1-1...NIN PA TÍ NIN PA MIN
O derbi acabou en empate.Adiantóuse o Nantón tras un "pequeno fallo" do Jato e empatou Ibrahiminovic -segundo consecutivo- nun saque de falta que acompañou a sorte o dar na barreira e engañar o jardamal
las visitante. Isidrurizar Azpitarte anulou despois un gol o Kun por suposto fora de xogo -¿por qué Isidriño?...por qué!!!!- e non veu un penalti sobre Pelittsbarski. En fin, cousiñas do futebol.
CABANA CALIDADE
O certo é que vimos un partidazo nas Redondas con dous equipos que quixeron xogar -e xogaron- un futebol bonito de toque. Pudo ganar calquera, Lilowen fallou dúas claras, Carioca outras dúas, o Kun...., o Nantón mandou dous balóns o pau....futebol intenso e moitas ocasións.
DERBI CO MACHETE BAIXADO
No resto, derbi sin tensión, ijual veu moi pronto este ano. Nin bengalas, nin follón, nin avalanchas......pfff, moi sosete, ata acabamos xuntos no París tomando os viños..........tanta deportividá e tanto carallo...jejeje.
Bromas aparte hai que destacar o bo rollo que houbo entre os dous equipos -ijual a presencia das dúas autoridades locais nos acojonou a todos- e o gran futebol que se viu. Sejimos ahí na pomada, sin conocer a derrota e emparelladiños coa Fabada Mecánica mirando de reollo o Clásico do 19-0.
O DOMINGO, O ZAS
O domingo visitamos ó Zas, que anda en horas baixas........non vaia tolear e resucitar contra nós.
UN VIDEO..CON RETRASO.
Aqui vos deixo un fragmentiño do partido que ganamos o Buño 1-2, pra que vexades que ben nos senta o neroazzurri.