domingo, 31 de enero de 2010

PAPÁ, POR QUÉ SOMOS DO CABANA?

Chosca. 5-1. O peor Buño dos ultimos tempos pasou por encima do
Cabaninter. Nin eles o creían. O primeiro gol foi deses de youtube.
Despeje de Caldereyes que rebota nun dianteiro local e entra rechazado
na porteria. De show. A partir de ahi o xogo do Cabaninter foi un
dominio sin premio, inofensivo, impotente. Lamentable partido, moi
faltos de ganas e concentración para dacer daño. Foron chegando os
goles do Buño con unha facilidad pasmosa. Penambucano fixo o gol da
honrilla no tramo final. Partido pra olvidar. Esta derrota, xunto cos
2 puntiños do "Isidrogate" acaban un ano mais coas eternas
aspiracións do Cabaninter. Non hai mellor foto ca dun colchonero de
pro para reflexar o estado de ánimo. Solo nos queda dar algunha guerra
cos de arriba, o derbi, o clásico.....intentaremos entreternos.

sábado, 30 de enero de 2010

PREMIO TRAS PREMIO, REGALO TRAS REGALO!!!
.




O Comité da liga fíxonos entrega onte a tardiña dunha boa propina. Se non chegaba cos 3 puntos que nos birlou o "colexiado" no Novo Cubaleiro, nin coas nefastas consecuencias que a súa permisividade nos trouxo ese fatídico día no que non deberamos ternos levantado, ahora o Comité, a instancias do propio colexiado que se ratificou na súa absurda versión, e desestimando a nosa detallada e clara explicación do sucedido -non sei para que valen eses escritos se o árbitro sempre ten a razón- aplica o regulamento establecido para tales casos e impón o Cabaninter, de propina, "two" points menos e 100 eurazos de multa. Esto es lo que hay. O "colexiado" que nin siquera reflexou na acta que o partido estuvera parado por unha lesión grave dun xogador, con presencia dunha ambulancia, etc,etc..., si reflexou o "importantísimo" detalle de que non tiñamos ganas de xogar os últimos 13 minutos dun absurdo partido no que deambulábamos con 7 xogadores en condicións, catro renqueantes e 1 no hospital. Afora aparte, como dí o outro, do lamentable arbitraje en contra, reconocido por él mesmo en accións puntuales, que acabou de minar a nosa moral. Parece ser que a súa opinión acerca da xogada da lesión e que solo mereceu amarilla porque "foi fortuita"......¿?¿?¿...estupefactos!!. Conclusión: Un árbitro con unha acta e un boli bic e mais peligroso ca un mono con pistola.

AS REACCIÓNS EN CAN URIXEIRA


En fin, un pouquiño de terra por riba. O clube xa tomou medidas o respecto e onte mesmo puidose ver esta instantánea na que dous membros do clube recollían donativos polas calles de Cabana. O mesmo Toninho Cerezo saiu o paso das novidades con estas sorprendentes declaracións: "É certo, foi fortuita, de feito quero pedir públicamente disculpas por meter o pé onde non debía. Estou disposto a indemnizar a ese home se os seus tacos sufriron algún desperfecto. Polos tornillos nada, non preocuparse, lavámolos ben con Coca-cola pra quitarlle o óxido e van como Dios"
.
.
ALLOLOTTI RECLAMA UN POUCO MAIS DO "OUTRO FUTEBOL"
.
O míster fíxose dono das palabras do seu colega, o gran Camacho, e fixo estas declaracións: "Temos que ser un pouco mais pillos. Hay que xogar tamén o "outro futebol". Parecemos bobos. Mexan por nós e dicimos que chove. Temos que ser un pouquiño mais agresivos. A veces atrás parecemos señoritas."




OS XOGADORES XA ENSAYAN PARA MELLORAR
Os xogadores do Cabaninter tomaron nota das palabras do mister e no adestramento desta misma mañan xa poidemos ver a algúns homes ensayando tácticas para ser un pouquiño mais contundentes. "É verdá, qué carallo!, hai que meterlle un pouquiño mais de agresividá a este conto que no tempo que perdemos en protestar tamén damos unha zocada que ten menos castijo" -declarou un xogador que prefiere manterse no anonimato-.

miércoles, 27 de enero de 2010

BOAS NOVAS DENDE A ENFERMERÍA

O KUN XA TRABALLA NO XIMNASIO !!

Chega esta impactante imaxe dende o Ximnasio de Alto Rendemento onde o Kun xa traballa para volver. "Non descarto estar para levanta a Copa". Gran noticia para o clube. Estaremos atentos a evolución do 9 do Cabaninter.

