martes, 23 de diciembre de 2008

A TODA A XENTE DA LIGA DE VETERANOS:




¡¡¡ BOAS FESTAS E BO ANO NOVO !!!


Aquí vos deixo un vídeo que grabamos nos "pinchotes do nadal", con él queremos desexar a toda a xente da liga o mellor para o novo ano que comenza.



O noso desexo é que a liga siga sendo un bo motivo para encontrarnos todos os domingos nos campos e nas tabernas e que este invento dos blogs sexa a mellor maneira de rirnos de todo o que pasa entre nós



lunes, 22 de diciembre de 2008

SOLO 1 PUNTO DOS ÚLTIMOS 9 DISPUTADOS

SIEMPRE NOS QUEDARÁ O PARIS!
Pois eso, sempre nos quedará o Paris, A Tasca, a de Ramón....en fin, as nosas paradas onde afojar as penas. Outro patinazo descomunal ante un equipo, o Zas, que este ano nos pelou duas veces -se loitasen sempre así non estarían en postos de descenso-. Derrota 1-2 nun partido que tuvo de todo: Algún que outro momento de bo futebol, xogadas polémicas, un ¿árbitro? moi floxo pra todos, 3 goles, tensión, emoción ata o final, un penalti parado polo Jato con 0-0 no marcador.....de todo.
Con 1-1 no marcador apretamos o que poidemos, perdonamos demasiado e xa se sabe o que pasa.....nunha contra a 5 minutos do final o Zas remachou o partido e acorta distancias co Camariñas na súa loita por non descender.
EN TERRA DE NADIE
Derrota que nos deixa a 11 puntos da cabeza, e a 8 do descenso, osea, en terra de nadie. Haberá que loitar polo milagro sen descoidar os que veñen por baixo, que nesta liga todo pode ser.
PINCHO DE NADAL
Despois do partido "celebrámolo" no Paris con uns pinchiños e uns refrigerios, como debe ser.
Acabamos o ano xuntiños e en armonía. E pro ano que ven Dios dirá.
En canto poidamos subo un video que grabamos o domingo pra desexarvos a todos BOAS FESTAS.

lunes, 15 de diciembre de 2008

...CASI, CASI. 2-2

DOUS FOJETES NAS BANDAS

O Cabaninter dominou o derbi con dúas balas nas bandas: Pelittsbarski e Juninho Penambucano

Pouco premio no Platas Reinoso para o único equipo que puxo futebol na "charqueira" -Felicitar de novo os Ponys por querer xogar nun campo encharcado mentras As Redondas descansaba, pro ano si eso imos a Zorrilla ou o Helmántico, que fai mais frio. Se o cambio de campo era para perjudicar o noso xogo, foi todo o revés-.


O LIDER, SEMPRE A REMOLQUE

Adiántámonos 0-1 con un golazo de Pelittbarski, culminando unha gran xogada de ataque. Empatou Walter con un tiro de fora da área. Xa na segunda parte, xogadón de tiralíneas do Cabaninter que culmina Carioca a pase maxistral do Kaká -Guti non tería sitio aquí-. O Nantón adicóuse a tirar de onde fora a ver se había fallo, o son do lamentable e irrespetuoso berro de "tiiiraa que fallaaaa", e conseguiu nunha falta lonxana de Rogelio que se colou por un burato da barreira.

ISIDRO, NON ME JODAS!!
Pois si, fai un tempo xogaba con nós, e onte xogou co Nantón. DOUS penaltis non pitados, recoñecidos por todos menos polo árbitro. No primeiro ten a disculpa de estar de espaldas o xogador que a toca coa man (era o 0-2), pero no segundo non hai disculpa: man clara dun xogador que está de frente a él a menos de 8 metros (era o 2-3 a falta de 5 minutos). Está claro que é o mellor árbitro a liga, pero o que puido ser un 2-4 clarísimo quedouse nun empate. Inxusto. Futebol é asin.
O domingo ven o Zas, un partido que nos recorda a cajadiña que fixemos en San Andrés, e polo que estamos desexando revancha. Será nas Redondas as 11:00

sábado, 13 de diciembre de 2008

COMENZOU O DESPLAZAMENTO A BAIO

DERBI CABANÉS NO EXILIO

Hoxe saimos rumbo a Baio para disputar o primeiro derbi Cabanés da historia xogado fóra de Cabana. O Nantón, lider indiscutible do campeonato, non sabe o que é perder este ano, solo pinchou en tres empates, é o máximo goleador do campeonato e o segundo equipo que menos goles encaixa.

O Cabaninter preséntase en Baio despois de patinar na casa co Buño no que foi a nosa segunda derrota este ano. 10 puntos nos separan do lider. No encontro das Redondas o partido acabou en tablas. Nadie da un peso por nós para este partido, pero como dí Raúl Madrí: "con esta camiseta non se sale a perder en ningún lado...."

A FALTA DE AUTOBÚS....BOS SERÁN OS LADRILLOS

Luisemburgo ten claro que hai que encaixar menos goles (temos 26 en contra), e coa colaboración de Construcciones Kun, imos tabiquar a portería do Platas Reinoso.

Como podedes ver neste video, o noso Staff Logístico xa está desplazando o material para o seu desembarco a través o Rio Grande.

DESPLAZAMENTO MASIVO DA AFICIÓN EN TREN

O tren de cercanías RONCADOIRO EXPRESS leva todo o día carrexando xente cara a estación da Cacharoza. Cabana vai quedar vacía este domingo...e as potas de callos de Casa Cruz tamén.

viernes, 12 de diciembre de 2008

ULTIMA HORA

O JATO DA TRABE XA É "O JATO DA URIXEIRA"

A directiva do clube reacciona os comentarios de "El Follonero", "Defensa Cativo" e outros anónimos, desaparecidos, chupópteros, abrazafarolas e correlametraserillos -que diría o gran García-.

