BOCHORNO EN PORTA ¿SANTA?
¡¡ 11-1 !!, RÉCORD -NEGATIVO- DA LIGA......E TRESCENTAS MIL MENOS..
Domingo que recordaremos para sempre, por desgracia. Xogamos durmindo e xa temos un récord: a derrota mais escandalosa do ano, e unha das mais escandalosas da historia desta liga. Por un momento parecía que xogábamos contra Señor, Maceda, Rincón e compañia aquel 21 de decembro do 83.
Se seguimos así pronto seremos tamén os número 1 en goles recibidos, xa que solo estamos a 7 goliños dos 48 que leva encaixados o Canceslautern.
Un coladeroNon hai explicación posible o que aconteceu onte deportivamente falando. Cando entramos en calor xa tiñamos 4 o lombo. No descanso 6-0, e cando se atisbaba unha pequena intención de reacción -co 6-1 do Kun ata eles dicían aquelo de "qué non nos pase coma alóoo!- caeunos o 7º noutro contragolpe....e adíos. De ahí o final un desquiciamento general, algunha que outra ocasión clara, e un carrusel de contragolpes que ata puideron significar mais goles. O caso é que non hai disculpa nas baixas, xa que eramos 13 contra 11 dos locais, o que agrava aínda mais o análisis.En fin pasar páxina canto antes, mirar ben cada un o seu ombligo, e a recuperar ánimos po Clásico do domingo nas Redondas. A ver quen lle explica o mister cando volva da súa estancia con Sarkosy o que pasou estas xornadas. O que está claro é que esto é unha boa cura de humildad que nos volve a demostrar que no futebol si non corres e non tes un mínimo de concentración, non hai equipazos nin fichajes que valgan. Hai que correr sempre un pouquiño mais que os outros, animarse e xogar tranquilos. Sobre todo en veteranos donde todo se iguala mais.Aquí vale mais un berro de ánimo a un compañeiro que unha rabona ou un taconazo.
COIDADO COAS CARTEIRAS!!!Pero como a jato escajallado todo son pulgas, o peor aínda estaba por vir de volta os vestuarios. Non nos deixaron nin pa tomar os viños. Non se nos facilitou a chave dos vestuarios -parece ser que non había- e algún fenómeno aproveitou para entrar e vaciar as carteiras de todo quisqui. Unhas 300.000 das antiguas pesetiñas que se levou o/os fill.......de la gra.....p....
Eso sí, fixérono con tempo e seguramente vixiancia, porque ocupáronse de miralas ben todas e separar o que interesaba do que non. Por certo, o caco fuma porque levou tamén un par de paquetes de tabaco.
C.S.I. PAIOSACOTodo o que puidemos conseguir foi a presencia dun "espectacular" despliegue formado por 1 guardia civil, 1 boli BIC e 1 libreta cuadriculada, en fin, que Perry Maison estaba liado e o único que fixemos foi perder unha horiña mais alí. Mentras tanto o inspector Horatio Cain Mino fixo as labores de inspección do lugar do crime, como podemos ver na instantánea do lado. Algo é algo pero non atopou mais ca un calzoncillo que lanzaron alí enriba aljún que xojou cando se inaugurou o campo.
Polo que poidemos saber hoxe, non é a primeira vez que pasa nese campo, cousa que onte non nos dixeron así. Dicir tamén que a colaboración por parte do personal que abre o campo (creo que é do Concello) foi NULA. Ata quedou en segundo plano o feito de que se abrise o campo as 11:05, hora para a que estaba previsto o comenzo do partido.
Resumindo: QUE POIDEMOS QUEDAR NA CASA, QUE NON PASABA NADA, ARREGLÁBASE A COUSA CON UN 3-0 E 100 EURIÑOS DE MULTA....INDA AFORRÁBAMOS DE CARALLO!!
UN AGRADECEMENTO:
A Carracedo, do Bértoa, que en todo momento se mostrou solidario con nós e que mesmo hoxe, luns, chamou o noso delegado Allo para interesarse. Gracias Carracedo, polo menos que nos quede a solidariedade entre equipos. Chapeau!!
PETICIÓN DE FUTUROHoxe pedimos formalmente o comité a través dunha carta, que, aparte da puntualidade e da aujiña quente, que está moi ben, no futuro se exija os equipos ter os vestuarios provistos de cerradura con chave ou do contrario que se encarguen de vigilar o que pase nos recintos. Xa solo nos quedaba levantarnos o domingo pensando onde esconder a carteira.