O Kun entrena duro

P.D. Amigo Marajota: Conseguino!!! jaja, 1-0, gracias pola pista.!!!

NOVO DISCO DO JATO DA TRABE
O Jato da Trabe, que este ano está a ser un dos homes máis destacados do equipe -mala señal, por certo-, presenta hoxe no Cansteves Auditorium o seu novo disco "Cantando cando lle cadra", un excepcional traballo musical que recolle a súa vida futebolística nas filas do Cabaninter. Destaca o seu tema principal "Desayuno con baguette y Quinto de birra" ou a súa canción mais sentida: "Pa que quiero tener frío....si no llevo chaqueta". Un crack. Non faltará o seu amigo da alma Pelittbarski, con novo look e con toda a súa coreografía "DAncing Regenco" pra acompañar o cancerbeiro no seu estreno. Vaia parexiña!!!!

O Jato canta Peli dancing

O CABANINTER E O MARKETING
Sigue a cotización a alza dos homes de Allolotti nas pasarelas publicitarias
.

Actividá frenética no departamento de marketing do Cabaninter. A maquinaria de marketing non para e esta vez presentáronse duas novas campañas publicitarias de impacto mundial.
Mendeztzelder pasa a ser a nova imaxe da prestixiosa firma "Pura, corte y Confección", que pasa a vestir o clube desde este mismo mes. Hoxe presentóuse en sociedad a nova equipación oficial dos cracks do Cabaninter nun acto multitudinario. O equipe ten previsto estrenar os traxes no viaxe a Buño.....sempre que lle de tempo a Pura de subilos baixos.
.
.

O KUN, IMAXE DE BURBERRY

Por outra banda, o Kun aproveita o seu "tempo libre" e será a nova imaxe dunha prestixiosa firma de roupa. As marquesinas das principales calles de Niu Yor, xa lucen a súa cotizada cara.

ALLOLOTTI TRABALLA PRA RECUPERAR EFECTIVOS

TERAPIA "DE CHOQUE"
.
A cousa está que arde. Co equipo en cuadro e a enfermería a tope, o mister trata de recuperar e sacar o mellor dos efectivos disponibles. O Carioca, único dianteiro en activo, vai de récord negativo este ano, con 1 solo gol enchufado. Un desastre. Por contra, o seu xenio desbordado contra algún dos colexiados da liga, fixo que xa vise o cartón colorado 3 veces no que vai de liga. O mister está a aplicarlle unha terapia intensiva de choque pra corregir a súa actitude. O método do prestixioso doctor holandés Van The Collóns está a resultar efectivo e parece que o Carioca pode volver a ser a mellor baza atacante do mister cabanés: "Estamos ahí. A confluencia de enerxías parece que é positiva. Non hai dolor. Esto é coma o MaxExtender pero o barato, non pasa nada. Todo sea polo Cabaninter" -declarou o astro brasileiro o remate dunha das súas sesións preparatorias.

Carlo Allolotti, a pesar de todo, optimista: "Demostrámolo co Vimianzenit. As baixas non deben notarse. Hai que dalo callo.....xa o di Allo".
PROHIBIDO ESCORRER !!
Outro home o que o mister quere corregir e o gran capitán, o Beckam do Buzaco. Non hai tacos que lle chejen. E encima este frío inverno acabou de agravar os seus males. Esta semana o mister envióuno a "Scandinavian High Schooll of Walking in the Ice", onde está aprendendo a adaptarse os terrenos mais escurridizos. "Todo sea por mellorar...pero aquí fai un frío que te cagas" -declarou o xogador desde terras nórdicas-.

domingo, 24 de enero de 2010

CABANINTER 4 - VIMIANZENIT 2

VOLTOU "O ARREÓN DAS REDONDAS"

Esta vez o can flaco escapou das puljas. Con Toninho e o Kun en muletas -polo menos o 9 pagou os viños, mais non pode facer de momento-, Ibrahiminovic lesionado tamén para rato, Cescollazo de baixa por fiebre, Lilowen desaparecido, Carioca na nevera de novo por non calar a tempo........e 0-2 o descanso contra o Vimianzenit......todo apuntaba a unha hecatombe nas Redondas. O Frente Urixeira xa berraba aquelo de "jugadores mercenarios!!"...."Allo vete ya"....."Jenaro botaos fora!".......pero o Cabaninter é moito Cabaninter e puxo en marcha o Arreón Final que tantas mañáns emocionantes proporciona os xiareiros na Urixeira. 4 goles, obra de Kakà, Mendeztzelder de falta directa, Beckam do Buzaco e Juninho Penambucano que voltou despois de varias xornadas pa botar unha man ante tanta baixa. Lástima que o "Alves" da liga de veteranos non poida vir mais a miudo este ano, haberá que buscarlle un choio por cerca.

