súa familia. Xuntos os 11 no medio campo e xuntos o resto no banquillo. Cando o colexiado mandou empezar o partido alguén dixo: "hai que ganalo e dedicarllo a Eugenio". Asi foi, esta victoria está dedicada o noso compañeiro e a súa familia. Nesta semana tan dura, foi gratificante comprobar como chegan os mensaxes de ánimo da xente do futbol veterano, dos compañeiros da liga. Son xestos sencillos pero que, despois de un trago tan duro, poñen o seu gran de area para axudar a sobrepoñerse.
O noso esforzo agora estará en axudar a Eugenio a volver, a seguir adiante. Farémoslle chegar todo o que aquí escribichedes no seu debido momento. En nome de Eugenio e dos seus compañeiros todos, moitas gracias. O futbol é solidario, sin duda eso é o mellor que se pode dicir deste deporte e desta liga.

lunes, 19 de octubre de 2009

EUGENIO, UN ABRAZO

Non hai consuelo. A pérdida dun fillo é algo irreparable.
Nadie se imaginaba esto cando marchaches onte a correr do campo. Sentímolo moito amigo, compañeiro.
A noticia corriu entre todos os teus compañeiros esta mañan enfriando os nosos corazóns. Durísimo. Todo o demais perde sentido ante esto, todo.
Sentímolo moito, un abrazo moi grande para ti, para Ana, para todos os teus.

jueves, 15 de octubre de 2009

O KUN ROTO !!

AQUÍ LLE DOE O CABANINTER.
Unha xogada fortuita con un defensor do Vimianzenit provocou unha lesión que xa ten parte oficial: "Rotura de menisco con posible afectación do ligamento cruzado....co agravante de ser o individuo afectado autónomo". Non hai duda, o Kun perderá unha gran parte da temporada, senón toda, e o Cabaninter perde o seu dianteiro centro de guardia. A visita o traumatólogo confirmou os peores presagios e mesmo pode ter tocado o ligamento cruzado. O noso compañeiro tense que ir facendo a idea do bisturí e poñerlle ganas para recuperarse canto antes.

O ASTRO NON PERDE A ESPERANZA

A salida da clínica do prestixioso traumatólogo, o Dr. Tolidón, onde lle foron confirmados os peores presaxios, o Kun mostróuse optimista a pesar das fatales noticias:
"Volverei nesta temporada, que non den de baixa o 9. Ahora que estaba en racha....cajinamarilus e nos sant.......ahora qué?, porque...brrrrrr, cajohastanos......aaaaghhhh. Este país ta coma o carallo!!!"

ANIMO KUN !!!!!!
Caralladas aparte, a aínda que informamos do asunto con certa sorna para non perder a costumbre, menuda putada. O Kun foi o choque con un defensor do Vimianzenit e o giro co pe apoiado provocoulle unha canteira de medo na rodilla. Eso é o peor deste conto, pero é o que hai. Dende aquí mándámoslle moitos ánimos o noso compañeiro de parte de todos os membros do equipo. Esperámoste cos brazos abertos.


O PARTIDO. VICTORIA CONTUNDENTE 3-6.

Partidazo a pesar das baixas de Mendeztzelder, Carioca e Beckam do Buzaco -castigados polo Iturramagate-, Albertotti, Cescollazo e Toninho.
A conexión Ibrahiminovic - Zizou Moreno - Kaká funcionou a perfección. O 0-1 foi obra de Martin Petrov, e pronto poñería Ibrahiminovic o 0-2. Karembeugenio con mala sorte, fixo o 1-2 en propia meta, pero pronto o arreglou o Kun poñendo o 1-3. Cerca do descanso "pichichi" Litos poñia o 2-3 e a incertidumbre no marcador.

O KAKÁ DESMELENÓUSE
Na segunda xurdiu a figura do Kaká, que esta vez foi Álvaro....Negredo, e reconvertido en dianteiro centro pola desgraciada baixa do Kun, marcou un Hat-trick que finiquitou o partido. Puxo o 2-4 e o 2-5. Litos volviu a tentar meter os locais no partido pero Kaká finiquitou o partido co 3-6 definitivo.
Gran victoria que nos mantén na pomada, sextos a catro puntos da cabeza. Os Ponis, Berganchester City e SanRománchester United parece que son os cocos da liga de novo e comandan con 10 puntos. Detrás o sorprendente Canceslautern, que ganou a Fabada Mecánica 2-1 no Vinculeiro Stadium, con 8 puntos e a continuación o Corcubión e o Cabaninter con 7 puntos. Esto está ben bonito. O domingo recibimos o Buño coas baixas de Mendeztzelder e Carioca -ultimo partido de castigo- e a xa sabida do Kun. Parece que teremos que confiar a dinamita de novo o Kaká, que está en racha.

jueves, 8 de octubre de 2009

TODO O REVÉS

PARTIDAZO, DERROTA INXUSTA E ESCABECHINA....

