COLORÍN, COLORADOA
Adiós o soño do dobletin, sen case empezar. Eso sí, hai que dicir que somos os únicos con presencia fija na final.....facendo churrasco, pero estaremos alí.
CABANARSENAL 2 - VIMIANZENIT 4
Futbol es futbol, dixo Boskov, e tiña boa razón. Sólo así se entende que ganando 2-0 no minuto 5 de partido poidésemos perder 4-2 un partido no que levamos a iniciativa con fases de moi bo fútbol e ocasións, no que ademais, fallamos un penalti con 2-2 no marcador (Kun, tranquilo, xa eres un grande...como Maradona, Francescoli, Baggio, Raúl, Terry, Djuckic,....todos fallaron un penalti decisivo na súa carreira deportiva). Por certo, o balón co que o Kun fallou o penalti xa está a subasta en lotofarolo.net.
GERARDO.....NO ME JODAS!!
2-2 no marcador. Balón largo que controla Carioca no límite da área grande, o cancerbeiro local sale "a por todas/uvas" e arrolla o dianteiro. Penalti.....¿e a expulsión?.
Kun falla o penalti, e na siguiente xogada: penalti de Mendeztzelder a Militos, sendo o último xogador: Penalti....e expulsión!!!....
.....os fallos de apreciación son admisibles, un fora de xogo, unha man, unha falta, nun momento dado pode haber algo que non se vexa, pero os fallos de aplicación do regulamento non son admisibles, porque supoñen falta de imparcialidade. E neste caso, un 2-2 no marcador, dominando o partido, e sen ese bo porteiro que teñen baixo os paos....¿?
DE TODAS FORMAS, NORABOA
A todo esto, Non perdemos por culpa do árbitro, porque si marcásemos o penalti ou non encaixásemos dous goles estaríamos en cuartos, pero é algo que hai que dicir para que non pasen estas cousas que quentan o personal sen vir o caso e sacan a un do partido sobremaneira. Dito esto, noraboa o Vimianzenit por aproveitar a súa ocasión e sorte para os vindeiros choques.
NO RESTO DA COPA, MAIS SORPRESAS
Gran sorpresa na Pedra Queimada onde a Sardiña Mecánica eliminou os Ponys (3-1), e tamén en Sofán, onde os Reds apabullaron o Zas (5-3 !!)
A Fabada Mecánica ganou 1-2 o BaiOlimpiakos no Platas Reinoso, e xunto con Bergantiños, Corcubión e BerTottenham cumpliron os pronósticos e solventaron as súas eliminatorias.
A PENSAR NA FINAL
POIS ESO, FIN DO CONTO PRA ESTE ANO. AGORA PROMETEMOS CENTRARNOS NA ORGANIZACIÓN DA FINAL DA COPA E DESA I FESTA DOS VETERANOS. FAREMOS TODO O POSIBLE PARA PREPARARVOS A TODOS UN DÍA ESPECIAL. IDE POÑENDO IDEAS NO BLOG QUE ESTÁ AHÍ O LADO (Cara arriba a dereita), RECOLLERÉMOLAS, MEZCLÁMOLAS E A VER SE SALE ALGO QUE VOS GUSTE A TODOS.