Foi unha segunda parte perfecta na que un ciclón arrasou os visitantes. Espectacular remontada e 3 puntos para seguir na parte alta da zona morna e alcanzar o Canceslautern que perdeu no Pinguel. Tamén recortamos cos Ponis que pincharon co Bertotenham. O Berganchester City, sigue lider e recupera fuelle con goleada de escandalo o Clube do Mar e S.Románchester pinchou de novo empatando sin goles co Zas.

O domingo visita a Buño. A ver se imos recuperando efectivos, que este ano non ganamos pras consultas. Haberá que rastrear o mercado pra cubrir fichas libres senón imos acabar en cuadro. Intentaremos recuperar tamén algo de tempo para poñer o blog o día, no seu habitual tono, que últimamente está abandonado. Limitámonos a mandar a crónica desde o "cacharro máxico" e retocala un pouco cando queda tempo. A xente non deixa de visitarnos, hainos moi habituales, e eso agradécese. Asi que pronto teredes mais "chicha".

domingo, 17 de enero de 2010

DOMINGO PA OLVIDAR

VALÍA A PENA QUEDAR NA CAMA.....

Domingo nefasto, peor imposible. O noso compañeiro Toninho Cerezo acabou no hospital de Cee con fractura de peroné e ligamentos do tobillo. O autor da terrible entrada tuvo o detalle -hai que dicilo- de visitarnos ata a misma porta de urxencias para preocuparse polo estado de Toni, pero ese gran detalle non pode deixar de lado que fagamos unha importantisima reflexión: en veteranos non se pode entrar asi, e en todo caso os arbitros teñen que parar estas cousas con roja e o comité con sancións exemplares. Toninho xa sufrira unha terrible entrada por detrás na primeira parte, que o sacou do partido momentáneamente. O agresor, despois de patealo por detrás soltou "a próxima douche mais arriba", en presencia do árbitro. Resultado:¡¡amarilla!!. Na segunda sufriu a entrada que o rompiu definitivamente de novo por detrás e sin opcion de chegar o balón, a 50 metros da portería. O "colexiado" volveu decretar amarilla!!!,.....el saberá por qué e en que regulamento se basa.

O PARTIDO ACABOU ANTES DE TEMPO
O partido non se acabou de xogar. Quixemos marchar no minuto 32 da segunda ante o que estaba sucedendo. Non contento con pasar por alto o durisimo xogo local, o "colexiado" pitou un penalti que solo él viu, -dicindo despois aquelo de "equivoqueime"-......que metiu o Corcubión nun partido que tiñan perdido gracias o gol inicial de Peli e no que nos xa empezábamos a non estar tras o acontecido. Chegou o segundo e as protestas nosas, que, éstas si, mereceron unha roja para quen escribe. As palabras teñen mais castigo para este colexiado que as entradas por detrás con lesión incluida.
Chegamos a Corcubión con 13, xogamos 11 xustos coas prematuras lesions de Ibrahiminovic -recae e pinta mal a cousa-, Toninho e Kaká. Éstes dous seguiron como puideron, como Albertotti, Caldereyes e Kostadinov que tamén andaban renqueantes. Aínda asi adiantámonos e tiñamos o partido controlado.
Pero o árbitro non estaba disposto a que ganáramos e de novo atentou contra o Cabaninter, van Seis de Seis....e esto ten diagnóstico claro: "manía persecutoria".


ANIMO TONINHO !!!!, que o peor e ó teu, o resto ten bo arreglo

domingo, 10 de enero de 2010

EMPATE A 1......GRADO

1-1. Os camariñáns arrancaron un punto das Redondas e menos mal,
porque hai que decir que ben puideron levar os tres. De novo o Jato da
Trabe foi do mellor, parece que o frio vaille ben. Caldereyes tamén
fixo de porteiro-xogador e sacou dous balóns na raia de gol.
Adiantouse o Camariñas con gol de Teo, o seu pichichi, e empatou o
Kakà no tramo final do partido. Polo demais un partido disputado e moi
deportivo, con un frio monumental que fixo aparecer os jerseys,
guantes, gorros....faltaba a manta electrica.