jueves, 18 de septiembre de 2008

OS ULTIMOS EN CHEGAR, DOUS QUE VOLVEN

ROBERTO DINAMITA E ALEKHAN completan a plantilla 08-09. O clube cumple con todas as peticións do mister e finalmente Wanderley Luisemburgo terá a súa disposición unha plantilla de lujo con 23 homes. Quedan dúas fichas libres.
Os últimos fichajes volven tras un tempo sabático. Mais lume pro medio campo, e un reforzo de lujo pra portería que defende O Jato da Trabe, que ahora terá competencia polo posto.







.









Pelittsbarski conseguiu o acordo con Peñarol
O noso novo home forte nas gestións conseguiu esta madrugada arrancar un acordo favorable co Peñarol de Montevideo, que impedía xogar a Dinamita por un suposto impago nos dereitos de formación do internacional uruguayo. Peli regresou de Uruguay en compañia do xogador tras depositar o aval bancario que permite o centrocampista volver.
O xogador mostrouse entusiasmado: "Esteee, che, no podía dejar pasar la oportunidad de jugar en un equipo tan lindo. No sé como rendiré, pero seguro que me lo pasaré muy bien acá, con todas esas criolladas"


O Tesorero e Dinamita a chegada hoxe as instalacións do clube onde foi presentado o xogador.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Ostiá!!, fichades internacionales e todo, qué nivel.

Anónimo dijo...

O dia que se estampe todo vaia masacre. Non me quero ver no sitio do mister o dia que teña os 23 xogadores, que dificil ten que ser telos a todos contentos, acompañoo no sentimento.

Balares dijo...

Eu sigo decindo que estes ultimos fichaxes que fixeches non viñeron por cartos... o que pasa e que donde estaban non había tantas cheas e, calquera deles (o curriculum o respecto está por ahí na hemeroteca) teñen unhas carrilleiras que calquera llas henche.
Sobre todo os dous últimos que correr no campo non sei se corren pero sentados na mesa son os "number one" con diferencia.
Jajajaja. Que haxa sorte e non vos preocupedes que se non falta churrasco tendes equipo para toda a temporada.
Por certo o tesorero debiu gastar os cartos todos en arreglar o rio de Regenco porque a subvención para o transporte dos cabritos majoreros ainda non chegou e os cabritos xa tan embalados!!

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

joder....vai plantilla.....pero tamén estiven vendo as fotos en picasa e no das festorras tampouco vos quedades atrás....falla fan que cheguen eses cabritos de canarias.....

CARIOCA dijo...

Os 23 xojadores xa cho dijo eu que non van tar nunca (bueno, no derbi ijual si). Todos os anos 25 fichas e naljún partido aínda manda carallo xuntar 15 ou 16. E creo que é en general nas plantillas todas. Fan boa falta todos. En canto o tema churrascote....pfff...xa tamos sudando, non dan as contas antes de empezar.....

CARIOCA dijo...

ah!, fratelli, os cabritos vainos mandando que despois xa che chejará o pagaré.....

Anónimo dijo...

ollo o dato,atentos os mil e pico,este equipo pode dar que falar no temoa deportivo,este domingo se non se me tercia muita unha labor que teño metida entre as cejas iremos a ver esa plantilla,pero segun comentan,din ,falan ,escuitei o equipo contrario esta sendo reforzado por xogadores de primer nivel alto,esto quere decir que.....miña madriña como vai empezar este conto...esta claro que os dous equipos non creo que jañen,pero si poiden empatar,tamen podese dar o caso que un de eles pode perder,pero sempre queda eso de que os dous non poiden perder..e eso manda carallo.esta claro que non hay un favorito pa este partido..joder por que claro...podese perder ,empatar ou jañar ..esto e muy dificil pero muy dificil que se pronuncie zapateto que pra eso e o presidente.

Anónimo dijo...

o teu é a teórica macho....

CARIOCA dijo...

non ten precio pros análisis, aljo cansino, pro non ten precio. Se ves o partido trai a camara que imos tar todos juapiños

Anónimo dijo...

faláranme deste blog, pero aínda me levei unha sorpresa do mediáticos que sodes oh. Felicítovos polo lecer que tendes para arjallar todo esto. Sorte na nova tempada.

Anónimo dijo...

O que mais mola é o que está pasando na web do comité. Resulta que poñen unha votación pra escoller o mellor árbitro da 08/09....e xa hai quen vai janando!!! sin empezar a liga....pfff como está o patio!!

CARIOCA dijo...

a verdá é que lle cheja ben. Non haberá votos infiltrados dos propios colegiados?...hai que investijar o conto

Anónimo dijo...

debe de haber colapso que entrei na web da camiseta do kun e non furrula....vanse forrar!! jajajaja