O portavoz do clube, Pelitsbarski, anuncia a renovación do Jato por outros 7 anos con opción a outros 17. A cambio o xogador disporá da chave do almacén da cantina e comunicación directa co repartidor de Estrella pra que non falten os quintos. O xogador recibirá tamén uns xojiños de camisetas de manga corta, xa que como todos sabemos é alérgico a andar abrijado.




Manolo Lailo, representante do gardameta: "O Jato está donde quere estar, xustamente onde lle gustaría estar a algún deses "anónimos""
PELITSBARSKI, tesorero do clube firmou esta mesma mañán o acordo co gardameta que amplía a súa vinculación co gardameta.
"o Jato de ves en cando fállalle o hidráulico o estirarse, pero tamén os demais cando non nos falla a puntería fállanos o disco de freno ou a xunta da culata, e mais non pasa nada"

jueves, 11 de diciembre de 2008

O PATINAJE É O DEPORTE DA SEMANA NAS REDONDAS

IEEEEEPAAAAA !!!

Pois si, o patinaje é o deporte de moda en Cabana, despois do "Patinazo do domingo", este medio puido localizar a un xogador do Cabaninter practicando, con moi pouca fortuna, o deporte de moda. O clube xa abriu un expediente informativo pra esclarecer quen é o personaje que está arriesjando así a súa integridade en vísperas do Derbi. As lamentables imaxes do xogador "arrastrado" pola pista de hielo de Carballo parece que lle poden salir caras. O Galeno do clube xa está o tanto: "Non é o mais adecuado pra un xojador de élite en vísperas dun partido tan importante"

A pista de Carballo foi o escenario elexido polo xogador pra patinar...digo, pra arrastrarse

miércoles, 10 de diciembre de 2008

NIN ARREÓN NIN FARRAPOS DE JAITAS

2-4. PATINAZO!
A cajada foi de campeonato. Menos mal que pincharon dous dos que van diante e así doe menos, pero os Ponys xa escapan en solitario a "Ten Points", osea que o domingo toca, como diría Zapatones, ganar o ganar, y volver a ganar, y ganar,......y tal, se queremos manter opcións ata o final.
MEDIO EQUIPO "LATOU"
Aínda que non foi excusa, houbo por primeira vez un lote de baixas por distintos motivos -Cescollazo, Ibrahiminovic, Perfectouré Yayá, Caldereyes, Pombogarde, Carioca.....e ata o mister Luisemburgo-. O equipo armárono entre Alekhan e Zizou, e parece que non escolleron a mellor táctica. O 0-1 de Lilowen dou paso a 4 chicharros en contra. O final Lilowen de novo con un golazo maquillou o resultado. 2-4, cajadón, e a pensar no Derbi.

viernes, 5 de diciembre de 2008

LUISEMBURGO TOMA MEDIDAS

CHEGA A "TORTURA APACHE"



Farto de ter que recurrir o "Arreón Final", o míster en colaboración co Dr.J.Luis, chegou a conclusión de que debe aplicar novas técnicas pra que os xogadores anden mais preparados mentalmente nos partidos. "Temos que evitar tanto descuido, a forza está na mente"-declarou o Dr. a este medio-.


Descubrimos este boceto na libreta do galeno do equipo onde se ve unha nova técnica chamada a "Tortura Apache" que axudará sin duda a canalizar certos impulsos....a ver se furrula.
Un dos veteranos capitáns xa se mostrou reacio a estes novos métodos:
"Eu non sei se ajuantarei a técnica esta, por si acaso vai ser mellor non mirar"

miércoles, 3 de diciembre de 2008

UFFFF....

QUÉ BUENO QUE VINISTE, KAKÁ!


Outro susto nas Redondas.....e xa non sei cantos van. Chega o colista, que nunca ganara este ano, que sólo marcara 10 goles......e pónse 0-2. Outro expediente X na herba de mentira da Urixeira.


Hai que dicir tamén que por xogo e ocasións ben poidemos ir ganando antes de todo eso, pero claro, hai que metela...


DOBLE FALLO INCREÍBLE E REMONTADA
Con 0-2, e a segunda parte empezada, dous dianteiros do Canceslautern plántanse solos diante do Jato, o primeiro remate vai o pau e o segundo, a porta vacía, vai por fora!!!, e tamén o Jato da Trabe acababa de sacar unha co pé "a boca de jarro". De partido finiquitado pasamos a remontada.,


O Kaká estrenaba unha flamantes "chirucas" blancas, e recién chegado do seu stage nas Canarias, saltou o campo das Redondas pra asociarse a Cescollazo e impartir unha clase maxistral.

Martin Petrov marcou o 1-2 e moi pronto o Kun o 2-2 despois dun pase do Kaká o máis puro estilo Guti. O 3-2 marcouno Cescollazo resolvendo na área a media volta, e redondeou a conta o Kaká culminando de cabeza unha gran xogada do equipo.

Outra vez tuvemos que acudir o xa famoso "Arréon Final das Redondas" para ganar o partido e non perder o tren de cabeza. A este paso a "cafenitrina" do botiquín vai durar pouco...


NO COCIDO, VICTORIA POR GOLEADA


Despois do partido fomos indo cara Seaia, a papar un cocidiño en Casa Arpón (altamente recomendable, pola calidade do papeo, pero sobre todo polo trato recibido: espectacular!! levamos jalletiñas pra casa e todo).
Aquí tendes todas as fotos da encherola:

De Cocido en Casa Arpón