Coma o pantalón de Toninho,..así saliu todo o domingo. Partidazo ante un rival durísimo, e digo durísimo polo difícil que son como equipo e polo xogo duro que emplearon por momentos e que o colexiado non soupo cortar. Eso sí, coidado co Corcuavión, que se reforzou e este ano vai ser un equipo a ter en conta, seguro. Siguen co mismo espíritu de loita de sempre e ahora incorporaron dúas balas.


DOMINIO DO XOGO, PERO NON DO MARCADOR

Dominamos o partido pero empezamos a remolque 0-1. Empatamos pronto por medio de Albertotti, volvemos a estar a remolque 1-2 e empatou moi pronto de novo Pellitsbarski.
Os dous goles do Corcubión foron protestados por mais que dudosa posición ilegal. Na segunda parte volcámonos e tuvemos innumerables ocasións, algunhas falladas increíblemente a bocajarro, pero fómolas desperdiciando todas. O Corcubión aproveitou unha das poucas ocasións e Domingos nun disparo lonxano moi axustado o largueiro finiquitou o partido, un golazo por certo. Un clamoroso penalti non pitado sobre Carioca na última xogada do partido desatou as protestas nun partido que xa estaba quente e que acabou con dous expulsados, Carioca e Mendeztzelder, e coa posterior "fuga" do colexiado coas fichas do Cabaninter e a acta sin firmar....de expediente X.


ITURRAMA GONZÁLEZ, PROTAGONISTA


Dixen aquí na crónica da primeira xornada que ibamos intentar non falar dos árbitros. Ainda así non podes decir que chove cando mexan por ti, e a este home ademais hai que cumplirlle o desexo de ser protagonista deste blog. Igual que o seu homólogo de primeira división gústalle estar no candelero, e nos non imos impedirlle tal desexo.

Como consello, ahora en serio, hai que dicirlle a él, e a todos os colexiados, que é mais importante amonestar as entradas duras e moito mais as durisimas (dous pés por diante ou "tackling" por detrás -Lilowen ainda se acorda-) que as protestas motivadas por esas entradas. Tamén hai que dicirlle que antes de marchar coas fichas e sen entregar as actas ten que esperar a falar co delegado, que ten dereito a ducharse coma todos.
O problema é que nesto do futebol, pasa coma coas multas, o que dí a "autoridade" sempre vai a misa, e os famosos "anexos" son armas de matar dependendo quen as use.


Dito esto tamén digo que o Comité bastante fai con aguantarnos a todos, e se o regulamento di que hai que ceñirse o que di a acta, pois fai ben en aplicalo. Non lle envidio nada o choio. Toca acatar as sancións, plan específico de entrenos, e a próxima caladiños por si acaso...vai ser complicado, pero tentaremolo.

ESCABECHINA
O final, aparte da dolorosa derrota, por inmerecida, temos que ser protagonistas da circular con 2 partidos para Mendeztzelder, 2 para Carioca e 1 para O Beckam do Buzaco. Aparte 30 €urazos que aínda doen mais, porque salen do presupuesto que temos para viños.

Visto así é dificil explicalo, pero é absolutamente inxusto. As protestas, fora ou non de lugar, estaban mais que xustificadas. A este colexiado solo lle pedimos que cumpla aquela promesa que fixo cando pediu o comité por escrito nunha acta non pitar mais o Cabaninter. Dámoslle a bendición o seu desexo.

O DOMINGO, A VIMIANZO
A derrota lévanos o 6º posto, a 3 puntos do Nantón que é o novo líder da liga. Este domingo visitamos a un Vimianzenit colista, pero que seguro que o dará todo contra nós. Intentaremos seguir ahí na pomada.

O BLOG, DESATENDIDO
Un incondicional reclamaba a crónica da semana. Sinto moito pero este ano non esperedes tanta actividade no blog. Cada vez faise mais difícil telo o día. A semana que ven seguramente non teremos crónica tampouco. A crisis afecta pa todo, fixemos un ERE no que foron os corresponsales a calle,....jeje.... co cal, pacencia, e gracias por seguirnos.

viernes, 2 de octubre de 2009

DESCUBRINDO TALENTOS

Descubrimos a un primo lonxano do Carioca, un verdadeiro crack!...donde pon o ollo, pon a bola.

Ahora solo fai falta encontralo e facer que veña. Mi madriña que maneira de tocar a bola!...FÍCHALO! FÍCHALO!